Pengüíns gays ou a interdisciplinariedade de CCMC

Un excelente exemplo da utilización da argumentación a tarvés dos foros e o comentarios neste post de Sandra Romero do IES Francisco Asorey. Parabéns!!

Unha parella de pingüíns machos do zoolóxico de Harbin, en China, é famosa por haber intentado varias veces roubar os ovos doutras parellas «heterosexuais»  dentro do parque. Pero por fin lograron o seu soño, xa que  un pingüín femia  do mesmo recinto tivo dúas crías e ante a dificultade de poder crialas, tendo en consideración que o normal é ter unha soa cría por parto, déuselles en adopción á parella de «homosexuais», que fai aproximadamente tres anos tiveron outros intentos frustrados de roubar ovos a outras parellas.

Segundo os expertos, dita adopción non suporía ningún tipo de problema dado  que os pingüíns macho teñen un instinto maternal moi desenvolvido e por elo, son eles os que soen incubar os ovos (en estado salvaxe) durante 25 días. Tamén cabe destacar a fidelidade de estes animais, que manteñen a mesma parella durante o resto das súas vidas o que é motivo de que os coidadores do zoolóxico os deixasen estar xuntos. A «homosexualidade» entre pingüíns é frecuente e este mesmo caso ocorreu hai aproximadamente dous anos nun zoolóxico de Alemaña.

Pero é necesario xustificar a naturalidade da homosexualidade como compartamento instintivo dos animais? Ou é que a sexualidade dos animais non é tan distinta como parece á das persoas?

Autora: Sandra Romero

Publicado en Mesa Redonda, Os mellores post de alumnos | Deixa un comentario

En galego tamén se fai ciencia


Vía: IES Rosalía de Castro

Publicado en A aldea global, Sen categorizar | Deixa un comentario

Ano de…

O 2012 trae tres celebracións no eido das ciencias  que adiantamos desde o blog Guía acompañado de recursos:
- Ano Internacional da Enerxía Sotible para todos.

 

Desde o sitio oficial  sustainableenergyforall.org/ poñenn á nosa disposición diversos recursos e  vídeos de alto interés educativo.

Ano Internacional dos morcegos

Desde educaBarrié temos acceso aos materiais do Proxecto Hyppos.

 

Ano Internacional do Cerebro

Publicado en CCMC, Didáctica | Deixa un comentario

Reporteiros Climántica no IES Baio- Zas

Parabéns aos novos articulistas!! Benvidos a comunidade en rede de Climántica

No IES de Baio-Zas, xa temos novos creadores de artigos, que despois do Nadal, comprométense a realizar publicacións no blogue da plataforma climantica. A ver que tal se lles da o tema. Son novos, al parecer neste tipo de tarefas, pero teñen un estímulo importante : » SUBELLES  NOTA», E NON BAIXA NOTA aínda que non publiquen.  Ademais, poden publicar até un  máximo de tres artigos por trimestre…. Póñolles un tope, non vaia ser que lle collan o gusto, e despois non fagan outra cousa que publicar e publicar… sen parar. Noraboa polo compromiso, e sobre todo ademais de ir ó gran, valoraráse a orixinalidade, o antidogmatismo, a reflexión crítica propia e a curiosidade e o coñecemento científico, e dicir que na medida dos vosos coñecementos, usedes argumentos e/ou baseados no método científico. Prantexade tamén algunha pregunta que poida ter relevancia nun foro de debate, como pode ser na mesma hora de clase.

Publicado en Produccións Climántica CCMC, Sen categorizar | Deixa un comentario

Inversión magnética

Un tema a debatir a partir do vídeo de V Televisión. Premede na imaxe para velo.

Publicado en Cambio climático, Sabías que? | Deixa un comentario

Cambio climático oceánico: Rápido ou lento?


Observa a seguinte animación producida por Greenpeace.

Cres que o cámbio climático vai ser tan rápido como pronostica Greenpeace?

Podes atopar argumentos en contra do que sostén este video?

 

Desde o IES Martaguisela

Publicado en Produccións Climántica CCMC | Deixa un comentario

Gaia

Hoxe non imos a falar da teoría de Lovelock, a quen podedes levar á aula desde Climántica TV para falar do Cambio Climático, senon dun blog do IES “Rosario de Acuña”, integrado na rede Educastur, que vos recomendamos visitar pola cantidade e calidade de recursos que aloxa nas suas páxinas.

O blog Gaia pode ser unha excelente oportunidade para compartir experiencias con alumnos e entre centros. Animádevos!!

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Primeiro capítulo do libro «A auga no mundo Contemporáneo»

Por sorte, muitos dos que non pudimos acudir ao seminario para profesores A auga no mundo Contemporáneo, impartido por Francisco Anguita Virella pudimos velo  en Climántica TV un vídeo .

Para comenzar o ano, estamos de noraboa: O primeiro capítulo do libro » A Auga no mundo Contemporáneo» xa está dispoñible en Unidades didácticas do apartado Biblioteca o Capítulo 1


O título é: » Unha substancia universal» e está  en versións en  galego e castelán.  Tamén se pode navegar polo seu contido premendo no terceiro apartado Auga e cambio climático do menú da marxe esquerda da páxina de Inicio. Durante as vindeiras semanas irase procedendo do mesmo xeito cos 7 capítulos restantes:

Capítulo 2. A auga en movemento.
Capítulo 3. Historia, presente e futuro da auga na Terra.
Capítulo 4. A auga fonte de vida dende os océanos á terra firme.
Capítulo 5. A auga na historia da humanidade.
Capítulo 6. O cambio climático nunha sociedade sedenta.
Capítulo 7. A auga, un recurso crítico na sociedade do cambio climático.
Capítulo 8. Un cambio de dirección cara o uso sustentable na sociedade do cambio climático.

Publicado en auga, Recursos | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Un post que «engancha»

Os rapaces e rapazas de Climántica non paran de producir, nin de argumentar,  nin de estar motivados …Non podemos pedir nada mellor para comenzar o ano!!

Aquí vos deixamos unha mostra do entusiasmo que propiciou o post: «A viaxe sen retorno» no blog de CCMC do  IES Fernando Wirtz, na Coruña.

Un bo exemplo do traballo por competencias nos blogs de Climántica. Jesús López, un escritor en cernes, relata con absoluta maestría os últimos momentos do teniente Taylor, o  piloto que manexaba un dos cinco avións TBM Avengers que despegaron da Base de Fort Lauderlade en Florida, un fatídico 5 de decembro de 1945…

 

O relato sorperende pola calidade literaria e, non menos sorprendente é a avalancha e comentarios dos compañeiros donde tentan explicar as razóns da traxedia e que da pé a  sólidas argumentacións sobre cuestións relacionadas coa pseudociencia, neste caso o Triángulo das Bermudas e que, nalgúns dos comentarios se abordan co espíritu crítico que queremos fomentar nos nosos alumnos.

A motivación foi tan alta que, incluso, algúns comentarios se realizaron en plenas vacacións.

Jesús e compañeiros/as parabéns polo post!!

 

 

 

Publicado en Os mellores post de alumnos | 2 Comentarios

Un ano máis xuntos

Parabéns a todos e todas os que contribuides día a día coa Comunidade Climántica .

Publicado en Axenda | Deixa un comentario