Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 00:01

Dende o meu punto de vista, a ciencia é o futuro no noso país. Durante anos, o foi o ladrillo, a construción e demais, e centrámonos neso, pero agora deberiamos reflexionar sobre a onde nos levou esa situación, e pensar que o futuro próximo depende de nós, e da ciencia.
O problema de que a investigación dependa de subvencións estatais é que se este fai recortes, como está a facer agora, este ámbito estancarase e daráselle menos importancia, posto que é o goberno quen comeza por reformar, para min, os ámbitos máis importantes da sociedade.
En países como Estados Unidos, a investigación científica depende de empresas privadas, polo que nunca se ven na situación que temos en España, xa que os traballos e proxectos seguen levándose a cabo. Non é necesario que sigamos exemplo, nin que privaticemos aquelo que queiramos que teña un futuro certo, pero polo menos, sí preocuparnos, coidar e invertir tempo e capital en todo aquelo que pode chegar a mellorar a nosa calidade de vida e futuro, como é a educación e a ciencia.

faa-antoni-
omrodino
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 00:45

Dende logo que os recortes na ciencia e na educación non son a mellor solución, pero si bastante mellor que na saniedade. A educación é un dereito que temos polo simple feito de ser persoas, pero eu creo que dentro de ser un dereito tampouco o é tan primordial, porque sen unha boa educación non nos xogamos vida ou morte ( aínda que si o futuro, na súa maioría)cousa que na sanidade si. Por outra banda, tal como está o país, a ninguén lle gusta e lle parece de moito recibo os recortes q se están a facer, é certo, pero por algo hai que empezar a recortar.
Lendo na prensa me entero que os recortes en sanidade en España van a ser, por exemplo, non comprar máis máquinas especializadas na extirpe e detcción de tumores, mentres que en educación os recortes son, por exemplo, agrupar os alumnos en clases de máis membros para así despedir a algúns dos integrantes sen praza fixa no centro; o que saco daquí é que preferimos xogarnos a vida antes que ter unha pequena formación para os nosos fillos, cando neste momento o que nos sobra en España como ben di Paula enfocado doutra maneira e sobretitulación, é dicir, milleiros de universitarios parados, os cales, aínda que non nos guste, poderían desempeñar ditas funcións.
Por outra banda, dicir que, a ciencia nun país coma o noso, o papel que eu penso que debe desempeñar é investigar, innovar, protexer e tranquilizar a poboación cos seus avances e descubrimentos, así como facer o país máis cómodo é accesible, pero sempre absténdose ao que se ten.

faa-antoni-
omrodino
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 00:57

Quero engadir aora que lín o comentario de Victorino que estou dacordo con este ao 100 por cento. Eu creo que oxe en día, o problema que temos e que estamos moi acostumados a contar co Estado pra todo, dende que nos pague uns bos estudos e ciencia ata que lles dean unhas boas pensións aos nosos avós cando algúns están gañando moitísimo máis do que cotizaron antigamente o cal xa é unha gran perda. Por outra banda non esquezamos a frase del na que di que tanto pais coma avós nosos nos seus tempos emigraban, e non por cuestión de topar un BO traballo ao fin e ao cabo como está acontecendo aquí, non, se non que era polo simple feito de poder levar comida a boca día a día.
Tamén estou dacordo que se o Estado contase cunha total seguridade de que ao científico que cultivou lle fose a proporcionar algo no futuro sempre se seguiría aportando e con escasos recortes neses casos, pero isto non sempre acontece.

faa-emilio-
abal
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 11:43

A situación económica que atravesa o noso país e terrible e polo visto o que están a facer é recortar nas cousas que non deberían, primeiro a educación, porque sen unha formación non se pode ir a ningún lado e o futuro vese moi mal, e segundo na investigación científica posto que a maior parte dos científicos que se forman aquí nas nosas universidades e demais acaban traballando, dándolle veneficios e novos descubrimentos a outros países ós que se ven obligados a ir por mor destes grandes recortes.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 13:45

Na miña opinión, cos tempos que corren se o estado non axuda á investigación prácticamente ninguén vai axudar a este campo, xa que ata que non se fai un gran descubrimento non reporta beneficio económico ao que inviste nel. Paréceme absurdo querer destinar os fondos deste campo a outra cousa. Non imos avanzar nunca se seguimos así. Con máis impostos, máis recortes, máis paro e menos salario non imos a ningures.
Así que concluíndo penso que sí, sería bo para todos, tanto para o estado coma para os investigadores a existencia dos inversores privados... Pero a cuestión é atopalos, e o que non se pode facer é deixar á investigación sen nada para que poida continuar co seu traballo.

fab-rosamm-
illan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 13:52

A sanidade e a educación son a base dun país,se recortan eses ámbitos as vindeiras xeracións serán fácilmente manipulables e precarias.Sen decir tamén que non recortaron tanto os ingresos da igrexa a a monarquía,na miña opinión se hai recortes hay que exercelos en tódolos os ámbitos non só nos que lles pareza.Ademáis nesta situación de crise investir en ciencia e mediciña é unha grande idea xa que xeraría empleo (que vamos creo que é o que buscan),¿pero sen rebaixar tanto en igrexa e monarquía que beneficios obtemos? nin se xera empleo nin beneficia o pobo que o que verdadeiramente importa,só os catro privilexiados de sempre...
Pero por moito que se abran foros e se discuta,farán o que lles pareza(como sempre),así que é inutil...

faa-manuel-
busto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 13:55

Estes recortes realizados no campo da investigación non me parecen, nin moito menos, unha boa solución para resolver a crise económica, xa que o que isto fai é que se produzan numerosos despidos e diminucións nos salarios dos investigadores, o que os leva a emigrar a outros países onde poidan traballar neste campo por un salario digno, e isto non é positivo para o noso estado, xa que todo o capital invertido na formación destes investigadores non se rentabilizará, xa que realizarán os seus traballos de investigación no estranxeiro.

fab-alvaro-
lopez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 15:06

Penso que non queda máis remedio que recortar gastos pero deberíase facer noutros ámbitos, non só na ciencia. Tanto recorte levará a moitos despidos a curto prazo e a longo prazo á baixada de nivel no estudo científico ca consecuencia de que os científicos que buscan emprego non poderán exercer no noso país e terán que marchar cara outro con máis posibilidades beneficiándose ese país.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 15:59

É normal que en estes momentos nos que a economía en España está tan delicada se pense en facer recortes e en eliminar subencións, pero na miña opinión no me parece coherente facer recortes en campos como a ciencia e a educación xa que é algo importante e necesario que axuda no desenvolvemento dun país.

fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 12, 2012, 16:07

España está nunha situación económica moi precaria e non podemos negar que para saír desta crise hai que facer recortes; doutro xeito a economía non mellorará. Pero tamén hai que saber onde facer esos recortes. Quero dicir que se a ciencia é a base do desenvolvemento da economía deberían intentar recortarlle o menos posible; se queren formar a xóvenes para que sigan traballando aquí no futuro non deberían recortar tanto en educación xa que deste modo obriga ós xóvenes a buscarse a vida noutros países. Sen embargo isto non está sucedendo así, e na actualidade os recortes en educación foron dun 21.9%, en investigación e desarrollo dun 34%, no medio ambiente un 31%... Incluso a política para a creación de empleo, que é outro dos problemas graves en España, viu reducidos os seus presupostos nun 21,3%.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.