Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 25, 2015, 13:55

Alberto Ruiz Gallardón, ex-ministro de Xustiza do goberno do Partido Popular presidido por Mariano Rajoy anunciou na súa primeira comparecencia parlamentaria en xaneiro de 2012, pouco despois de tomar posesión do seu cargo, a súa intención de reformar a Lei do Aborto aprobada polo Goberno socialista de Rodríguez Zapatero, que era unha lei de prazos como a existente na maioría dos países europeos pero que foi moi contestada pola Igrexa Católica e polo propio Partido Popular (especialmente no tema de que as menores entre 16 e 18 anos puidesen abortar aínda que non tivesen o consentimento dos seus pais), para volver ao modelo da lei de 1985, na que as mulleres tiñan que alegar motivos para xustificar a súa decisión.
Na miña opinión, sigo afirmando que o aborto debe de ser libre en tódolos casos, incluso cando se trata de menores de idade. Neste mundo hai xente para todo, e ocorren todo tipo de cousas. Se unha rapaza menor de idade é violada polo seu pai e queda embarazada, ten que pedirlle permiso ao seu propio violador para poder abortar? Este caso é moi extremo, pero en infinidade de familias hai moitos conflictos e problemas nas que unha rapaza que quede embarazada non recibirá ningún tipo apoio, nin psicolóxico nin económico, e se desexa abortar non poderá, porque a súa opinión non será tida en conta.

fab-dariov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 25, 2015, 19:21

Eu quero abordar este problema polo lado político, sexa ético ou non o "Dereito a quitarlle a vida a unha persoa" ainda que esa persoa realmente non sexa máis que un conxunto de celulas, deberia decidirse nun referendo no que so poidan participar mulleres en idade de ter fillos, por exemplo, de 18 a 50 anos, porque non me cabe na cabeza que os que deciden sobre ese dereito neste país sexan os politicos que na grande maioria son, homes e mulleres vellas ás cales non lles afecta isto.

Despois, polo lado social, eu creo que unha lei contra o aborto só perxudicaria á xente sen recursos, xa que as axudas para a maternidade foron reducidas dende a crise facendo que ter un menbro máis na familia sexa máis dificil ca nunca.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 27, 2015, 20:23

En primeiro lugar o aborto debería ser legal, porque os embarazos nalgunhas ocasións, son producidos por violacións en mulleres, e este embarazo non seria provocado co desexo de ter un fillo, e deste xeito a mellor solución seria recorrer ao aborto, porque o feto ou embrión tería xenes do seu pai (violador) e o neno no futuro podería desenvolver as mesmas condutas que o seu pai, si non é tratado adecuadamente. Ademais nesta situación, a muller podería sentir impotencia ao ver ao seu fillo, e por esta razón o neno non estaría desenvolviendo unha vida adecuada.Tamén debería legal, para que as institucións que realizasen estes posibles abortos, tivesen mellor calidade, non só higiénica, senón para que tamén tivesen un mellor servizo en axuda mental, desta forma apoiarían ás mulleres sicológicamente nos posibles síntomas que desenvolvesen no futuro como son impotencia, negación, depresión, etc. Cabo engadir que debería ser valido, porque en ocasións, existen adolescentes (menores de idade) que non queren dar en adopción ao seu fillo, e tampouco queren crialos por si mesmas, porque nesa etapa da súa vida están estudando, non ten recursos económicos, non hai apoio outorgado polos seus pais nin familia, nin parella, ou tamén estas adolescentes non queren dar a luz ao seu fillo, porque teñen outros proxectos a futuro.E como levo dicindo nos meus anteriores comentarios as mulleres ten dereito a ter e exercer a súa propia decisión.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 27, 2015, 20:32

O noso país non está actualmente a pasar polos seus mellores momentos e desde o meu punto de vista diría que qué o goberno actual utilice o tema do aborto que tanta controversia está a dar como moeda de cambio para ter contento aos sectores máis conservadores do seu electorado non é nin xusto nin unha boa idea.

Desde o meu punto de vista, non manipularía a lei do aborto do ano 2010 dado que é unha lei que funciona, respecta as mulleres (poden decidir libremente se queren seguir adiante co embarazo ou non), porque non distingue entre mulleres con máis ou menos cartos (as leis restritivas provocan que as mulleres con máis dificultades económicas aborten en peores condicións) e porque derrogala suporía retroceder socialmente, e é que con estes cambios na actual lei do aborto, da a sensación de que queren que as mulleres teñan as mesmas dificultades para abortar que hai 20 anos.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 27, 2015, 20:43

Paréceme interesante a proposta de Darío acerca de facer un referendo sobre a Lei do Aborto.
Un referendo é un mecanismo legal que lle permite á población votar para ratificar ou rexeitar certas resolucións dun goberno. Trátase dunha ferramenta propia da democracia directa, na cal a xente toma unha decisión sen necesidade da intermediación dos representantes.
O habitual, de todos xeitos, é que o referendo sexa un mecanismo que funcione dentro dun réxime de democracia representativa.
O tema posto en consideración quedará resolto a favor da opción que consiga a maioría dos votos.
Porén, hai que destacar que non todos os referendos proporcionan resultados de cumprimento obrigatorio ou que se converten nunha resolución que se aplica inmediatamente, senón que algúns referendos son só consultivos e logo o Poder Lexislativo debe tomar a decisión final.
Un dos países que utiliza esta ferramenta é Suíza, onde a través dos referendos, os ciudadáns poden impugnar cualquera lei votada pola Asemblea Federal e , por medio de iniciativas, introducir enmendas á constitución federal.
En 2002, Suíza aceptou en votación popular (co 72% a favor) unha nova lexislación que permitía a interrupción voluntaria do embarazo nas 12 primeras semanas de xestación a petición da muller embarazada e, por motivos psico-médicos, despois das 12 semanas.
Hoxe en día, unha muller suíza pode ir ao médico e abortar grazas a un seguro de enfermidade básico. Mais, no 2014, unha iniciativa popular foi proposta polo partido UDC (Unión Democrática do Centro) para "privatizar o aborto". O que se pretendía con esta iniciativa era que o aborto non se incluíra dentro do seguro básico, senón que, se se quería abortar, tíñase que pagar aparte. Porén, nos resultados do referendo que se celebrou o pasado ano, un 70% da poboación aproximadamente, votou en contra, polo que se denegou a petición popular e a muller segue tendo actualmente o seu dereito de abortar libremente.
Considero que no noso país, os referendos serían unha ferramenta interesante, para que a poboación pudiera opninar directamente tanto sobre o aborto como outros temas de interese social.

faa-alexfe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 27, 2015, 21:28

Eu estou de acordo con Darío, neste tema devirían votar a xente que este implicada directamente co tema penso, por exemplo, que é mais razoable deixar elixir sobre isto a mulleres que poidan dar a luz e non a políticos os cales non creo que teñan problemas economicamente para ter un fillo ou que estean influenciados polas súas ideoloxías.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 27, 2015, 21:49

Eu sigo na miña liña de ainda que exista unha lei que regularize aborto, xa que nunha nacion a de estar todo rexido por unhas normas que hai que respetar e non se poden pasar por alto porque ti quieras ou non esas normas sempre seran algo beneficiosas parar a persoa, enton a lei do aborto segueme parecendo un pouco manipulada pola igreza xa que con so 14 semanas de xestacion ti non poderas saber se estadspreparada ou non para ter un fillo ou si iso vai conlevar riscos para a tua vida ou para a do meniño.
O noso estado segue recendo polos dictames da igrexa católica e iso non pode ser asi xa que todas as mulleres temos dereito a decidir se queremo telo ou non, non nosnpoden obligar a telo porque a igrexa no lo mande, porque que pasaria se das 14 semanas cara a diante empeora o teu estado de saude ou meniño comeza a sufrir malformacions, Non poderemos abortalo solo porque a igrexa queira?

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 27, 2015, 22:58

Eu, pola miña parte, sigo a decir que considero que abortar debería de ser unha actividade legal, tanto para mulleres adultas como para xóvenes. Xa non é poñerse no caso dunha violación, e que esa muller teña que concebir un neno que ela non quería, e que lle obligaron, pola forza a concebir. Eu poñome no caso de rapaces coma nós, rapaces que están estudando e unha noite de festa se os métodos anticonceptivos fallan, que? A nosa vida cambiaría dun día para outro radicalmente. Non só teríamos que críar un neno nunha idade na que nin sequera podemos coidar de nós mesmos, senón que ademais teríamos que decirlle aos nosos pais o acontecido, o cal non sería fácil supoño. Ademais o noso futuro cambiaría totalmente xa que seguramente acabaríamos por deixar os estudos e deixar a nosa adolescencia para convertirnos en pais.
Por isto e por outras moitas máis cousas, eu sigo a decir que o aborto ha de ser legal para calquera, tanto aquí como en calquer pais, porque si a vida é un dereito, tamén é elixir o noso futuro e facer co noso corpo o que queiramos.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 08:49

😉
Credes que esta reforma está ben? Que fariades vos ao respecto? Que outros argumentos podedes achegar a favor do aborto? E en contra?

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 16:54

Ata o pasado 14 de abril, as mulleres de 16 e 17 anos podían abortar libremente de acordo cos prazos e supostos establecidos na Lei do 2010, ao igual que as mulleres maiores de idade. O único requisito era que, polo menos un dos representantes legais das menores, foran informados da decisión da muller. Ademais, a lei recollía que se podería prescindir desta información cando a menor alegara fundadamente que comunicarlle a súa decisión ao seus representantes legais lle provocaría un conflito grave (violencia, ameazas, coaccións, malos tratos, situación de desarraigo ou desamparo…)
Agora, coa reforma introducida polo Partido Popular, aprobada o pasado 14 de abril con 184 votos a favor (de PP, Unió Democrática de Catalunya, Foro Asturias e UPN), 136 votos en contra ( do resto dos grupos) e catro abstencións, para a interrupción voluntaria do embarazo de mulleres menores de idade será preciso, ademais da súa manifestación de vontade, o consentimento expreso dos seus representantes legais, resolvéndose conforme co disposto no Código Civil os conflitos que xurdan en canto á prestación do consentimento por parte dos representantes legais.
Ao meu parecer, trátase dunha reforma innecesaria e desacertada, xa que a prohibirlle abortar as mulleres menores de idade que non conten co consentimento dos seus pais, só aumentará os casos de abortos clandestinos, cos consecuentes riscos para a saúde destas mulleres.
Considero que os pais deben ser informados e incluso sería bo que aconsellasen á súa filla, mais non debería ser necesario o seu consentimento para que unha muller menor de idade puidera abortar, xa que poden darse casos nos que existan malas relacións entre ambos ou, como se recollía na lei anterior, a comunicación da intención de abortar podería causar conflitos graves como violencia, ameazas, coaccións, malos tratos…
Por último, dende o meu punto de vista, unha muller de 16 ou 17 anos nos está preparada para ser nai (sobre todo se non quere selo) nin conta cos medios suficientes para afrontar os gastos económicos que supón ter un fillo.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.167 segundos.

Os comentarios están pechados.