Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 8 9 10 [11]
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 30, 2015, 16:35

Ao meu parecer, o feito de contarlle aos teus pais que quedaches embarazada, xa sexa por error ou por outras causas, e que ademais tes pensado abortar, é moitísimo máis complicado do que poida parecer. Penso que todo depende do grao de confianza que teñas con eles e o transixentes que sexan en canto a temas así. Seguramente haxa mozas que por medo non se atreven a decirllo e prefiren gardalo para sí mesmas, o que tamén debe ser respetable pois cada casa é un mundo e non sabemos que problemas poden ter pais e filla.
O que si vexo claro é que se a moza decide contarlle aos seus pais o que sucede, estes só deben aconsellala, nunca tomar decisións por ela.

Se nun futuro teño unha filla e esta se ve nesa situación e pedise da miña axuda, eu non dubidaría en ofrecerlle a miña opinión, o meu consello e finalmente, todo o meu apoio na decisión que ela quixese tomar.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 30, 2015, 21:56

Creo que unha moza a esa idade xa non ten porque estar obrigada a contarlle tal feito a seus pais, primeiramente porque a súa relación non pode ser o suficientemente boa, non ter gran confianza, saber que os pais non o tomarán a ben...
Non obstante, creo que aquela moza que llo decida contar é porque o considera necesario e porque a súa relación é boa, polo que está segura de que a axudarán en todo o posible. Ademais, os pais teñen que intentar non tomar este feito a mal, xa que bastante mal pode estar a rapaza como para que os pais aínda lle berren e fagan que se veña a baixo. Son eles os que teñen que axudar e dar opinións sempre que lles sexan pedidas, pero ao fin e ao cabo deixar a decisión na propia rapaza, que en realidade é a que vai sufrir as consecuencias.
Ben é certo que unha rapaza de 15 anos ou menos queda embarazada, é moi probable que non sexa consciente do que iso lle vai significar, polo que creo que aquí xa deberían intervir os pais, sempre e cando interveñan para facer o mellor para a filla.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 30, 2015, 22:08

Dende o meu punto de vista, a decisión de abortar debe recaer totalmente na moza de 16 anos xa que vai ser ela a que teña o bebé e a que debe decidir polo seu futuro. Os pais o que deben de facer é dar unha opinión e só iso, posto que a súa ideoloxía ou os seus pensamentos non teñen porque coincidir cos da rapaza. Ademais, penso que deberían apoiar á rapaza independentemente de que non pense igual ca eles, pois é unha decisión moi complicada que marcara o seu futuro tanto no ámbito do estudo coma no do traballo.

fab-laraco-
res
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 30, 2015, 23:47

A miña opinión é que unha rapaza de 16 anos debería consultar os seus pais. Xa que hoxe en día quedar embarazada podese evitar, cos diversos métodos anticonceptivos dos que podemos optar moi fácilmente. Un gran descoido se debería de ter, pero isto non quita que suceda, e no caso de que pase, como ben dito antes, pola miña parte vexo ben que se precise dun consentimento paterno da menor para abortar. Porque en moitos casos os 16 anos aínda non se pode ter o previlexio de ter unha boa madurez como para tomar esa decisión. Aínda que podería haber excepcións que comprería ben recalcar. Como que os pais da rapaza embarazada non esten o seu cargo, ou que teñan problemas de dragas etc. Estas excepcións entre outras son as que se deberían ter en conta, e logo xa pasar a outra maneira de evaluar a posibillidade de aborto.

faa-glopez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: May 1, 2015, 16:29

O aborto e un tema que sempre tivo moito de que falar e opinions diferentes. Cada persoa debe ser libre para facer o que queira, e se por culpa dun pequeno fallo queda embarazada pode abortar se non se ve preparada para ter un fillo nese instante. Mentres aborte o pouco tempo non hai problema, pero si este pasa moito tempo, a partir dun mes, xa estas contra un ser vivo e non estría ben abortar nese momento, porque igual xa estas facendo dano o feto e sufre no momento que abortas. Desta maneira, mentres abortes pero nun pouco periodo creo que non pasa nada.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: May 1, 2015, 16:31

Eu creo que, a favor ou en contra, e xa como reflexión final, que hai que respetar a opinión de todos e iso é algo que as persoas en contra do aborto non fan tratando de impoñer as súas leyes, e eles diranme o mesmo a min, pero se se aproba o aborto, sería a rapaza quen manda sobre si mesma e non outros como este grupo pretende, e esas persoas en contra non teñen por qué abortar, eé unha ley que dá a liberdade de facelo ou non, de elixir. Ademáis,creo que debemos evolucionar e dar cabida ao progreso e deixar estereotipos vellos e anticuados e deixar tamén d elado as perseccucións que levan sufrindo as mulleres a favor do aborto ao longo da historia (Por exemplo, o término feminazi, acuñado polo locutor de radio estadounidense Rush Limbaugh para referirse ás mulleres que defendían o dereito ao aborto na década dos noventa, (aínda que actualmente utilízase noutros contextos)) e temos que fixarnos noutros países, como por exemplo en EEUU, no famoso caso de Roe contra Wade(un feito que supuxo unha revolución no tema do aborto en estados unidos,xa que a corte suprema de xustiza dos EEUU en 1973 nesta caso decidiu que a muller, amparada no dereito á privacidad -baixo a cláusula do debido proceso da décimo cuarta enmenda- podía elixir si continuaba ou non co embarazo, ese dereito á privacidad considerábase un dereito fundamental baixo a protección da Constitución dos EEUU e polo tanto non podía lexislarse no seu contra por ningún estado).

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: May 1, 2015, 20:13

Dende o meu punto de vista aínda que sexa un erro para algunhs persoas con 16 esa adolescente bque queda embarazada tendrá que decirllo aos pais xa que para boas e para mals os pais son case sempre os que apoian aos seus fillos xa que con 16 anos unha muller de hoxe en día non se podería enmancipar da casa dos seus pais, causa que antes aínda se podía facer xa que se podía atopar traballo, pero volvendo ao tema principal os pais son un gran apoio para a moza pero eles tampouco deberían de ter toda a decisión de si a moza quere abortar ou senón que a propia moza debería ter totalmente todo o poder de decisión, aínda que se deixe aconsellar polos pais.

Páginas: First << 8 9 10 [11]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.165 segundos.

Os comentarios están pechados.