Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 17:06

😯
VOLVO A REPETIR O TEXTO DA PÁXINA 3 DESTE FORO XA QUE NINGUÉN ENTROU NA LIÑA ARGUMENTAL QUE PROPUXEN

Hoxe no xornal aparecía esta noticia sobre o ministro de economía:

"POLÍTICA CIENTÍFICA Presupuestos
De Guindos aboga por sustituir subvenciones en I+D por inversión privada

El ministro de Economía, Luis de Guindos, dice que la inversión en I+D tiene una "deficiencia estructural" al depender de las subvenciones."

Cal é a vosa opinión sobre esta proposta?
REFÍROME A SE PENSADES QUE É REAL QUE A INVESTIGACIÓN NESTE PAÍS A PAGUE A CAPITAL PRIVADO

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 17:12

Neste último ano, no sector da ciencia, deixáronse de investir millóns e millóns de euros que poderían supoñer un enorme impulso ao desenvolvemento da mesma. Este plan de choque de recortes agrava a difícil situación I+D+i e ameaza considerablemente a nosa situación de benestar social, véndose inmerso todo o país e sobre todo as clases sociais máis baixas.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 17:35

A miña opinión sobre os recortes na ciencia é que son necesarios pero non sans, e dicir, un país non pode gastar máis do que ingresa e agora menos pola situación económica que está pasando o país enteiro. É como ben dixo Souto, a investigación non é unha inversión fiable o 100%, polo que non se pode arriesgar o capital desa maneira. E non son sans porque perderíamos en desarrollo intelectual.
Por outra banda prefiro que se recorte, como ben di Toño, en ciencia, educación etc e non en Sanidade e Seguridade. Posto que si se sacan as comodidades de que o estado o pague case todo tanto na educación como na investigación non habería maior problema, agora que si se recorta en Sanidade e Seguridade, si poderemos chegar a un país como o que acorda a miña defunta tataravoa.
En resposta a Víctor, o capital privado vai ser invertido en investigación sempre e cando se obteñan bos resultados, e dicir, se unha empresa apoia unha investigación e desta reciba algo a cambio, pois claro que vai funcionar. Agora sí, esta proposta de Guindos, como el ben sabe solo funcionara con persoas que pagan os seus impostos en España ou empresas que teñas a razón social en España, si non de nada vale

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 17:59

Debido aos recortes promulgados, que o capital privado financie as investigacoóns científicas está sendo máis que unha recorrencia. Na miña opinión, o que quere Luís de Guindos é que o capital de "risco" financie a Investigación. O que non sei é como nos beneficiaremos dos logros desa investigación privada e baixo que intereses.

faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 19:27

Non estou dacordo con que sexa o capital privado o que pague a investigación do noso país, xa que a investigación, é un ben que posúen todos os países e que debería ser considerado como calquera outro ámbito común, ao igual que a medicina e a ensinanza. Polo tanto, creo que debería seguir facéndose cargo o estado da investigación do noso país asi como o fai con outros moitos sectores.

faa-xosema-
rtinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 19:48

Non me parece nada ben que a investigación en España dependa de capital privado, xa que, todos os investigadores e todo o que se está desenvolvendo pasan a depender directamente a empresas privadas. Con isto, estes organismos pasarían a ter unha responsabilidade demasiado grande en moitos aspectos do futuro do noso país.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 20:12

Eu penso que inverter na ciencia, asi como tamén na sanidade e educación, son inversións de futuro moi importantes, das que agora os resultados son imperceptibles, pero que máis adiante lamentarase non habelos feito.
Os paises en proceso de desenvolvemento como China ou Brasil invirten a maioría dos cartos nestes tres sectores, para que nun futuro, os habitantes dese pais gocen dunha formación e saude, que lles permita investigar e facer que o seu país se desenvolva tecnoloxicamente o mais rápido posible.

fab-alekse-
inogueira
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 21:07

Non me parece normal que se recorte en Educación nin en I+D+i, porque é o futuro do país. Se non temos unha boa educación e o estado non subenciona o desenvolvemento que vai ser do noso país?. Xa estamos suficientemente mal como para estar peor no futuro. Unha cousa que non entendo é que o estado se poña a recortar en gastos que para min os dous temas que acabo de tocar anteriormente non son gastos, se non beneficios pero de forma indirecta é que non lle recorte á igrexa ou o faga dunha forma leve. Porque o fai? Non todo o mundo ten as mesmas crenzas e dame rabia que a igrexa reciba cartos e todo tipo de axudas se o único que é , é unha maldita empresa , para min e perdón se ofendo a alguén é a maior multinacional do mundo. Contestando ao que dixeches ti Victor sobre o capital privado, pois non me parece mal que entre capital privado para o desenvolvemento, pero non de maneira total se non que axude ao desenvolvemento ao lado dos fondos públicos.

fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 22:06

A verdade e que paréceme totalmente inxusto que recorten en Educación e Ciencia, xa que suprimindo axudas, becas, subencións... están privando a xente que non pode acceder economicamente á educación e deixando o camiño libre a xente que pode pagarse unha carreira ou outros medios de formación profesional. Entón esta xente accederá a postos de traballo máis altos o que equivale, na maioría dos casos a maiores ingresos económicos e maior capital, e os que non se podan pagar unha carreira ou unha formación profesional, poderán acceder a postos de traballo que non estarán tan ben pagados. Isto dará lugar a unha sociedade capitalista, onde os ricos son cada vez máis ricos e os pobre cada vez máis pobres.
Por outra banda, non entendo como o propio estado, pode estar facer recortes nos campos de investigación, ciencia, ensino, etc, xa que todo isto e o que proporciona o futuro do país, gracias as investigacións que se fagan nestes campos poderemos obter ingresos económicos. Pero estase a facer todo o contrario, non se tocan os ministerios de xustiza, a igrexa... todos eses seguen a obter axudas e subencións, eses campos que non darán o seu froito no futuro.
E estou de acordo con Aleksei en canto ao capital privado. Tamén encanto ao tema da igrexa, creo que é a maior empresa do mundo, xa que con todos os cartos que hai no Vaticano e nas igrexas do mundo, poderíase rematar ca fame mundial preto de cinco veces.

fab-carmen-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 23:54

Comparto a idea con moitos ó dicir que a base do país é a educación e a investigación, é o mínimo e necesario que se require nun país, se hasta niso temos que recortar, qué nos queda? Nada, é ahí está o problema. Se queremos que a economía española mellore necesitamos alguna base que nos axude, se recortamos na investigación non conseguiremos outra cousa más que o contrario. Moitos dos investigadores vénse obrigados a marchar a otros países, e polo tanto, favorecen estes, despóis de que nós tiveramos que aportar dos nosos cartos na súa formación e ó final non conseguimos nada a cambio. Os xóvenes son os futuro.
A solución para que España se recupere aínda non está ben definida, pero está ben claro que ésta non recae nas mans da educación nin da investigación.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.109 segundos.

Os comentarios están pechados.