Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 7 8 9 [10] 11
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
faa-daniel-
baulo
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 19:44

Antes, moitas mulleres tiñan fillos antes dos 20 anos, e non era raro, e estaban obriagadas a criar ó seu fillo. Na actualidade isto non é así. Se unha adolescente non desexa ter fillos porque nesa etapa da súa vida está estudando ou non ten recursos económicos eu creo que debería abortar. A opinión que proporcionen os pais depende da súa mentalidade ou relixión, pero non ten que ser máis que iso, unha opinión, a decisión ten que tomala ela.

faa-nereae-
iras
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 19:59

O desexo de abortar ou non estará sempre en mans da rapaza non nos seus pais, xa que será ela a que acarreará as consecuencias decida telo ou non. Se ela está disposta a telo, ninguén lle pode sacar ese dereito e,pola contra, se ela non o quere ter e desexa abortar non debería estar impedido polos seus pais e moito menos por unha lei.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 20:13

A decisión recae única e exclusivamente na rapaza embarazada. Como xa dixen, unha rapaza con 16 anos de familia conservadora, non lle vai ser permitido abortar se llo consulta aos seus pais. É certo que aos pais debemoslle contar algunhas inquedanzas e pedir consello, pero temos que saber ben que tipo de ideoloxía ten a nosa familia.
Por outro lado, unha rapaza de 16 anos segue sendo unha adolescente e ter un bebé romperíalle esa etapa. Ás nosas idades non temos a cabeza suficiente como para facernos cargo de algo que esixe moitísima responsabilidade.
A última palabra tena que dar a rapaza.

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 20:22

Na miña opinión unha rapaza de 16 anos xa é o suficiente madura para saber o que é bo para ela e se é boa idea ter un fillo a esa idade. Os pais non deberían a obligala a tomar a decisión que eles queiran xa que é a súa vida pero o que deberían os pais e aconsellala e mostralle que se ten un fillo terá que facerse cargo del alimentalo e coidalo, é dicir, as responsibilidades que ten unha nai, agora ben se ela acepta esta responsabilidade non pode haber ningunha prohibición para ter o bebé.

fab-tatian-
ameis
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 21:03

Na miña opinión unha rapaza de 16 anos, xa é o suficientemente madura como para saber as consecuencias que tería abortar, a vez que as cousas boas.

Consultalo cos pais pode ser unha boa medida, xa que os pais estarían enterados e poderían axudala a tomar unha decisión máis correcta e estarían con ela durante todo o proceso, sen embargo, volvendo a miña primeira idea, unha rapaza de 16 anos que ten que abortar é o suficientemente madura como para buscar os medios para abortar e tamen investigar sobre os pros e contras de esta medida.

Pola outra banda, non ter que consultalo cos pais tamen é unha boa proposta, que na miña opinión tería que ser a elixida. Xa que, unha rapaza é libre tanto para dicirllo os seus pais como para non llo dicir. E, tendo en conta esta medida, contarllo sería decisión das rapazas.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 22:23

Penso que unha rapaza de 16 anos é o suficientemente madura como para tomar unha decisión por si mesma, claramente isto non quita que non poida consultarllo os pais, aínda que estes poderían influír na súa decisión. Imaxinemonos que a súa familia sexa moi relixiosa, nese caso non a deixarían abortar inda que ela o quixese e por iso considero que a última palabra sempre ha de ser a da rapaza mesma. Xa que no caso de ter un fillo, sería ela quen tería responsabilidades sobre el e ademais tería que deixar de ser unha adolescente para comezar a ser nai e polo tanto unha etapa da súa vida pasaría demasiado rápido. Se ademais ten plans de ir a universidade, viaxar, etc, un fillo rompería con eles. E é por isto xustamente polo que as rapazas deberían ter a opción de abortar sen consultar aos seus pais, tomando só elas a decisión, pois afectaralle directamente.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 23:34

Eu opino que se unha rapaza de 16 ou 17 anos é suficientemente madura e responsable para manter relacións sexuais, entón éo tamén para abortar, independientemente do consentimento dos seus pais. Creo que os pais teñen dereito a opinar, pero só a iso: a opinar. A verdadeira decisión tena que tomar a rapaza. Como xa mencionei, unha rapaza é responsable tanto á hora de manter relacións sexuais como á hora de abortar, pero hai casos e casos e as persoas a miúdo non son o suficientemente conscientes, por iso a solución para reducir o número de abortos é fomentando a educación sexual e os métodos anticonceptivos, non prohibindo o aborto.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 30, 2015, 00:17

Se unha rapaza de 16 anos se encontrase nesa situción, pois, e lóxico que llo debería de comentar aos seus pais que polo momento teñen a resposabilidade da súa filla ata os 18 anos. Agora sí, na miña opinión esta claro que yo debería de comentar, pero a decisión debe tómala a embarazada e os pais deberían aconsellala o mellor posible, dándolle o pros e contras que pode ter ou non ter un fillo a esa idade tan temperá. Porque penso tamén que ter un fillo a esa idade é un pouco precipitado, pero repito, a decisión debea tomar a embarazada.

fab-rociov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 30, 2015, 12:15

Na miña opinión penso que unha rapaza de 16 anos si que ten que estar obrigada a consultar aos seus pais o desexo de abortar, xa que con 16 anos aínda ten que depender deles. Tamén, a opinión da rapaza ten que ver moito en conta, xa que ten que valorar varios factores, como por exemplo: ver si está preparada para ter un fillo tan xoven, si o fillo non vai pasar necesidades,...Xa que con 16 anos, creo que é unha idade moi difícil e máis para ter que ter a responsabilidade de ser nai.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 30, 2015, 15:58

Na miña opinión mentres non sexas maior de 16 anos deberíase consultar cos pais. Oxe en día algúns mozos e mozas comezan antes desas idades a manter relacións... Nesas mentes inocentes ao mellor non saben os riscos que podería conlevar quedar embarazadas con esas idades, por iso creo que aínda que hai bastante información sobre os métodos anticonceptivos, debería haber un pouco máis.

Oxe en día que unha rapaza quede embarazada, cos métodos anticonceptivos que se coñecen, no é moi normal que ocorra. Como vemos nas nosas propias familias os nosos avós e mesmo pais teñen bastantes irmáns xa que fai anos non se coñecen todos os métodos anticonceptivos que coñecemos oxe en día.

Páginas: First << 7 8 9 [10] 11
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.122 segundos.

Os comentarios están pechados.