Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje A investigación é futuro?
on: April 9, 2012, 20:08

Un total de sete asociacións de científicos españois escribiron unha carta ao goberno do Estado demandando que non continúen producíndose máis recortes na partida económica da ciencia, pois o sistema I-D-I (investigación, desenvolvemento e innovación) español non aguantará e perderanse xeracións de investigadores.
Esta situación de crise fai que investigadores de moitos centros sexan despedidos, e que outros centros de investigación cheguen case ata os extremos de ter que financiarse a través da mendicidade. Ao verse sen traballo, moitos dos nosos científicos cuxas formacións foron en gran parte financiadas polo Estado, non teñen outro remedio que marchar ó estranxeiro a exercer a súa labor onde se lle verá recompensada. Desta maneira, estes investigadores nos que o Estado investiu cartos, vense na obriga de axudar a outros países a desenvolverse mentres que o seu queda estancado.
A cuestión é se unha medida tan drástica coma esta favorece ó noso país, xa que a ciencia é a base para o desenvolvemento económico, e se un país queda estancado, como crecerá a súa economía? É certo que non estamos atravesando un bo momento, pero tantos recortes na ciencia e na educación non creo que sexan a mellor solución, e habería que buscar outras opcións.

Autora: Paula Gondar Núñez

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 9, 2012, 20:43

Este é un tema moi preocupante para os investigadores españois e para os científicos que están estudando unha carreira. É certo que España esta pasando por un mal momento, por culpa da crise que aínda sigue sumando débedas a o Estado Español. Pero facer recortes na educación e na investigación debe ser o último recurso que se debe empregar, xa que si non invertemos no desenvolvemento do noso país, non poderemos saír da crise. O motivo é que, en España non dispoñemos de materias primas que explotar para recuperar a nosa economía, e como país desenvolvido deberiamos vivir da investigación.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 15:48

A investigación é algo moi importante, que ademais fai que un pais se desenvolva tecnoloxicamente, medicamente... pero tendo en conta a situación pola que atravesa España e moitos outros paises neste momento, na que se recortan custos en todo, compre plantear tamén a posibilidade de recortar en investigación, campo que supón grandes inversións.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 16:19

Os recortes en educación e ciencia que está levando a cabo o estado son excesivos, e iso conleva (como ben di Paula) á emigración dos investigadores españois ao estranxeiro, cando foi principalmente o estado o que intervíu no investimento económico para a formación destes profesionais. Pero é a realidade, e eu penso que faría o mesmo. Non vou botar 6 anos que dura a carreira (por exemplo) de mediciña para despois ter que mendigar para sobrevivir.
Penso tamén que esos recortes poderíanse aplicar a outros campos, ou no seu defecto destiñar os cartos a outro sitio, como é o caso da igrexa. Nestes momentos faille máis falta para estudar aos futuros médicos, avogados, mestres e demais españois que a igrexa. Hai que facer un esforzo e invertir no futuro do noso país, xa que se quedamos sen investigadores (e sendo tan bos os de España) penso que se nos vai quedar grande o de país desenvolvido.

faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 17:09

Eu penso que éste tema afecta en xeral a todos os ámbitos que rixen un país, dado que a ciencia é a base de todo o que coñecemos e sen ela un país nunca chegará a sair adiante. Polo tanto se non se aposta por sacar adiante a ciencia dentro dun país, os científicos terán que emigrar para poder exercer a súa labor polo que o único que se está facendo, é destragar o diñeiro que se invirte na súa formación, xa que o noso país nunca sacará nada útil destos científicos, ademáis de que se estragan grandes xeracións de científicos que acabarán triunfando noutros lugares.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 17:36

😉 Que papel credes que debe desempeñar a ciencia nun país coma o noso?

fab-atenea-
prado
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 17:45

É moi normal que se fagan recortes, porque como se sabe non estamos nun momento económico nada bo, pero tamén deberían pensar que é necesario ese diñeiro para que así os científicos poidan seguir investigando e sacando a luz novos descubrimentos que nos poidan ser útiles. E como di Maria Rojo, os recortes que están facendo quizás deberían aplicalos noutros ámbitos, e non neste que é tan importante.

faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 17:52

Paréceme un tema moi interesante, xa que o único que se está conseguindo recortando en educación e na ciencia, é que as persoas nas que se investiron cartos,a hora de rematar a carreira non atopen traballo, e se vexan na obriga de ir ao estranxeiro para poder obter un traballo e gañar cartos para poder sobrevivir.Por outro lado tamén o que se consegue é que todos os países aos que se vaian estas persoas a exercer o seu labor se desenvolvan, mentres ca nos quedamos atrasados.
Na miña opinión habería que buscar outras formas de recadar cartos sen ter que recortar na educación e na ciencia,xa que se non queremos quedar atrás nestes ámbitos temos que ofrecerlle traballo aos nosos estudantes unha vez que rematen a carreira.

fab-paulaa-
lba
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 18:44

Na actual situación económica, a investigación científica debería considerarse unha das vías para lograr mellorar a crise. A ciencia supón un desenvolvemento do país que, como xa se dixo, quedará estancado ao verse reducido o persoal na súa investigación. Se a ciencia é a base do desenvolvemento económico e isto é o que se precisa agora, por que dificultar o seu estudo?

fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 19:00

En primeiro lugar dicir que me parece incrible os recortes que se están producindo en sanidade e educación. Entendo que dada a situación ecónomica actual temos que reducir os gastos, pero para min educación e sanidade son algo intocable, porque son as necesidades básicas dun páis desenvolvido. Pero se queren asegurar a continuidade dese desenvolvemento e queren convertir ó país nun país exitoso e digno para vivir, non deben facer tantos recortes no campo científico que obriguen ós científicos a marchar do noso país para traballar noutros. A ciencia é un potente motor para o desenvolvemento económico dun país, e non poden pretender que España siga medrando con menos fondos para facelo. Porque creo que iso é o que pasa: pretenden que a sanidade, a educación e a ciencia sigan traballando da mesma forma con menos cartos. E na actualidade iso é algo imposible, para máis en campos tan importantes coma estes. Na actualidade calquera mellora en calquera ámbito supón pagar máis, polo que se se paga menos a cousa empeora.
O peor de todo é que todos estes recortes provocan que a xente marche de España cada vez a idades máis tempranas. Antes principalmente era porque non atopabas traballo, ahora ademáis porque a calidade da educación está empeorando polo que deciden cursar os seus estudios fora. Non se dan conta de que se os xóvenes, que son o futuro de cada país, marchan non vai quedar nada de España.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.099 segundos.

Os comentarios están pechados.