Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 10:57

O Partido Popular introduciu recentemete, en concreto o pasado 14 de abril a nova reforma da lei do aborto cunha pequena modificación, que as mulleres entre 16 e 17 anos deban ter o permiso dun dos proxenitores para abortar.
Esta reforma limita moitisimo as opcións para abortar, volvendo atrás na lei.
Eu por min esta reforma cancelariaa, e deixaria tal como esta, xa que esta ben a actual.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 11:10

Eu estou a favor do aborto e que se debe modificar a ley pero non facendo un referendum porque suponse que se votas a un partido político é para que tome ese tipo de decisións e se nos poñemos a facer referendums ao final a utilidade dos distintos partidos é nula. Claro que é imposible estar totalmente de acordo con todos os ideais dun partido político pero todos pensamos diferente nalgo e non por iso vamos facer un partido político cada un e polo tanto non vamos facer un referendum por cada cuestión problemática que poda aparecer. é máis, penso que se non se fixo referendum para a independencia de Cataluña(que ao meu parecer é un tema máis importante e serio)non se debe de facer referendum para o aborto.
Referido a ley, creo que se queremos progresar e avanzar hai que empezar a facer cousas de países avanzados, xa que con esta ley estamos retrocedendo e volvendo aos tempos dos nosos avós. Cabe señalar que, aínda así, no marco mundial temos unha ley bastante permisiva.

http://es.wikipedia.org/wiki/Legislaci%C3%B3n_sobre_la_pr%C3%A1ctica_del_aborto_en_el_mundo
(Véase a foto da situación xurídica do aborto no mundo, a primeira)

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 11:23

O pasado martes 16 de abril, aprobouse no Congreso dos Diputados a tramitación da modificación da Lei do aborto. Esta nova lei impide as mulleres de 16 y 17 anos o consentimento obligatorio de ambos proxenitores para poder acceder a un aborto en calquera dos supostos legais. Esta decisión foi tema de discusión antes e despois de ser levada a cabo. Dende o meu punto de vista, esta é unha volta cara o pasado en certa parte, ademáis podese estar poñendo en perigo a situación de estas rapazas, posto que comunicar esta situación aos seus proxenitores pode dar lugar a casos de conflitos graves ou desamparos.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 11:26

O Congreso aprobou coa maioría do PP a reforma do aborto no 2015. Esta recolle que a lei planteada por este partido político impide que as menores de 16 e 17 anos poidan abortar sen consentimento paterno.
Na miña opinión esta lei está totalmente en contra da liberdde da que dispoñían anteriormente as mulleres. A compricada decisión de "si" ou "non" é propia da persoa que a vai tomar e sufrir, no momento e durante os anos posteriores, xa que como está demostrado, isto provoca efectos secundarios, moi importantes a nivel psicolóxico.
Con esta reforma a sociedade vólvese retrógrada, xa que deixa de poder tomarse o aborto coma un dereito fundamental, e con esta aprobación, produciríanse un importante número de forma clandestina.

Varios colectivos feministas acusaron tamén a Rajoy de usar as mulleres como arma electoral. «As ocorrencias que teñen os protagonistas desta historia dirímense nos medios de comunicación antes que na negociación coa sociedade civil ou con ningún outro axente», criticou a presidenta da Fundación Mulleres.
Sen embargo, a última noticia recibida do ministro de Sanidade español recolle a súa afirmación sobre a posibilidade de enmiendas para modificar a lei.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 12:26

Eu sigo creendo que esta reforma é un abuso xa que as menores de idade tendrían que pedir unha especie de permiso aos seus proxenitores, e os proxenitores non son os teñen ese meniño, entón a decisión ten que ser totalmente da muller xa que se non se lle permite un aborto legal , a muller se non quere ter ese fillo por calquera causa persoal verase obrigada a ter que abortar de forma clandestina poñendo así a súa vida en peligro e isto non sería ético.

faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 16:00

O pasado 16 de abril, aprobouse a modificación da Lei de Aborto no Congreso dos Diputados. Esta reforma impide as mulleres menores de 16 e 17 anos o aborto sen consentimento paterno. Na miña opinión esta reforma non é correcta xa que considero que a persoa que debe decidir se abortar ou non ten que ser a muller que está embarazada, non os seus pais, aínda que esta sexa menor de idade. Por que a persoa que vai a coidar e educar o meniño é a súa nai, non os seus pais, aínda que estes as veces cumpran un papel moi importante na vida dos seus netos, pero aínda así considero que debe ser a persoa embarazada a que decida.
Está claro que poñerse de acordo é moi complicado, pero penso que os políticos deberían escoitar un pouco máis o que o pobo di, xa que ao fin son quen os van votar,e ademais, son maioría.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 16:26

😉
Para rematar, volvemos a darlle volta á chave deste foro que é se unha moza de 16 anos debe estar obrigada a consultar aos seus pais o desexo de abortar. Pros e contras.

faa-xacobo-
pineiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 16:40

Non creo que unha moza de 16 anos deba consultar cos seus pais o desexo de abortar xa que nalguns casos, os pais, poden estar en contra, ainda que a filla non desexe ter un neno, e polo tanto, obligala a ter un bebe non desexado, o que lle acarrexará problemas para toda a vida.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 16:52

Os pais son as persoas que máis nos queren neste mundo, polo tanto debemos consultarlle tódolos nosos problemas pese a posibilidade de poder ser abroncados. Eso sí, a decisión non é dos pais, senón da nena embarazada.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 29, 2015, 18:18

Una rapaza de 16 anos, o mais seguro e que ainda non teña relacións, e que si as ten, inda as empezou fai pouco, isto pode facer que non se sepa usar ben alguns dos metodos para previr embarazos, sexan preservativos ou o que sexa.
Fai anos, 20-30, non era nada raro que una muller tuvera fillos con 17-18 anos, quizas querendo, quizas sin querer, quizais a muller estaría mellor si pudese abortar no seu momento, ou quizáis abortar sería una decisión moi mala para o seu futuro, cada caso é un mundo. Polo que una nai, cando a filla de 16 anos lle di que tuvo relacións e que esta embarazada, seguramente gritaralle, diralle que inda e moi nova para facer esas cousas, pero despois, seguramente diralle conforme ela o vexa. Si ela tamen tuvo una filla sendo moza, e lle foi ben, diralle a filla que siga adiante, inda que ela non queira, e si e o contrario, diralle o contrario. Pero a pesar disto, toda a decisión debe recair na muller, que os pais solo recomenden.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.088 segundos.

Os comentarios están pechados.