Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
fab-luciam-
eis
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 11:40

Na miña opinión nos deberíamos ser libres de poder elexir e xa que cometemos o erro de manter relación sexuais sen protección como mínimo deberían deixarnos enmendar ese erro. Ter un neno con menos de 16 anos é quitarlle infancia a unha nena, a vida non sería fácil para ningún dos dous xa que a nai non sabe coidar de si mesma para poder coidar dun neno.Moitos pais deixan as suas fillas de lado por cometer esos erros.
Respecto o do aborto clandestino creo que é verdade, moitas recurrirán a casos extremos antes de contarllelo os seus pais

fab-nereab-
etanzos
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 11:47

Provocar o aborto pode ser de diferentes métodos dependendo da persoa e a idade do feto ,algúns dos métodos son :aspiración, legrado, histerotomía ("minicesárea"), inducción de contraccións e inxección intraamniótica.
O feto si sufre a partir do primeiro trimestre de embarazo,ten sentido de supervivencia e sinte dor sea cal sea o tipo de aborto que se vaya a practicar, químico ou quirúrxico.Digamos que o feto comeza a ser un ser vivo nesa fase do embarazo,a partir do primer trimeste,cando empeza a sentir.Eu si estou de acordo co aborto porque non se debe ter algo que non se desexa, a larga será peor para a criatura.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 15:00

Na miña opinión a decisión de abortar ou non ten que ser tomada pola persoa.Normalmente a eleción de aborto é levada a cabo por persoas violadas ou aquelas que non tomaron precaución.Na maioria dos cosas roladan a idade apartir dos catorce.Temos que ter en conta que a esa idade destrozas a vida da rapaza,xa que non poderá disfrutar da sua adolescencia.

fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 16:10

O aborto é a interrupción e finalización prematura do embarazo. Nun sentido máis amplo, pode referirse ao fracaso por interrupción de calquera proceso ou actividade.
Na miña opinión a decisión de abortar ou non abortar é da propia persoa que está embarazada, de ningúen máis que non sexa ela xa que estamos a falar do seu propio corpo e cada quén fai o que queira consigo mesmo. Por suposto, sempre se pode buscar axuda en familiares, amigos ou algún especialista para buscar opinións ou mesmo informarse sobre o aborto.
Eu, pola miña parte, estou a favor do aborto posto que se unha rapaza queda embarazada aos 16 anos estáselle obrigando a coidar e criar a un bebé que posiblemente non queira ter, xa que ós 16 estamos en plena adolescencia, unha idade para pasalo ben e disfrutar da vida, non de coidar un meniño.

faa-martin-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 16:23

Tódo-los días vivimos pendentes de moitos proxectos...Que estudarei?,acadarei a nota suficiente para estudar a miña carreira desexada?, atoparei a unha persona con quen compartir a vida?, formarei unha familia?.Igual que existe o dereito á vida, existe o dereito ó futuro.
O que fai unha muller ó abortar voluntariamente non é tirar polo chan os seus dereitos, é "tirar" literalmente un ser humano e un futuro.
É contradictorio dicir que non se respeta á muller cando decide abortar, porque o ser que ten dentro é ou esta destinado a ser tamén unha muller ou un home.
Persoalmente cóstame moito opinar sobre este tema, xa que gran parte da sociedade está concienciada na contra da miña postura, e é verdade que existen casos múltiples nos que se considera moi xusto o aborto por parte dela, mais estou convencido de que esto non o digo baixo a condición de home, senón baixo a de persoa, e con isto o digo todo, persoa.

faa-alexfe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 16:55

Na miña opinión o aborto tería que ser decisión dos pais e non doutra persoa xa que nade deviría mandar sobre o teu corpo e, respecto a xente que di que abortar é "asasinar" ao neno, eu creo que non teñen razón xa que é mellor impedir a formación dunha nova vida que obrigar aos pais a ter un fillo que non porán criar ben ou en boas condicións.

faa-emilio-
lumbres
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 17:35

Enténdese por aborto como a interrupción e finalización prematura do embarazo. Os tipos de aborto poden ser:
-Aborto inducido: é a interrupción activa do desarrollo vital do embrión ou feto ata a semana 22 do embarazo. Pódese tartar dun aborto terapéutico(aborto indirecto) cando realízase dende razóns médicas, ou dun aborto electivo(interrupción voluntaria do embarazo) cando realízase pola propia decisión da muller embarazada
-Aborto espontáneo(aborto natural) é aquel que non é provocado intencionalmente. A causa máis frecuente é a morte fetal, por anomalías conxénitas do feto, maiormente xenéticas. Noutros casos é debido por enfermidades sistemáticas da nai ou enfermidades infecciosas.
Penso que o aborto trae máis desvantaxes que vantaxes, xa polo feito de que o feto é un ser vivo, e non poden quitar o dereito a vivir á criatura que nacerá dentro duns meses, se o caso é que non poden manter ao bebé, hoxe en día, hai diversas axudas que facilitan poder mantelo, e se o caso é dun fillo non deaseado poden levalo a un orfanato . E ademais creo que unha muller despois de abortar non se debe sentir nada ben, física e psiquicamente.

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 18:02

Un aborto é cando o embarazo é finalizado para impedir o nacemento dun bebe .Actualmente hai alguns metodos para facelo.
Nel, toda muller debería poder o decidir si poder abortar ou no, xa que si ela non quere ter un bebe, porque telo?
Seria un fillo que a nai non quere, ou que tería problemas para coidalo, hai moitos motivos para querer abortar. Diñeiro, ganas de telo, idade. Moitisimos motivos. Pero que se decidise nas primeiras semanas, como moito ata os 3 meses, xa que despois podría ser perigoso.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 18:37

Entendese por aborto toda expulsión do feto, natural ou provocada, no período non viable da súa vida intrauterina, é dicir, cando non ten ningunha posibilidade de sobrevivir. Se esa expulsión do feto se realiza nun período viable pero antes do termo do embarazo, denomínase parto prematuro, tanto se o feto sobrevive coma se morre.

O aborto pode ser espontáneo ou provocado. O espontáneo prodúcese ou ben porque xorde a morte intrauterinamente, ou ben porque causas diversas que motivan a expulsión do novo ser ao exterior, onde falece dada a súa falta de capacidade para vivir fóra do ventre da súa nai. Se o aborto é provocado, realízase ou ben matando o fillo no seno materno ou ben forzando artificialmente a súa expulsión para que morra no exterior.

Na miña opinión o aborto é unha decisión que cada muller que queira podería facelo pero sempre dentro duns límites que habría que establecer, coma por exemplo cando o feto pasa a ser bebé. Vexo unha barbaridade que unha nena que é violada non poida decidir se abortar ou non.

Aínda que oxe en día, con todos os anticonceptivos que se coñecen poderíase evitar o embarazo producido por relacións sexuais sen protección.

faa-ritala-
ge
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 19:50

Para a miña opinión, unha muller ten dereito sobre o seu corpo, de maneira que ela e a que ten que tomar a decisión de seguir a diante coa criatura ou non, polo cal , se ese embarazo ven dado por unha violación por exemplo , en este caso non hay que preguntar se pode facerse a intervención , xa que o fruto dunha violación ten que salir da muller para non causarlle dano. Outra razón e para algunas xovenes que non poden crialo ,elas teñen que ter o dereito ao aborto, pero eso si sempre con estes motivos, xa que cada quen ten que ser responsable e saber o que fai.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.134 segundos.

Os comentarios están pechados.