Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
fab-maribl-
anco
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 21:58

Eu penso que o aborto debería permitirse facelo, ainda que teñas 16 años, xa que é unha especie de dereito de liberdade. Se teñen a idade para facer o acto sexual, tamén teñen a idade para decidir se ter un fillo ou non. Hai moitas maneiras de practicar o aborto e algunhas son perigosas pero é un risco que debe decidir a nena se o realiza ou non. Hai procesos químicos no que envelenan o feto ou practicarse unha extracción do feto. Non se coñece se o feto sofre ou non. O feto debe considerarse un ser vivo xa que co paso do tempo vaise formando ata que se converte nun neno. Hai estudos que demostran que o neno si pasar uns determinados meses xa recoñece a voz da nai.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 22:01

O aborto en España é legal, e está rexido pola Lei Orgánica 2/2012 da saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Con esta Lei, as rapazas menores de 16 anos deben ter o consentimento por parte dos pais para abortar, sendo posible o aborto nas primeiras 14 semanas de embarazo. Este podrá ser tamén irrumpido ata a semana 22 se existe algún tipo de risco para a vida ou a saúde da muller ou grandes anomalías no feto.
Con respecto a outros países, o aborto é ilegal en todos os supostos en Malta (castigado con dende 18 meses ata 3 anos de prisión), Andorra e no Vaticano, mentres que está permitidos durante as 10 primeiras semanas de xestación en Portugal, nos 90 primeiros días en Italia, etc. En cambio, en países como Irlanda o aborto non atende a prazos se non a supostos.
Creo que a actual Lei en España non é o totalmente xusta, xa que non lle deixa practicamente á muller poder de decisión sobre si mesma. Penso que debería ser unha Lei moito máis flexive; eso sí, que as razóns para abortar sexan de peso.

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 24, 2015, 16:44

A lei do aborto (Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo) vixente actualmente en España ten como obxecto garantir os dereitos fundamentais no ámbito da saúde sexual e saúde reprodutiva establecidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS), regular as condicións da interrupción voluntaria do embarazo e establecer as correspondentes obrigas dos poderes públicos. Devandita lei entrou en vigor o 5 de xullo de 2010.
No seus artigos 13 e 14, concrétase a despenalización da práctica do aborto inducido durante as primeiras 14 semanas do embarazo. Durante este tempo, a muller poderá tomar unha decisión libre e informada sobre a interrupción do seu embarazo, o que implica que non haberá intervención de terceiras persoas na decisión.
No seu artigo 15 sinala que o prazo de posibilidade de interrupción voluntaria do embarazo aumenta ata a semana 22 só en casos de «graves riscos para a vida ou a saúde da nai ou o feto». A partir da semana 22, só poderá interromperse o embarazo en dous supostos: que «se detecten anomalías no feto incompatibles coa vida» ou que «se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave e incurable no momento do diagnóstico e así confírmeo un comité clínico».
Na miña opinión, tal como esta esta ben, pero ca nova lei que queren meter, sería inxusta para a muller, xa que apenas podría decidir sobre elo.

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 24, 2015, 18:19

A interrupción voluntaria do embarazo en España ou aborto inducido en España regúlase no Título II da Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Esta lei despenaliza a práctica da interrupción voluntaria do embarazo durante as primeiras 14 semanas do embarazo. A lei entrou en vigor o 5 de xullo de 2010. La regulación anterior -Lei Orgánica 9/1985 - despenalizou o aborto en varios supostos. O Partido Popular presentou en xuño de 2010 un recurso contra varios preceptos da lei ante o Tribunal Constitucional, que aínda non ten pronunciado. No programa electoral para as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011 o Partido Popular incluía a modificación da lei do aborto.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 24, 2015, 21:48

España, tivo dúas leis sobre o aborto, ámbalas dúas aprobadas por gobernos socialistas. Ata o ano 1985 a interrupción voluntaria do embarazo estaba considerado delito. A partir de entón, despenalizouse baixo tres supostos: violación, risco para a saúde física e psíquica da nai e malformación do feto. En 2010 aprobouse a lei de prazos que se encontra actualmente en vigor e que permite o aborto libre nas primeiras 14 semanas de xestación. A finais do 2013, o Goberno do PP presentou unha reforma desta lei que eliminaba esta posibilidade de abortar nas primeiras semanas e establecía así unha situación peor ca de 1985 e é que nesta, a malformación do feto non contaba como razón para abortar. En febreiro deste ano, o PP rexistrou unha reforma da lei de aborto que esixe o consentimento por parte dos país das menores que queren abortar.

Como explico no anterior parágrafo, podemos observar que a medida que a historia do noso país avanzaba, as condicións para abortar ían mellorando, pasando así de basicamente non poder abortar (salvo excepcións) ata conseguir facelo cunhas poucas pegas. Malia isto, da a sensación de que parece que na actualidade queren volver a implantar leis como as de fai 30 anos, e a pesar de que parece que o tema mellorou, desde o meu punto de vista creo que non podemos tolerar estas situacións, cada quen (sempre que medite) debería poder tomar as súas decisión respecto a este tema.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 24, 2015, 22:28

O Consello de Ministros aprobou este venres o anteproxecto de Lei Orgánica de Protección da Vida do Concibido e os Dereitos da Muller Embarazada, que reforma a actual Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo. A escusa que o ministro pon para explicar isto, é que o neno enxendrado non pode depender da vontade da muller.
En Malta, o aborto está prohibido e penado por lei; no Vaticano, prohibido sen excepción; e en Andorra, tamén prohibido. Pola contra en Holanda, permítese dentro de las 24 primeiras semanas de xestación.
España agora sitúase ao lado dos primeiros exemplos, mais esta reforma a min paréceme moi inadecuada. Penso que prohibindo o aborto, as mulleres recurrirán ao aborto inseguro, é dicir, a tentar o aborto sen as técnicas e hixiene adecuada, e isto favorecerá ao incremento de mortes por complicacións nestas situacións. A muller, como cidadán, ten o dereito á libertade de opinión, e só debería ser ela a que decida sobre o seu futuro, pois só a propia persoa coñece a situación na que se encontra e os plans que cambiarían se se tivera que asumir unha gran responsabilidade nun momento nada aceitado.

faa-javier-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 25, 2015, 00:47

Es inhumano no legalizar el "aborto terapéutico" que debería realizarse cuando el embarazo pone a la mujer en peligro de muerte o de un mal grave y permanente

La Verdad: En este caso el término "terapéutico" es utilizado con el fin de confundir. "terapia" significa curar y en este caso el aborto no cura nada. Actualmente, la ciencia médica garantiza que prácticamente no hay circunstancias en la cual se deba optar ente la vida de la madre o la del hijo. Ese conflicto pertence a la historia de la obstetricia. Ya en 1951, el Congreso de Cirujanos del American College dijo que "todo el que hace un aborto terapéutico o ignora los métodos modernos para tratar las complicaciones de un embarazo o no quiere tomarse el tiempo para usarlos" . El temido caso de los embarazos "ectópicos" o que progresan fuera del útero materno están siendo manejados médicamente cada vez con mayor facilidad. por otro lado, el código de ética médica señala que en el caso de complicaciones en el embarazo deben hacerse los esfuerzos proporcionados para salvar a madre e hijo y nunca tener como salida la muerte premeditada de uno de ellos.

faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 25, 2015, 11:38

España é un dos países onde o aborto é permitido xunto con Holanda, Austria ou Alemaña. aínda que nestes países está permitido dentro dun prazo do embarazo. Considero que isto debe ser así, xa que unha muller é libre e debe poder decidir sobre os seu embarazo. Non me parece xusto que algunha xente considere que debería estar prohibido abortar, xa que se estivera prohibido podería causar moitos problemas. Por exemplo, unha muller que non se atope nunhas condicións económicas boas non quere ter un fillo, xa que sabe que non vai a ter os recursos suficientes para poder mantelo, debe poder abortar, porque no caso contrario ese rapaz vivirá nunhas condicións de vida pésimas. Outra cousa que pode ocorrer ao prohibir o aborto é que as mulleres busquen outras vías para abortar, unhas vías que poden ser pouco hixiénicas e que poden causar incluso a morte debido as complicacións destas situacións. considero polo tanto que o aborto debe ser libre de decisión por parte das mulleres.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 25, 2015, 11:43

Respecto a outros países, por exemplo en estados unidos referido ao aborto inducido ou interrupción voluntaria do embarazo, é legal en todos os estados de Estados Unidos desde a sentenza da Corte Suprema no Caso Roe contra Wade, de 22 de xaneiro de 1973.A sentenza do caso Roe contra Wade estableceu nun "trimestre" o prazo no que podía practicarse o aborto, xa que era o periodo a partir do cal o feto podía ser viable -probabilidade de supervivencia fose do útero-. Dita sentenza prohibiu aos distintos estados calquera limitación do aborto cedo durante ese prazo aínda que podían impoñerse restricciones ou prohibicións absolutas, dependendo dos supostos, unha vez superado ese prazo de tres meses. En China é legal e é un servizo sanitario gratuito que ofrece o goberno a petición da muller.Ademais dun fácil acceso aos métodos anticonceptivos precoitales e á anticoncepción de urxencia poscoital, o aborto inducido considérase imprescindible polo goberno de Chinesa para alcanzar os seus obxectivos de estabilidade da poboación e constitúe un dos métodos usados para alcanzar a política de fillo único. As autoridades chinesas consideran o crecemento da poboación e a superpoblación como un dos problemas estructurales do país.A política nacional de control da poboación e en concreto a restrictiva política de fillo único contribuíu á práctica do aborto selectivo de mulleres por diagnóstico prenatal do sexo -como consecuencia do desexo ancorado na tradición de preferir fillos varóns-, ambas prácticas -diagnóstico prenatal do sexo e aborto selectivo- son ilegais en China.Mentras tanto en Alemaña referido ao aborto inducido ou interrupción voluntaria do embarazo, está permitido durante o primeiro trimestre da gestación.A reunificación de Alemania obrigou á homogeneización legal. Unha nova lei foi aprobada polo Bundestag no ano 1992. Está lei permite a práctica da interrupción voluntaria do embarazo durante o primeiro trimestre, con orientación -consentimento informado- e un período mínimo de espera de tres días desde o asesoramiento. O Parlamento aprobou unha nova lei en 1995. A práctica do aborto non está cuberta polo sistema de saúde alemán excepto para mulleres con escasos recursos económicos.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 25, 2015, 12:18

A Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da
interrupción voluntaria do embarazo ten estes principios e ámbito de aplicación:

1. No exercicio dos seus dereitos de liberdade, intimidade e autonomía persoal, todas as persoas teñen dereito a adoptar libremente decisións que afectan á súa vida sexual e reprodutiva sen máis límites que os derivados do respecto aos dereitos das demais persoas e á orde pública garantida pola Constitución e as Leis.
2. Recoñécese o dereito á maternidade libremente decidida.
3. Ninguén será discriminado no acceso ás prestacións e servizos previstos en esta Lei por motivos de orixe racial ou étnica, relixión, convicción ou opinión, sexo, minusvalidez, orientación sexual, idade, estado civil, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
4. Os poderes públicos, de conformidade coas súas respectivas competencias, levarán a cabo as prestacións e demais obrigas que establece a presente Lei en garantía da saúde sexual e reprodutiva.

Deste xeito España só sería posible interromper o embarazo en dous casos, en caso de violación e só nas primeiras 12 semanas ou se existe un risco físico ou psíquico para a muller ata a semana 22.

Na miña opinión a muller embarazada sería a que ten que tomar a decisión de continuar co embarazo ou interrompelo mediante algunha das diferentes formas de aborto

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.101 segundos.

Os comentarios están pechados.