Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 00:00

A muller é dona do seu corpo. O feto considérase asimilable ao organismo materno e eliminable como un anaco sobrante. Parece que ter un fillo concernise exclusivamente á muller. A realidade é que o óvulo fecundado ou cigoto posúe, reunidos en parellas, 23 cromosomas da nai e 23 do pai. Ser fecundado é un individuo irrepetible, dotado dunha estrutura xenética única, programada polo ADN, distinta á da nai.
Ninguén se deu a si mesmo nin o corpo nin ningún compoñente do seu ser. O pai e a nai son donos do acto sexual, pero non do froito dese acto. Aínda Que xuridicamente a muller sexa dona do seu corpo, este tamén é un núcleo de responsabilidades sociais, por ser o lugar no que comezou unha nova vida. E esta vida nova formula dereitos e responsabilidades. A responsabilidade que contraen a muller e o home ao xerar non leva consigo un dereito de condenar a morte o fillo.
O novo ser depende de condicións externas, ambientais e maternais; pero iso non engade nada ao seu ser substancial, nin o define como parte do organismo materno. Tampouco despois de nacer pode vivir un neno independentemente da nai ou dos coidados apropiados. Non é independente ata a madureza. A este neno, cabería negarlle o dereito a seguir vivindo?

fab-marian-
galeano
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 00:48

O aborto pode ser espontáneo ou provocado. O espontáneo prodúcese porque surxe a morte intrauterinamente, ou ben por causas diversas que motivan a expulsión do novo ser ao exterior, onde falece dada a súa falta de capacidade para vivir fora do ventre materno. Se o aborto é provocado, realízase ou ben no seno materno ou forzando artificialmente a súa expulsión para que morra no exterior.
Eu opino que toda muller ten dereito a facer co seu corpo o que lle parezca convinte, pero tamén pensó que con todos os métodos anticonceptivos que exite hoxe en día non hai razón ninguna para quedar embarazada, a non ser que houbera algún accidente. Lendo as clases de aborto que se realizan,parécenme moi crueis os métodos e penso que tanto mulleres coma homes deberían ter moito coidado e non tomar o sexo a broma, xa que aínda que o feto non sexa un bebé si é un ser vivo e non se debería xogar coas vidas nin tomalo a broma, xa que as nais tamén poden sufrir durante o aborto tanto física como psicoloxicamente.

fab-jonath-
ansalgueir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 11:46

A Medicina entende por aborto toda expulsión do feto, natural ou provocada, no período non viable da súa vida intrauterino, é dicir, cando non ten ningunha posibilidade de sobrevivir. Se esa expulsión do feto se realiza en período viable pero antes do termo do embarazo, se denomina parto prematuro, tanto se o feto sobrevive coma se morre. O aborto pode ser espontáneo ou provocado. O espontáneo prodúcese ou ben porque xorde a morte intrauterinamente, ou ben porque causas diversas motivan a expulsión do novo ser ao exterior, onde falece dada a súa falta de capacidade para vivir fóra do ventre da súa nai. Se o aborto é provocado, realízase ou ben matando o fillo no seo materno ou ben forzando artificialmente a súa expulsión para que morra no exterior.

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 11:54

As miñas conclusións finais, fan que estea mais en contra do aborto que a favor, pero hai casos moi especidficos nos que optaría polo aborto.
Estes casos son os de violación ou de que o feto teña algún problema (enfermidades, deformacións, etc...). Nun caso de violación sí estaría dacordo por optar polo aborto, xa que é unha situación mais ca delicada. Segue a haber opinións diversas neste caso, como dar a luz e dar en adopción ao meniño, e ahí eu non comparto tal opinión. Logo,no caso de enfermidades ou calquera cousa perxudicial que tivera o feto, eu persoalmente, estudiarría o que tería e as consecuencias que tería que levar as costas este ser humano.

fab-mariao-
ubina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 11:57

Dende o meu punto de vista, eu creo que abortar depende da situación e do avanzado que estea o embarazo, si se descubre moi tarde ou non, e tamén depende da situación en que te encontres porque pode ser tanto por unha violación como polo o olvido do perservativo.

Na medicinña entiéndese por aborto toda expulsión do feto, natural ou provocada,no período non viable da súa vida intrauterino, é decir, cando non ten ningunha posibilidade de sobrevivir. Si esa expulsión do feto realízase no período viable pero antes do término do embarazo, denomínase parto prematuro, tanto se o feto sobrevive como se morre.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 11:59

Un aborto espontáneo é a perda dun embarazo nas primeiras 20 semanas de xestación. Arredor do 10 ao 20% dos embarazos detectados rematan nun aborto espontáneo e máis do 80% destas perdas suceden antes das 12 semanas.
Varios estudos demostraron que entre o 30 e o 50% dos óvulos fertilizados se perden antes ou durante o proceso de implantación, polo cal a muller nin chega a decatarse que estivo embarazada porque non presentan ningún atraso menstrual.

As causas dun aborto entre o 50 ao 70% dos abortos espontáneos que teñen lugar durante o primeiro trimestre son o resultado de anomalías cromosómicas. A maioría das veces, isto significa que o óvulo ou o esperma teñen un número equivocado de cromosomas, e como resultado, o óvulo fecundado non se pode desenvolver normalmente.
Ás veces un aborto é consecuencia de problemas que acontecen durante o delicado proceso do desenvolvemento temperán. Isto inclúe un óvulo que non se implanta axeitadamente no útero ou un embrión que ten defectos estruturais que lle impiden desenvolverse.

faa-afeijo-
o
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 12:10

Na miña opinión cada un debe de ter consciencia do seus actos, e polo tanto ver as consecuencias destes.
Cada muller é dona do seu corpo e do que quere facer con el. Moitas adolescentes se quedan embarazadas, daríalles reparo contarllo aos seus pais, e polo tanto, isto levarías a poñer polo medio medidas arriscadas para non telo. Un destes remedios pode chegar a poñer en risco a vida da rapaza ou muller.
Tamén existen outros moitos casos en que unha muller desexaría abortar, como en violación, ou en casos en que o feto saia con malformacións ou outras moitas enfermidades, as cales requiren unha gran cantidade de cartos para resolver dita enfermidade ou para tan solo que o rapaz poida vivir aínda que sexa con moitas dificultades.
O aborto pode ser natural ou provocado.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 12:14

O aborto non é algo que se faga por pracer e `amor ao arte´. O aborto é un tema moi serio, e se unha muller quere abortar creo que é unha decisión moi seria e meditada, ou polos menos debería ser así.Se é por unha violación, enténdese que é un fillo non desexado. Se nace con problemas graves de saúde e vai nacer en estado vexetal ou con cáncer avanzado creo que está nos pais a decisión de se queren telo ou se polo contrario e visto que vai ser peor para o fillo vivir que morrer deciden abortalo. Ademáis, teño que añadir que, e non por xeralizar, as persoas que están en contra a mayoría soen ser relixiosas, cando a Igrexa en teoría tamén prohíbe usar métodos anticonceptivos. E ademáis, a ley do aborto non é incompatible coas súas creenzas, xa que se eres relixioso e estás nalgunha situación posible de aborto, é túa a decisión de abortalo ou non, e polo tanto se estás en contra, non o abortas e xa está. O único que parece así e que queren mandar sobre os fillos e os corpos dos demáis.
E, como reflexión aos detractores desta ley, eu pregúntolles as persoas en contra que se ter un fillo aos 16 anos non sería tamén estar privando da vida a esa rapaza, de vivir a vida, de ter liberdade.

fab-nereap-
orta
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 12:17

Na miña opinión creo que cada quén é de decidir de se quere abortar ou non. Moitas adolescentes se se quedarán embarazadas non llo dirían aos seus pais, e coa nova lei veríanse obrigadas a abortar clandestinamente, con métodos que poden prexudicalas. No caso de que unha muller se quedara embarzada por error ou o seu fillo poidera salir con malformacións ou diversas enfermidades, e a muller non dispoña de medios para coidalos, nese caso quén se faría responsable do neno/a?.Non olvidemos que un fillo/a require duns coidados e se sale con enfermidades ou malformados aínda máis, por iso penso que cada quén é de decidir se abortar ou non, xa que exísten moitas situacións. Non cabe olvidar que exísten moitos tipos de anticonceptivos.
O aborto realizase por distintos medios:
-Succión
-Dilatación e legrado
-Extracción menstrual
-Abortifacients
-Ru-486
-Metotrexacto
-Salina
-Prostaglandina
-Dilatación i evacuación
-Histerotomatía
-Dilatación i extracción
-Aborto por parto parcial
En resposta a si o feto sofre no aborto, polo que puden observar en internet, o feto no aborto non sofre antes de cumplir as 24 semanas.Por outro lado creo que cadaquén debe considerar se é un ser vivo ou non, sinceramente eu non sei si o é ou non.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 12:19

O aborto (cirúrxico) é un procedemento para rematar cun embarazo a través da extracción do feto e a placenta do útero da nai. Nun aborto cirúrxico utilízase unha ventosa obstétrica para extraer o feto e o material conexo do útero da nai. Hai que recalcar que o aborto cirúrxico non é o mesmo ca o aborto espontáneo, xa que neste último o embarazo termina por si solo antes de 20 semanas (aproximadamente).

O tema do aborto, como ven explica Vilas arriba é un tema que está dando lugar a unha gran polémica debida á diferencia de opinión entre as persoas.

Desde o meu punto de vista, comezaría dicindo que vivimos nun país de libre opinión no que cada quen pode tomar decisións baixo a súa propia responsabilidade. É por isto polo que creo que abortar ou non é un dilema que debe ser resolto pola persoa que pode telo fillo, é dicir, cada quen é libre de decidir se quere ter ou non un rapaz. Hai que pensar que ter un fillo quere dicir que hai que asumir unha serie de responsabilidades, é non podemos deixar que mediante unha lei as mulleres teñan que asumir esas responsabilidades se non queren facelo.

É impensable que nunha sociedade tan desenvolvida aínda se de lugar a estas situacións, cada quen ten dereito a meditar e decidir o que quere facer respecto a ese asunto.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.184 segundos.

Os comentarios están pechados.