Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 17:15

Ao meu parecer, creo que a aprobación desta lei pon en risco a saúde das mulleres e das adolescentes. Esta reforma vai facer que moitas mulleres decidan abortar de forma clandestina. Cabe recordar que ao ano prodúcense uns 22 millóns de abortos non seguros e que unhas 70.000 adolescentes morren a causa dun embarazo. Polo que a min respecta mantería a ley do aborto do 2010 (que se encontra en vigor) xa que, como dixen noutro comentario, é unha lei que funciona entre outras cousas.

Entre os argumentos que se encontran a favor do aborto destacaría que tódolos seres humanos temos unha serie de dereitos e polo tanto as mulleres deben de ser quen para decidir se abortar ou non. Ademáis creo que a aprobación desta reforma traería consigo moitas consecuencias negativas.

Dos argumentos que van en contra do aborto destacaría que, posto que a vida comeza na concepción, poderíase dicir que o aborto é unha acción ´parecida´ao asesinato.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 17:39

Desde o meu punto de vista creo que esta reforma porá en perigo a saúde de moitas mulleres tanto adultas como adolescentes. Ademais de ser unha reforma que fará que moitas mulleres decidan abortar clandestinamente. Cabe recordar que ao ano uns 22 millóns de mulleres deciden abortar de forma perigosa e 70.000 adolescentes morren a causa do embarazo.

No que a min respecta non poría en vigor esta reforma e deixaría a actual lei do aborto do ano 2010, xa que, como dixen noutro comentario, é entre outras cousas, unha lei que funciona.

Entre os argumentos que se encontran a favor do aborto destacaría que ante todo os seres humanos temos unha serie de dereitos e é por iso que creo que cada muller debería poder decidir por ela mesma se quere abortar ou non facelo. Ademais creo que a entrada en vigor desta lei daría lugar a moitas consecuencias negativas.
Entre os argumentos en contra do aborto destacaría que xa que a vida comeza na concepción poderíase clasificar o aborto como un tipo de asasinato.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 17:39

Desde o meu punto de vista creo que esta reforma porá en perigo a saúde de moitas mulleres tanto adultas como adolescentes. Ademais de ser unha reforma que fará que moitas mulleres decidan abortar clandestinamente. Cabe recordar que ao ano uns 22 millóns de mulleres deciden abortar de forma perigosa e 70.000 adolescentes morren a causa do embarazo.

No que a min respecta non poría en vigor esta reforma e deixaría a actual lei do aborto do ano 2010, xa que, como dixen noutro comentario, é entre outras cousas, unha lei que funciona.

Entre os argumentos que se encontran a favor do aborto destacaría que ante todo os seres humanos temos unha serie de dereitos e é por iso que creo que cada muller debería poder decidir por ela mesma se quere abortar ou non facelo. Ademais creo que a entrada en vigor desta lei daría lugar a moitas consecuencias negativas.
Entre os argumentos en contra do aborto destacaría que xa que a vida comeza na concepción poderíase clasificar o aborto como un tipo de asasinato.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 18:53

Creo que esta reforma só é aceptada por familias conservadoras. A muller, só por ser persoa, ten o dereito a decidir sobre o seu corpo e ten o dereito a decidir se quere ser nai ou non. Esta reforma pon de manifesto as carencias que presentan os partidos liberais, onde queda patente que seguen querendo instaurar unha democracia cristiá en pleno século XXI. É de vergonza que ao final o que se consiga con esta reforma sexa romper os dereitos das persoas, e que consiga que as mulleres vaian a clínicas clandestinas onde os partidos políticos saben perfectamente que non son hixienicos nin seguros.
É unha reforma estúpida, xa que a rapaza que naza nunha familia conservadora, vai ter que ter o fillo si ou si, aínda que sexa menor. É unha vergonza que aínda que a rapaza sexa violada, ou o propio bebé sexa un risco para a nai, teña que telo si ou si.
Os argumentos a favor son claros, toda persoa ten dereito a decidir sobre si mesma e ademáis cerrarían moitas clínicas abortistas que só queren diñeiro fácil aínda sabendo que poden facer dano.
Non atopo argumentos en contra.
Mantería a lei que estaba establecida polos partidos socialistas na que o aborto era un dereito e na que entrábamos en prazos.
Repito o que dixen en todolos comentarios: Política e Relixión non deben ir unidos se queremos ter un país moderno, un país laico.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 23:09

Dende o meu punto de vista non me posiciono en ningunha das propostas. Porque , o máis axeitado sería deixar escoller a cada muller o que queira facer, cada un é libre da súa vida e de se quere abortar ou non. Na miña humilde opinión creo que sendo realistas ningunha persoa pode impoñer unha ley na que diga que non se permita o aborto, parece moi egoísta e moi extricto, polo que, se os políticos deberían deixar decidir a cada muller de que, si quere ter fillos ou non, porque as veces poden producirse accidnetes, e na situación na que nos atopamos a maioría das familias que espera ese neno non o pode manter. Pero ainda que poda manter, penso que decisión de cada un, cada é libre da decisión que quera tomar, ou polo meus eu o penso así, xa que vivimos nunha sociedade "libre". Ningunha lei debería opoñerse a tomar decisións porque a uns cantos políticos lle pareza que é o acertado.

fab-laraco-
res
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 23:20

O aborto sempre foi un tema a tratar moi delicado. Xa que moitas persoas están a favor, e moitas outras en contra, nunca nos atopamos cunha gran maioría que estivese de acordo.
Así pois, o aborto debería estar legalizado, pois a muller como persoa, ten e debe ter opción a unha elección. E decidir, si ser nai ou no. Sexa cal sexa a súa idade. Isto podese razoar, aínda que a muller sexa menor, pois se queda emembaraza e se lle prohibe o aborto, estariaselle privando dunha vida que todos optamos a ter, xa que o ser nai, terá tempranamente unhas grandes responsabilidades.
Por outra man, esta lei imposta Polo PP, ten algunha cara ca que deberíamos estar de acordo. No sentido no que deberíamos ser responsables cos nosos actos, e si non é desa maneira, pois queda demostrado que non somos o suficientemente responsables como para tomar unha decisión sobre a vida dunha nova persoa. E así, deber ter un permiso dos nosos proxenitores. Aínda así, non chega a estar ben resolto este tema, xa que moitas, non respetarán esto e chegarán o aborto clandestino, perigoso para elas. Polo contrario, si tivesemos un fácil accesó a posibilidade do aborto, sería moito máis seguro. Pero isto necesita unha parte de compromiso pola nosa parte.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 23:46

O ex-ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón confirmaba que finalmente se modificaría a actual lei do aborto, aprobada en 2010. Eliminarase así o sistema a prazos e volveremos ao modelo que xa figuraba na lei do ano 1985. Esta lei (aprobada no seu día polo entón presidente do goberno Felipe González) establecía a despenalización do aborto en unicamente tres supostos: violación, malformación do feto ou perigo psicolóxico e/ou físico para a nai. A actual lei outorga, como xa se dixo, liberdade á muller para decidir se quere continuar coa xestación do embarazo durante as primeiras 14 semanas, ampliable ata as 22 semanas en caso de malformación ou perigo para a muller. A principal diferenza, á marxe dos prazos e facilidades para realizar de forma segura este tipo de intervencións, é o concepto de despenalización e dereito. A lei de 1985 despenalizaba, isto é, abortar seguía sendo un delito pero establecíanse supostos especiais. Porén, a actual lei decreta o dereito da muller a decidir sobre o seu propio corpo. Pero aínda hai máis, devandita reforma proposta polo Partido Popular elimina o terceiro suposto de 1985 segundo o cal se podería abortar se existía malformacións no feto, quedando limitado así soamente a "anomalías fetais incompatibles coa vida".
Ao meu parecer, no momento en que se empezan a debater aspectos éticos ou referidos á relixión sobre o dereito dun feto, esquecemos o verdadeiramente importante. Penso que unha lexislación máis restritiva en materia abortiva non reduce o número de abortos senón que se diminúen as garantías legais e sanitarias de miles de mulleres e mesmo vulnera aínda máis, se cabe, o dereito á vida.

Despois disto, só cabe preguntar: en vez de avanzar, non estaremos a retroceder? Non hai máis que ver que con esta reforma volvemos exactamente 20 anos atrás no tempo, alá polo ano 1985...

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 28, 2015, 23:54

Considero a reforma da lei do aborto como unha reforma inapropiada e inxusta. Primeiro, porque limita os dereitos dunha persoa, neste caso das mulleres, facendo que non poidan decidir por elas mesmas o que, ao fin e ao cabo, lle afecta a ela e á súa saúde. Creo que unha muller con 16 anos xa ten capacidade de decisión para decidir abortar ou non, aínda que esta claro que a opinión de seus pais pode axudarlle, non sempre é así xa que pode acarrearlle problemas.
Paréceme inconcebible que unha muller non poida tomar dita decisión, xa que, por exemplo, se o bebé é froito dunha violación, sería inxusto que a muller tivera que seguir adiante co embazaro simplemente porque o esixe a lei.
Coincido totalmente cos meus compañeiros, xa que a implantación desta reforma só servirá para que as mulleres poñan en risco a súa saúde, xa que, como ben dixeron xa, aquela muller que queira abortar e sexa necesaria, ben por problemas económicos ou porque ter o bebé supoña un risco para a súa saúde, farao clandestinamente.
Penso que é moito máis razoable e aceptable a lei na que a muller tiña dereito a abortar, a pesar de que tiña que ser cumprindo uns prazos.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 00:12

O Partido Popular introduciu o pasado 14 de abril a nova reforma da lei do aborto cunha pequena modificación, que as mulleres entre 16 e 17 anos deban ter o permiso dun dos proxenitores para abortar.

Desta forma, volvemos no tempo ao que foi a primeira lei do aborto, en 1985, onde só se podía abortar en caso de violación, dano para a vida ou saúde física ou psíquica para a nai e malformación do bebé, aínda que agora con máis garantías e matices que na primeira lei. É dicir, en lugar de avanzar paralelamente á sociedade, retrocedemos.

Prohibindo de maneira tan rigurosa o aborto, pensou que as adolescentes recurrirán ao aborto clandestino, onde o risco para a saúde da muller é moi perigoso. Eu opino que as rapazas, aos 16 anos, son suficientemente conscientes dos riscos aos que se expoñen querendo ou non ter un bebé, e debería ser a a súa decisión aceptar unha destas dúas opcións. Os país xogan un papel fundamental, é certo, pero para axudar e aconsellar, non para decidir pola propia muller. Esta, debe ser unha decisión libre.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 03:27

Como xa dixen, ao meu parecer esta reforma non está ben en absoluto, xa que restrinxe os dereitos das mulleres embarazadas chegando mesmo a poñer en perigo a súa saúde. Penso que unha boa inciativa é a proposta por Darío e que consiste en facer un referendo. Celebrando tal referendo, o goberno podería ver o que pensa a poboación e daríase conta de que unha boa parte dos cidadáns por non dicir a maioría está en contra desta reforma.
No tocante aos argumentos en contra, xa mencionei uns cantos, pero argumentos a favor non. A xente que defende isto, escúdase na idea de que o feto xa é un ser vivo e que ten o seu dereito a vivir. Eu, persoalmente, non creo iso, aínda que este tema é bastante polémico xa que é imposible definir un momento exacto no que o embrión pasa a ser un ser vivo.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.139 segundos.

Os comentarios están pechados.