Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Aborto ... si, non ... TEMA CERRADO
faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 21:39

Dende o meu punto de vista a aberración e que intententen prohibir o aborto, cada persoa é libre de elixir, xa que repercutirá notablemente na súa vida e na do futuro bebé non desexado, mais aínda se ten problemas de malformacións. Creo que antes de prohibilo deberían dar mais información a cerca das técnicas para o aborto, de este modo igual concienciarían mais as persoas tanto como no aborto como en utilizar mais métodos anticonceptivos.
Existen diversos tipos de aborto, por envelenamento salino, no que se extrae o liquido amniótico e no seu lugar inxéctase unha disolución salina; por succión, case o 95% dos abortos nos países desenvolvidos realízanse desta forma, despedazase o corpo do feto a través de unha especie de aspiradora, cando o feto xa é demasiado grande para realizar este método pasase a utiliza o de dilatación e curetaxe, no se que se van facendo cortes e extraéndoo ; por cesárea ; mediante prostaglandinas, un fármaco; e finalmente pola pastilla RU-48, emprégase nas pimeiras semanas, eliminan o feto privándoo da hormona da proxesterona.
Aínda que estes métodos parecen moi dolorosos para o feto, as investigacións indican que o feto non sente a dor antes da 24 semanas, proba que as terminacións nerviosas do cerebro dos fetos non están completamente formadas ata que se cumpren os seis meses de xestación, isto tira por terra un dos argumentos que os activistas contrarios ao aborto utilizaron para reducir o límite de interrupción voluntaria do embarazo.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 22:27

Considérase aborto a toda interrupción prematura do embarazo, xa sexa de forma natural ou de foma voluntaria.
Hoxe en día a lei do aborto proposta polo PP prohibe as menores abortar por iniciativa propia e sen permiso ou aceptación dos pais. Na miña opinión é verdade que calquera ten dereito á vida, e polo tanto estaríamoslle a quitar o dereito á vida a ese feto, non obstante, creo que cada un é dono do seu corpo é por iso considero que as menores deberían poder abortar coa súa propia iniciativa e decisión, xa que nadie pode decidir o futuro doutra persoa. Ademais, deixando de lado o fallo de métodos anticonceptivos, que pasaría se ese embarazo supuxese algún problema de saúde para a muller? Non debería ter a caso dereito a elixir a cerca da súa saúde?
Na miña opinión a lei de aborto debe de ser igual para todas as mulleres, sexan da idade que sexan, e non debería modificarse porque uns poucos o consideren profano ou un pecado segundo o cristianismo, xa que como dixen nun principio cada un é libre de facer co seu corpo o que queira, sempre e cando acepte as consecuencias que iso lle traia.

fab-lauraf-
alcon
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 22:37

O aborto provocado pódese practicar de varias maneiras. Algunhas son mediante cirurxía e outras son con medicamentos. O tipo de aborto depende da elección e a saúde da muller, do lugar onde se practique o aborto e a duración do embarazo, que se mide en semanas dende o primeiro día do último período normal da muller. Canto máis avanzado estea o embarazo ao realizar o aborto, máis complexo é o procedemento e maior será o risco.

-Aspiración menstrual
-Aspiración con raspado
-Aborto médico:
Hai catro tipos de aborto médico:
1.Pílulas de mifepristona e de misoprostol
2.Pílulas de mifepristona e misoprostol por vía vaxinal
3.Metotrexato e misoprostol por vía vaxinal
4.Misoprostol vaxinal soamente
Un estudo De Estados Unidos di que un feto empeza a sufrir fisicamente, a sentir a dor, a partir das 22 semanas de xestación, e ese tempo empezase a contar despois do último día dea menstruación.

O embrión é indubidablemente un ser vivo, pero non un ser humano. O embrión non ten sistema nervioso desenvolvido e é insensible como a plantas) Para ser un ser humano non basta ter vida (todo o reino animal e vexetal ten vida), nin sensación (todo o reino animal o ten), senón unha conciencia tipicamente humana, esta require dun cerebro minimamente desenvolvido que supere a dos animales(los fetos desenvolvidos téñeno, os anciáns, os débiles mentais, os discapacitados mentais e son así seres humanos tamén)

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 22:50

O aborto é a interrupción e finalización prematura dun embarazo. Esta interrupción do embarazo pode ser voluntaria (aborto inducido), provocando a morte biolóxica do embrión ou feto mediante combinacións de fármacos ou técnicas quirúrxicas para a súa posterior eliminación, mais a perda dun embrión ou feto tamén pode ocorrer por causas naturais non provocadas intencionadamente (aborto espontáneo).
Ao meu parecer, todas as mulleres debemos ter dereito decidir sobre o noso corpo e a abortar libremente, sen que ningunha lei nin ningunha persoa nolo impida, nin tan sequera os nosos propios pais.
É certo que abortar é unha decisión extremadamente difícil, que non debe ser tomada á lixeira, senón que debe ser profundamente meditada antes de ser levada a cabo e que, baixo o meu punto de vista, só debería efectuarse en casos xustificados ou situacións límites , como poden ser embarazos por violación, malformacións no feto…
Agora ben, a decisión de elixir o aborto como última saída só pode ser tomada pola muller en cuestión, non por unha lei imposta dende un goberno retrógrado. Debe ser ela a que, baixo o seu xuízo , decida e actúe conforme ao que ela considere ético ou moral e segundo a situación na que se encontre, facéndose sempre responsable dos seus propios actos.
Ademais, considero que a prohibición desta práctica non reduciría número de casos de aborto, se non que o que provocaría sería que as mulleres se viran forzadas a abortar en clínicas clandestinas e ilegais, poñendo en risco a súa saúde.
Se o que se pretende é tomar medidas para que diminúa a cifra de casos de aborto, o que debería facerse sería investir na concienciación dos máis xóvenes para eliminar os casos de violacións e proporcionar unha educación sexual de calidade, promovendo o uso de métodos anticonceptivos para reducir o número de casos de embarazos non desexados, facendo diminuír así a cifra de casos de aborto.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 21, 2015, 23:27

Cando falamos de poñer fin a un embarazo por propia decisión, falamos de aborto provocado. Hai diferentes técnicas de abortar, dende a cirurxía ata a inxesta de medicamentos. O tipo de aborto dependerá da elección e a saúde da muller, do lugar onde se practique e da duración do embarazo. Canto máis avanzado este o embarazo, máis complicacións aparecen no procedemento á hora de realizar o aborto, pero é considerado unha técnica con moi pouco risco. O aborto sé se realiza ata as 13 semanas de embarazo, cando o feto aínda non é considerado ser vivo, é dicir, cando non sinte, non percibe e non é consciente do mundo exterior, a partir das 24 ou 25 semanas, xa sí se pode falar de ser vivo.
No meu parecer, considero que o aborto é unha elección libre de cada muller, podendo sopesar as opción que se lle plantexan (dalo en adopción, críalo ou abortar) con total libertade, xa que será ela a responsable do seu futuro, e terá que valorar se podería vivir en boas condicións ou se podería proporcionarlle as súas necesidades.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 11:13

Un aborto é cando o embarazo é finalizado para impedir o nacemento dun neno . Ás veces , iso é chamado " interrupción do embarazo " .O feto é eliminado do útero , ben por tomar comprimidos ( aborto médico ) , o que implica tomar medicamentos para provocar un aborto espontáneo ou por cirurxía ( aborto cirúrxico ) , onde o feto é eliminado do útero . Un feto humano non sufre antes de cumplir as 24 semanas según un estudio científico. Ata entón as conexións cerebrais non están completamente formadas, polo tanto non sente absolutamente nada de dolor.
Dende o meu punto de vista, polo tanto está claro entonces que, si antes de ese tempo de xestación o feto non pode ter percepcións e polo tanto é insensible a dor e tampouco pode ter conciencia, xa que todavía non adiquiriu as estructuras, as conexións e as funcións nerviosas necesarias, biolóxicamente non pode ser considerado un ser humano.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 11:25

Hai temas que son moi relativos, que dependen moito do punto de vista dende o que se miren, das ideas e vivencias de quen os trate. Neste sentido, resulta especialmente difícil abordar un debate sobre o aborto que se centre en definir cando empeza a vida, ou no que cada cal intente formular a súa moral particular como criterio común.
Na miña opinión as mulleres deberían ser elas as que decidiran se queren abortar ou non, mentres e cando non este formado. Dende logo este e un tema moi difícil de tratar.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 11:29

Eu opino que o aborto e algo que todo muller debe decidir, xa que non sempre e esperado un fillo, e igual non se teñen condicions para coidalo ben,e solo crearia problemas a larga. Ademais, eu penso que ata que o feto ten uns meses, non ten de todo vida, el non sabe o que pasa, e non sufriria, polo que eu penso que deberian poder decidir. Actualmente hai 3 tipos de aborto:
O Aborto cirúrxico ata as 12-15 semanas de embarazo. Utilízase anestesia local ou xeral e lévase a cabo a través da vaxina en cuestión de minutos.

O Aborto dende as 16 ata as 19 semanas de embarazo. Practícase con anestesia xeral. Chámaselle "aborto por dilatación e evacuación" e consiste en realizar a dilatación do colo do útero e despois extraer o contido do útero.

O Aborto dende as 19 ata as 22 semanas de embarazo:
Practícase con anestesia xeral. Chámaselle "aborto por indución" e consiste en dilatar o colo do útero con medicamentos ata que se produce o aborto.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 11:30

O aborto non se prevén prohibíndoo, a mellor forma de evitar un aborto, é previr un embarazo que un non desexa, usando anticonceptivos regularmente cando se realice o acto sexual.

O aborto é a interrupción dun embarazo despois da implantación do embrión no útero e antes de que o feto sexa viable ou sexa que poida vivir de xeito independente. A Organización Mundial da Saúde (OMS) fixou a viabilidade do feto nas 22 semanas completas de xestación ou cun feto que pese 500 gramos. Por debaixo deste límite considérase aborto e por sobre este límite considérase parto prematuro.

Hai diferentes tipos de aborto:

O aborto pode ser espontáneo ou inducido. O aborto espontáneo acontece sen ningunha intervención externa e pode ser causado por enfermidades da nai ou defectos xenéticos do embrión.

O aborto inducido é a interrupción dun embarazo mediante unha intervención externa, xa sexa polo uso de medicamentos ou dunha intervención cirúrxica. Pode ser unha situación complexa e difícil xa que hai moitos factores que determinan que unha muller se realice un aborto. Pode ser por razóns persoais, económicas, de parella, de saúde, etc.

O aborto inducido pode ser seguro ou inseguro. O aborto seguro é aquel que é realizado por un profesional capacitado cos medios axeitados e nun ambiente axeitado, o aborto inseguro é o contrario, ou sexa cando o aborto o realiza unha persoa non capacitada e nun ambiente inadecuado.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Aborto ... si, non ...
on: April 22, 2015, 11:31

No ser humano empezamos a falar de feto a partir da semana 8 de embarazo. Antes da etapa fetal o futuro bebé é considerado un embrión: os órganos vanse formando progresivamente. Só falamos de feto cando os órganos que constitúen un ser humano están presentes. Estes órganos continúan crecendo e desenvolvéndose durante o resto do embarazo. Para comprobar que a evolución do feto se realiza normalmente realízanse varias ecografías durante o embarazo.
Non é posible que o embrión ou o feto sinta dor nin pracer durante o primeiro trimestre do embarazo porque non ten actividade neurolóxica, as sensacións non aparecen ata que o sistema nervioso está desenvolvido. Mentres iso sucede, as respostas aos estímulos son involuntarias, reflexos que non significan que haxa dor.

Bioloxicamente non pode pensar, percibir estímulos, producir sensacións ou procesar informacion ata o terceiro trimestre do embarazo.
Os hemisferios cerebrais sincronízanse bilateralmente ata a semana 26 ou 27 aprox. e o tálamo (órgano que permite a transmisión de informacion a través de diferentes partes do cerebro) non funcional se non ata a semana 28.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.06 segundos.

Os comentarios están pechados.