Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 7 8 9 [10]
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 17, 2012, 15:04

Estou de acordo con María, se non se nos mostra unha materia na súa totalidade ou ben por falta de profesorado ou por falta de recursos mateirais, non coñeceremos a materia totalmente, e no caso da física e a química, se non hai unhas horas de laboratorio a matería será simplemente teórica, o cal non soe gustar demasiado a os alumnos.
Sigo mantendo a miña postura, e vexo que a de todos os meus compañeiros, de que se fan recortes no máis esencial como é a educación, que é un dereito que levou anos conseguir, e tamén os fan na ciencia o futuro do país non estará en man de ninguén, so dos que so podan pagar. Pero é algo que se viu sempre ao longo que pasa a historia, se non tes cartos, non fas nada. E con este sistema "capitalista" que se está a instaurar parece que vai ser desta forma máis que nunca. Xa que os recortes afectarán a ensinanza pública e non privada, polo cal, a ensinanza privada será mellor que a pública, e quenes van estudar na privada? os que so podan pagar.

fab-isabel-
couceiro
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 17, 2012, 19:05

Estou de acordo en que non se deberían facer tantos recortes en sanidade, educación e investigación científica, é máis, creo que estes tres ámbitos da sociedade son os últimos que se deberían ver afectados polas reformas contra a crise. Se non temos unha boa base de estudios non poderemos exercer como bos traballadores e se non temos saude tampouco poderemos levar adiante o mundo laboral. Ademáis, sen os avances científicos iremos quedando atrás no desenvolvemento do mundo o que non nos dará outra cousa que unha vida precaria ao lado dos países máis avanzados. Existe gran cantidade de formas de conseguir os cartos que se necesitan sen ter que quitalos das bases do noso desenvolvemento. Entre elas pódese contar a cantidade esaxerada de impostos dos cidadáns que van dirixidos a encherlle os petos aos gobernos do país. Non digo que os políticos e a realeza teñan que deixar de cobrar un salario polo seu traballo, pero non creo que lles afectase moito que a súa nómina baixase en certa medida para axudar con eses cartos á sociedade, ao igual que se poderían eliminar cousas como o salario de por vida dos políticos xubilados.

fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 18, 2012, 16:16

Hoxe o xornal El País publica: ''Los países desarrollados y los países en rápido crecimiento económico dedican una generosa financiación pública a la I+D, pero el ministro De Guindos sostiene que hay que terminar con las subvenciones públicas a la ciencia y derivar hacia un modelo de financiación empresarial.''
Tódolos países máis ''competentes'' que posúen entidades que dedican financiación pública (e non pouca) á I+D mediante subvencións como Corea do Sur (National Research Foundation); Xapón (Japan Society for the Promotion of Science); Singapur (NRF) e sobretodo Estados Unidos (NSF)e Alemaña (DFG, MPG).
Queda claro que estes países teñen unha visión moi diferente respecto á importancia da investigación e a ciencia en xeral no desenvolvemento dun país.

Páginas: First << 7 8 9 [10]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.04 segundos.

Os comentarios están pechados.