Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 17:15

A ética científico-sanitaria volve a estar presente na sociedade española ao modificarse a lei do aborto polo PP este pasado mércores 15 de abril, con 192 votos a favor. Esta modificación consistirá en que agora, todas as menores de 16 anos que queiran abortar, necesitarán o consentimento dos seus pais. O PP defende esta reforma argumentando a través da súa deputada Marta González que esta reforma está feita co afán de corrixir ``a aberración de que as menores aborten sen a autorización, consello, opinión e apoio dos proxenitores´´, mentres que diferentes partidos de esquerda, na oposición, sinalan que isto levará ao aborto clandestino e inseguro porque calquera moza pode acceder aos fármacos que provocan o aborto con hemorraxias.

Argumentos máis universais a favor do aborto é o dereito á liberdade sobre o corpo mentres que os seus detractores contrargumentan que o aborto é inhumano porque viola o dereito a vida que posúe cada ser humano.

Como se realiza o aborto? Sufre o feto durante o proceso ou non?
Debe considerarse a un feto como un ser vivo?

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 17:34

O aborto é un tema co que saco conclusións tanto en contra, coma a favor.
Hai diversas maneiras de relizar un aborto, tanto químicas, inxectando algunha sustancia que envene o ser que está en proceso de formación, o simplemente cunha extracción, que se realiza con diferentes técnicas. Coñezo información de todo tipo de cando é ser vivo ou non neste proceso, e sigo coa duda. Realmente non sei se o feto sofre.
Por un lado, a persoa ten dereito a realizar o aborto se o desexa, elas teñen o dereito de facer o que queres co seu corpo. Pero é un proceso que ten as súas consecuencias.
Por outro lado, dende o meu punto de vista saltan grandes argumentos en contra disto. Principalmente, o embarazo, por sorte, pódese evitar cun gran abanico de anticonceptivos, sen recurrir á píldora do día despois. A xente debería estar concienciada diso. Despois, eu on entro no terreo de cando é ou non é un ser vivo, pero tal ser que vai a nacer ten o dereito á vida coma calquera outro.
É un tema moi conflictivo no que non sabería estar ou a favor ou en contra.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 18:44

Na miña opinión, ninguén pode mandar no corpo de nadie. É un dereito que a muller ou rapaza que esté embarazada decida se quere abortar ou non. Todo o mundo tería que ter dereito a decidir no seu propio corpo, sen que ninguén poña unha lei que o impida.
Acaso unha rapaza, si é violada, por que ten a obrigación de dar vida a un ser que ela non desexou? E se o embarazo é perigoso para á rapaza puidendo producirlle ata á morte, por que ten a obrigación de ter a ese ser? É lóxico que unha muller se teña que desplazar a outros países onde si é legal e asi disfrutar dun dereito que debería ter? Ademáis, o Estado sabe perfectamente que existen clínicas abortistas clandestinas nas que poñen en risco a saúde da muller, é iso o que o Goberno quere? Aprobando o aborto, equipararíamonos a países modernos, acabarían cerrando as clínicas clandestinas e a muller por fin podría gozar do seu dereito.
Creo que algúns partidos políticos se deixan someter á moral cristiana, cando nos tempos modernos de hoxe en día, un país tería que ser laico, sen atender a impresións anticuadas do Cristianismo que tantas cousas prohiben.
Tamén é certo que cadaquen ten que ser responsable dos seus actos.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 19:02

O aborto é toda interrupción e finalización prematura do embarazo, xa sexa natural, accidental ou voluntariamente (IVE, interrupción voluntaria do embarazo). Este último tipo de aborto é unha práctica moi habitual realizada dende hai milenios.
O primeiro dos dereitos humanos é o dereito á vida, segundo o cal todo ser humano debe ser protexido e respetado dende o momento en que científicamente comeza a vida. O problema é determinar o momento xusto e preciso no cal se pode falar de ser humano ou de vida, o que inevitablemente leva a debate e controversia. Hai xente que di que non pode considerarse como ser humano a un conxunto de células que non teñen a capacidade de pensar nin de sentir, mentres que hai outros puntos de vista que afirman que dende o momento en que un óvulo e un espermatozoide se unen, é dicir, no instante da fecundación, xa hai vida humana. O feto en si é un vertebrado vivíparo en desenvolvemento, o cal transcorre dende o momento en que se completou a etapa embrionaria ata antes de que se produza o nacemento deste, converténdose así nun recén nacido. Ademais, gustaríame destacar que durante a vida fetal non se forman órganos ou tecidos novos, senón que se produce a maduración dos xa existentes. Baixo o meu punto de vista e con esta información, creo que o feto non é todavía un ser vivo, senón que como xa dixen, un vertebrado en desenvolvemento, en potencia, pero non un ser humano en e por si mesmo.
Considero que este é un tema moi complicado xa que hai moitos puntos a ter en conta. Non se trata só de se o aborto é ético e moral ou non... que ocorre se os métodos anticonceptivos fallan? Ou máis alá, que ocorre se o embarazo pode chegar a poñer en perigo a saúde da propia muller? Ou se esta é violada? Penso tamén, que unha muller non aborta porque si, porque lle apeteza. Non creo (ou non quero crer) que sexa algo pensado dun día para outro, senón moi meditado e reflexionado. Tamén é certo que hai xente moi irresponsable que non se da conta da importancia do asunto ata o momento no que se ve na situación. Pero cada un ten que ser consecuente cos seus actos. Aínda así, eu estou a favor do aborto e a favor de poder elixir o que cada muller quere facer co seu corpo, sempre e cando ser responsable e coñecer todo o que o proceso conleva sexa o fundamental.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 19:16

Na miña opinión, como persoa que o pode sufrir, creo que o aborto ten que ser unha decisión de cada muller non que un grupo, de maioría masculina, decida por nos se temos que dar a vida aún meniño/a, que pode ser froito dunha violación ou poñer en risco a nosa saúde, xa ese tipo de embarazos poden ser traumáticos para a muller. Tamén estan os casos que aínda que o meniño/a sexa desexado, podenlle diagnosticar unha enfermidade dexenerativa ou unha parálisis e ti como persoa poder ter a opción de abortar a eso meniño xa que tampouco iba a disfrutar de esa vida, esa opción o noso goberno nin sequera a plantexa e si das vida a ese meniño e intentas que se investige a súa enfermidade dinche que é moi cara a súa investigación, asi que entón eles deixanos morrer en vida e fannos sufrir máis a nós.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 19:47

Eu estou a favor da ley do aborto pero o argumento de se unha muller é violada como moitos dos meus compañeiros están plantexando aquí non me perece sólido, xa que os embarazos orixinados a partir dunha violación son extremadamente raros por varias causas. Unha, por exemplo, é que entre os violadores existe unha alta taxa de disfunción sexual. Tamén cabe sinalar que a víctima pode ser esteril(raro) ou que pola contra, e si moi común, pode estar tomando anticonceptivos, ter DIU, ligadura de trompas, etc. Aínda así estou completamente de acordo que se esta situación se chega a producir o aborto tería que estar permitido.
A partir da miña posición a favor desta ley, sinalo que o aborto debe ser legal porque cada muller ten o dereito a decidir sobre o seu corpo, todo rapaz debe de ser desexado e así reduciríanse os abortos clandestinos. Respecto a si un feto é un ser vivo ou non, en palabras técnicas pois si que é un ser vivo, pero aínda así creo que non é comparable o rango de vida dun feto co dunha persoa xa neste mundo e cunhas capacidades mentais plenas, as cales lles permitan elixir e tomar a decisión de se desexa abortar ou non.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 20:01

Como ben opinan algúns dos meus compañeiros, creo que a decisión de abortar é algo que exclusivamente a muller debe decidir, pois é ela a dona do seu corpo. Opino que sempre que sexa con claras evidencias un embarazo non desexado ou que o feto poida vir con malformacións, e aínda hai pouco tempo de xestación, a muller podedecidir. Por este mismo motivo, sobre todo nas menores, non veño que teña que ser unha ogrigatoriedade que a autorización a teñan que dar os pais da menor, pois, por razóns ideolóxicas ou éticas, moitas familias prefiren que a súa filla non aborte aínda que sexa claramente un embarazo non desexado.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 20:10

A mediciña entende por aborto toda expulsión do feto, natural ou provocada, no período non viable da súa vida intrauterino, é dicir, cando non ten ningunha posibilidade de sobrevivir. Eu opino que cada muller ten dereito a decidir sobre o seu corpo, e un puñado de mentes pechadas non poden decretar que xa non teñen ese dereito. O aborto non é unha cousa que tomar á lixeira, non é unha decisión fácil e a solución non é prohibilo; senón fomentar a educación sexual, o uso de métodos anticonceptivos e facer responsable á xente. Pero hai casos e casos: se unha muller é violada e queda embarazada, non pode verse obrigada a ter o fillo baixo esas circunstancias ou se se detecta que o fillo que estás esperando ten algún tipo de enfermidade ou malformación que fará que o teu fillo se pase toda a vida postrado nunha cama, non creo que sexa xusto que a nai non teña ningunha opción.
O aborto non é unha cousa boa, pero tampouco é bo prohibilo. Por iso, opino que non é democrático que a intolerancia duns poucos limite o dereito de TODAS.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 20:23

Dende o meu punto de vista, o aborto debería estar permitido xa que ninguén pode mandar sobre o corpo doutra persoa. Ademais, non todos os casos á hora de abortar son iguais e non vexo ben que unha muller que teña problemas co feto estea obrigada a ter o neno poñendo en risco o seu corpo ou o do rapaz. Por outra banda existen diferentes medios para realizar o aborto polo que teño entendido e o único que se vai conseguir con esta medida é que estes métodos se apliquen ou utilicen de forma clandestina e nunhas condicións precarias que empeoren a saúde da muller.
Por último, considerar a un feto un ser vivo ou non, é un tema moi delicado no que existen moitas e diversas opinións. Eu, sinceramente non sería quen de poñerme dun bando ou doutro, pero si creo que chegado a un certo número de meses (7 ou 8) o aborto é extremadamente delicado aínda que a muller tería dereito a levalo a cabo igualmente xa que é a súa decisión. Ademais, esta medida atópoa un tanto anticuada, máis ben propia dunha sociedade relixiosa e non propia dunha sociedade aberta que supostamente temos hoxe en día.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 21:15

Existen dous tipos de aborto:

- O aborto químico. Este tipo de aborto consiste nunha toma única dun medicamento, chamado "Pílula Abortiva RU-486.
Só pódese utilizar este método durante as primeiras 7 semanas de embarazo. Non implica ningún tipo de cirurxía, pero está limitado a embarazos temperáns.

- O aborto quirúrxico. Hai tres tipos de aborto quirúrxico:

1.Aborto cirúrxico ata as 12-15 semanas de embarazo. Utilízase anestesia local ou xeral e lévase a cabo a través da vaxina en cuestión de minutos.

2.Aborto dende as 16 ata as 19 semanas de embarazo. Practícase con anestesia xeral. Chámaselle "aborto por dilatación e evacuación" e consiste en realizar a dilatación do colo do útero e despois extraer o contido do útero.

3.Aborto dende as 19 ata as 22 semanas de embarazo:
Practícase con anestesia xeral. Chámaselle "aborto por indución" e consiste en dilatar o colo do útero con medicamentos ata que se produce o aborto.

O feto humano non sufre ata a 24-25 semana de xestación, este período coincide tamén co tempo de xetación no que un feto pasa a ser considerado un ser humano.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.128 segundos.

Os comentarios están pechados.