Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 13:58

Con respecto á pregunta anterior, a investigación en España non depende do capital privado, senon, que a subvenciona o Estado. Dado que este non conta coa ciencia como futuro, non invirte todo canto se puidera neso, posto que, como dixen antes, seguimos a pensar que podemos permitirnos un futuro mellor noutras solucións.
Obviamente, creo que sí existe relación entre o futuro da investigación e o sistema de ensino. Si xa dende a ESO se comezan a facer recortes nestes ámbitos, qué esperamos? Así, practicamente ningún dos nosos estudantes se interesará por esta rama, e os poucos que o fagan, terán que emigrar a outros países, onde a ciencia, sí teña saída profesional.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 15:39

Entre o futuro da investigación nun país e o sistema de ensino existe unha estreita relación de proporcionalidade na que a existencia de unha, o ensino, é proporcional e condiciona á outra, o futuro da investigación. Polo tanto, se se comezan a facer recortes nos servicios básicos como a educación, o futuro do país comezaría a peligrar, xa que a ciencia ten máis futuro para o desenvolvemento dun país ca outras alternativas que tiveron lugar dentro das nosas fronteiras.

fab-raquel-
blanco
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 16:04

Si, eu penso que hai relación entre o futuro da investigación e o sistema de ensino. Xa que se aos alumnos non se lle da un bó ensino sobre a investigación non podrán exercela posteriormente,e é unha pena que fagan recortes na investigación, porque dela pódense conseguir moitos cartos.

fab-laurag-
onzalez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 16:04

Estou de acordo en que se teñan que facer recortes para combater a crise, pero penso que os recortes non se deberían facer na educación nin na sanidade que son medios de primeira necesidade, eso faría que o futuro do país estivera en perigo.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 17:08

Claro que hai relación na miña opinión entre investigación futura e sistema de ensino,porque se se recorta no ensino,que é unha prioridade básica,tamén se recortará na investigación futura que tamén é unha das prioridades básicas seguindo a do ensino.Sego decindo que deberían seguir invertindo nestas prioridades e sacar doutras como os soldos dos políticos retirados por exemplo,porque non se pode ser uns cantos anos politicos e despóis seguir cobrando o mesmo cando se vaian a xubilar.

fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 21:06

Claro que hai relación: a educación é a base a partir da cal empézanse a formar os xóvenes que supostamente han de continuar co futuro do país. Canto mellor sexa o sistema de ensino, mellor preparados irán os xóvenes e obtendremos profesionais moito más caulificados. Se a este sistema de ensino sumámoslle unha situación laboral estable, ou polo menos boas posibilidades de conseguir un traballo, a economía de calquera país sairá a flote e mellorará. Pero, sinceramente, non sei como pretenden formar a bos investigadores que logren mellorar a economía do país se xa empezan con recortes na súa formación máis temprana. E isto non se restrinxe só ó ámbito científico, é aplicable a calquer campo. Se xa a situación laboral é tan mala que moitos dos xóvenes que contan cunha carreira vénse obrigados a buscar traballo noutro país, os recortes durante a súa formación educativa non fan outra cousa que obrigalos a trasladarse a outros países sendo cada vez máis novos. E iso non ofrece posibilidades ó noso país de recuperarse e lograr un futuro estable.

faa-fernan-
dogarcia
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 22:28

Bueno, habería que admitir que en ocasións, para tratar de recuperar o diñeiro perdido, é necesario facer recortes e investimentos, pero nos sectores adecuados.
Persoalmente comparto a opinión xeral que a investigación científico-tecnolóxica é onde debería apoiarse a economía para a súa recuperación, pero os recortes esta facendo que se perdan moitos profesionais a favor de que vaian traballar ao estranxeiro.
Deberían recortarse outros sectores que vaian resultar menos relevantes, pero, inevitablemente, habería protestas, despidos e máis paro, polo que me parece que outro bo investimento sería en empresas, que son as que xeran postos de traballo.

fab-cristi-
nabarreiro
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 15, 2012, 13:09

Aínda que está ben facer recortes pola crise, deberíanos facer noutros campos que non nos afecten tanto no futuro. A ciencia significa o progeso da humanidade para coñecer o que aínda non coñecemos, sen as investigacións científicas non teríamos tantos avances en mediciña, en tecnoloxía, etc. e a educación é esencial, xa que coa educación formámonos, e se reducen os investimentos nestes campos, como imos mellorar? A solución para a crise son os recortes, pero realizar mal esos recortes pode levarnos a non avanzar nunca.

faa-monica-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 15, 2012, 15:03

Na miña opinión paréceme incrible que onde fagan os recortes sexan na sanidade e na educación, pois estas dúas son froito de que sexamos un país desenvolvido. A ciencia, é un campo moi desenvolvido, sin ela, non sabríamos a mitad das cousas que sabemos.

fab-raquel-
blanco
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 15, 2012, 15:50

Vexo normal que fagan recortes, pero non na educación nin na sanidade, xa que si houbera que pagar por elas duas moita xente non podería. Penso que deberían facer recortes na igrexa, xa que é máis importante ter cartos na sanidade para curar enfermidades e invetigar sobre elas antes de que haxa curas.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.11 segundos.

Os comentarios están pechados.