Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 15:37

O aborto pode ser espontáneo ou provocado. O espontáneo prodúcese ou ben porque xorde a morte intrauterinamente, ou ben porque causas diversas motivan a expulsión do novo ser ao exterior, onde falece dada a súa falta de capacidade para vivir fóra do ventre da súa nai. Se o aborto é provocado, realízase ou ben matando o fillo no seo materno ou ben forzando artificialmente a súa expulsión para que morra no exterior.
En ocasións actúase sobre embarazos de fillos viables, matándoos no interior da nai ou procurando a súa morte despois de nacer vivos. Isto non é, medicamente falando, un aborto, e de feito moitas lexislacións que se consideran permisivas na tolerancia do aborto prohíbeno expresamente, porque o inclúen na figura do infanticidio. Pero non acontece así noutros casos, como por exemplo en España, onde o Código Penal non ten en conta a viabilidade do feto para que se dea o delito de aborto, e, en contrapartida, se pode matar nalgúns casos a fetos viables sen recibir ningún castigo penal, ao abeiro da lexislación vixente precisamente en materia de aborto. Por iso utilizaremos nestas páxinas a definición de aborto segundo a linguaxe corrente, de modo que a morte provocada dun feto viable tamén será considerada como aborto.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 16:11

😉
A pesar da reforma, como é a lei en España do aborto respecto a outros países europeos? Credes acertada esta reforma? Faríades algunha modificación ao respecto?

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 16:40

A interrupción voluntaria do embarazo en España ou aborto inducido en España regúlase no Título II da Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo.Esta lei despenaliza a práctica da interrupción voluntaria do embarazo durante as primeiras 14 semanas do embarazo. A lei entrou en vigor o 5 de xullo de 2010. Cabe sinalar que a nova lei(é decir, a modificación feita polo PP) introduce importantes cambios respecto de os dereitos do concibido, restricción do aborto eugenésico e en menores de idade e o fin de reproches penais á muller.A maioría dos países europeos se decanta, como ata o momento ha ter España, por un sistema de prazos, que legisla a última semana na que se permite abortar. Só uns poucos países prefiren un sistema de supostos, entre eles, Finlandia, con seis supostos, e onde se esixe ademais a autorización de dous médicos, ou a maioría dos países latinoamericanos e musulmáns de Asia.En Europa destacan a cidade do Vaticano(prohibido sen excepción) e Malta(prohibido e penado por ley). Cabe sinalar nesta dobre cara da mesma moeda Holanda, donde o aborto está permitido durante as 24 primeiras semanas.
Eu creo que esta reforma é pouco acertada xa que considero que non sirve para nado polo feito de que agora mesmo coa globalización se a muller o desexa e ten os medios irá a un país no que si poida facelo ou farao no propio país pero de xeito clandestino e perigoso. A verdade creo que deberíamonos de parecer máis a Holanda, non só neste tema se non en moitos outros, como por exemplo na legalidade do cannabis, xa que estamos sempre na mesma roda, a legalidade dunha cousa non implica que ti a teñas que facer e se non vai cos teus principios éticos ou morales non a fagas pero non impidas aos demáis non facelo.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 16:58

Segundo o que lin, esta reforma coloca a España como un dos países da Unión Europea co aborto máis restrinxido. España situaríase máis preto de Malta, país no cal o aborto castígase mesmo co cárcere, ca doutros máis onde está permitido. No noso caso, a interrupción do embarazo só sería posible en dous casos, nun caso de violación e só nas primeiras 12 semanas ou se existe un risco físico ou psíquico para a muller ata a semana 22.
Para min, isto non está ben xa que, como dixen, a decisión debería estar na muller, que para iso vai concebir o bebé e non en persoas alleas que nin sequera coñecen o seu caso ou as súas condicións. Dende o meu punto de vista, esta reforma lévanos a tempos antigos que deberiamos ter superado fai anos para poder avanzar na sociedade. Eu, persoalmente, imporía unha lei máis aberta que permita unha maior comodidade para a nai como se decantan a maior parte dos países europeos.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 17:15

A lei do aborto (Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo) vixente actualmente en España ten como obxecto garantir os dereitos fundamentais no ámbito da saúde sexual e saúde reprodutiva establecidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS), regular as condicións da interrupción voluntaria do embarazo e establecer as correspondentes obrigas dos poderes públicos. Devandita lei entrou en vigor o 5 de xullo de 2010.
No seus artigos 13 e 14, concrétase a despenalización da práctica do aborto inducido durante as primeiras 14 semanas do embarazo. Durante este tempo, a muller poderá tomar unha decisión libre e informada sobre a interrupción do seu embarazo, o que implica que non haberá intervención de terceiras persoas na decisión.
No seu artigo 15 sinala que o prazo de posibilidade de interrupción voluntaria do embarazo aumenta ata a semana 22 só en casos de «graves riscos para a vida ou a saúde da nai ou o feto». A partir da semana 22, só poderá interromperse o embarazo en dous supostos: que «se detecten anomalías no feto incompatibles coa vida» ou que «se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave e incurable no momento do diagnóstico e así confírmeo un comité clínico».
A lei do aborto é moi variable nos diferentes países europeos. Así pois, o aborto é ilegal en todos os supostos en países como Malta, Andorra ou El Vaticano. En Portugal, por exemplo, abortar está permitido durante as 10 primeiras semanas de xestación e en Italia durante os primeiros 90 días. Outros países como poden ser Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Grecia ou Hungría optan por unha lei que permite o aborto durante as 12 primeiras semanas. Algo máis permisivos son os suecos (durante as 18 primeiras semanas) e os holandeses (durante as 22 primeiras semanas). Doutra banda, hai países europeos que prefiren unha lei de supostos e non de prazos, como o Reino Unido, Irlanda ou Finlandia.
Comparando e contrastando, a actual lei do aborto que temos en España paréceme correcta, polo que non faría ningunha modificación ao respecto se da miña man estivese (e se fixese algunha, sería mínima), e polo que tampouco vexo acertada a reforma que queren facer sobre ela.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 17:38

Con respecto a lei que temos en España, tal como esta, esta ben, as mulleres poden decidir, e eu penso que nadie ten problemas con eso. Ela ten una relación sexual sexa querendo, ou non(violacion ou calquer caso parecido), e acaba embarazada. No primeiro caso, seria dificil que pasase, xa que usando precaucións e moi dificil, pero poñamos por caso que a precaución falla, si se e xove, ese bebe en principio non seria bo para nadie, para a muller, igual non pode facerse cargo del, ou igual lle e mais dificil atopar traballo por ese motivo, penso que moi poucos bos hai. E no segundo caso, o fillo e completamente razonable que non se queira, tense por obligación de outra persoa, non pola muller. Nos dous casos se pode abortar perfectamente actualmente, e ahi se acaba a historia.
Pero ca nova lei esto non será así, si pasa algo como o segundo caso, si, podrase abortar, pero si pasa algo como o primeiro, que a precaución falla, visto o visto, non se podrá abortar.
Polo que na miña opinion, eu penso que a lei esta ben tal como esta, e non a modificaría.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 20:12

En España, o aborto está regulado pola Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, aprobada por 184 votos a favor, 158 en contra e unha abstención, entrando en vigor o 5 de xullo de 2010. Trátase dunha lei de prazos, como a existente na maioría dos países europeos, o que significa que especifica a última semana na que se lle está permitido abortar á muller.
Esta lexislación permítelle á muller interromper o seu embarazo nas 14 primeiras semanas, esixíndose unicamente que fora informada "sobre os dereitos, prestacións e axudas públicas de apoio á maternidade" e que transcorrese, polo menos, un prazo de tres días entre a recepción de dita información e a realización da intervención.
Excepcionalmente, poderá interromperse o embarazo por causas médicas, sempre e cando non se superen as 22 semanas de xestación, cando exista grave risco para a vida ou a saúde da embarazada, cando exista risco de graves anomalías no feto ou cando se detecten anomalías fetais incompatibles coa vida ou unha enfermidade extremadamente grave e incurable.
Ademais, establece que a decisión de abortar é da muller a partir de los 16 e só obriga a informar dela a un dos representantes legais da menor, pai ou nai, excepto nos casos que dita situación poida provocar "un conflito grave", perigo de "violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións, malos tratos" ou se produza unha "situación de desarraigo ou desamparo".
Ao meu parecer, trátase dunha lei bastante acertada, pero opino que se deberían incluir supostos en relación á saúde da muller embarazada (e non só do feto), nos que se permitise o aborto superadas as 14 semanas de xestación, xa que poden darse casos nos que non exista risco para o feto, pero sí para muller.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 20:21

Evidentemente que cambiaría as leis referetes ao aborto. É certo que non está tan restrinxido que noutros países, pero sigue sendo anormal que a decisión de abortar ou non, sexa doutras persoas ou leis. Cadaquen é libre de escoller que facer co seu corpo, é moi simple. Ninguén ten dereito a dicirlle a unha persoa que facer consigo mesma, cando como dixo Iago, as persoas alleas e esas "leis", que para min son unha violación de dereitos, non saben as condicións nin ás causas nas que está a muller nin nas que se produciu o embarazo.
A Igrexa é a primeira en poñerse en contra e sin embargo tamén está en contra dos métodos anticonceptivos, polo tanto chego a conclusión de que a Igrexa do século XXI aínda vive nos tempos de hai 40 anos. O peor, como dixen no anterior comentario, é que os partidos con ideoloxías de dereitas son sumisos ante o que a Igrexa di, cando repito, un país moderno ten que ser laico.
E como dixo Manuel, se iso vai contra a ética e moral dunha persoa, que non o faga pero que non obligue aos demáis a non facelo. O goberno sabe perfectamente que por moito que o prohiban, hai diferentes medios para producir o aborto, polo tanto non fan nada non permitindoo.
Non só é necesaria unha modificación na lei do aborto, senon en diferentes prohibicións sin sentido.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 20:37

A lei de aborto que temos actualmente, é unha das máis estrictas de toda Europa. A nova norma limita moitas cousas que noutros países é inimaxinable, polo tanto isto sitúa a España entre os países menos permisivos de Europa. Aínda así, a norma é ainda máis estricta nalgúns países como en Malta ou no Vaticano, onde o aborto é ilegal en todas as condicións e incluso é penado entre 18 meses ata 3 anos de prisión. Logo atopamos a outros países, como Alemaña, Bélxica, Bulgaria ... onde o aborto está permitido durante as primeiras 12 semanas de xestación e finalmente atopamos a Holanda onde o aborto está permitido as primeiras 24 semanas de xestación, superando ao resto dos países. Por outro lado, noutros países de Europa, en cambio, optaron por deixar de un lado aos prazos e centrarse noutros aspectos. Por exemplo, en Irlanda entrou fai pouco unha lei que a nai, se corre perigo, pode abortar incluso superadas as 24 semanas de xestación.
Dende o meu punto de vista, non considero acertada esta nova lei, e considero que deberíamos ter unha lei coma a de algúns países de Europa, deixando a un lado , en certa medida, os prazos e centrándonos algo máis na situación persoal de cada persoa.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 23, 2015, 20:54

A lei do aborto (Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo) vixente actualmente no noso país regula as condicións da interrupción voluntaria do embarazo. Esta lei entrou en vigor en xullo do 2010. Esta dicta nos seus artigos que mentres a muller se encontre nun período concreto do embarazo (as primeiras 14 semanas) esta poderá abortar legalmente. Así a muller poderá tomar unha decisión sobre que facer co seu embarazo, deixar que siga adiante ou interrumpilo, de forma libre, sen que terceiras persoas modifiquen esta decisión.
No artigo 15 sinala que en caso dun risco para a vida da nai ou do feto poderase abortar pasadas estas 14 semanas das que falei anteriormente.
Na miña opinión a lei actual vixente é correcta, aínda que cambiaría o período de 14 semanas por algunhas máis, como noutros países europeos, como por exemplo Holanda. Por isto estou en contra totalmente do cambio da lei por parte do goberno, xa que non deberían poder decidir o futuro de moitas rapazas e mulleres.
Así mesmo penso que noutros lugares da UE como Malta, Andorra ou El Vaticano, non deberían prohibir o aborto e considerar este como ilegal, xa que esto fai que se produzan máis abortos clandestinos e polo tanto se poña en risco a vida de moitas persoas, e por isto penso que o cambio de lei no noso país faría aumentar os abortos clandestinos e perigosos, e polo tanto considero esta lei como un atraso na mentalidade da sociedade que se rixe polas creenzas da relixión cando o goberno debería ser completamente ateo.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.129 segundos.

Os comentarios están pechados.