Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
fab-alekse-
inogueira
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 15, 2012, 21:16

En definitiva e apoiando as ideas que aportaron os meus compañeiros non hai excusas para facer recorte na educación sabendo que é o futuro do país se queremos ser un país competente no futuro e se queremos resaltar entre os demais paises por iso parécem de imbéciles facer recortes nese ambito tendo ahí o exército e a iglesia .

fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 15, 2012, 21:22

A ciencia é unha cuestión de Estado, de prioridades de país e de aposta por áreas que permitan a transferencia do coñecemento dende os laboratorios ás empresas para lograr as 3 patas: Investigación+Desenvolvemento+Innovación. A Innovación é a que vai permitir que esa transferencia do coñecemento poida facilitar o acceso da sociedade á ciencia, e ademáis plasmarse en productos que cheguen aos cidadáns, que xere emprego e un novo modelo productivo baseado no coñecemento.

faa-paulag-
ondar
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 15, 2012, 22:01

Está claro que tal como están as cousas os recortes son necesarios, pero aplicalos á área que representa o desenvolvemento dun país, opino que non é o máis axeitado. Non creo que sexa esta a maneira de conseguir que o noso país se levante, e non debería de levarse a cabo algo no que a meirande parte da sociedade está en contra, xa que destes recortes poden depender o futuro dos seus fillos. A ninguén lle gusta que lle reduzcan a paga nin qudar sen traballo, claro está, pero deberían pensarse uns métodos máis eficaces que inflúan o menos posible nun sector tan vital como a investigación.

fab-inesfe-
ijoo
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 15, 2012, 22:01

Os recortes hai que facelos xa que hai que reducir custos, pero o que si que non se pode facer é reducir en ciencia xa que eso é o primer declive dun país, xa que si se recorta na ciencia e na sanidade fai que este país retroceda e ao final estamonos perxudicando a nos mesmos, os recortes hai que facelos pero hai que recortar en outras cousas como por exemplo nos seus salarios que ainda que non son os políticos que máis cobran da UE si o teñen que facer que empecen por reducir os seus salarios.

faa-rubeng-
onzalez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 15, 2012, 23:32

Ben, a única maneira de evitar os recortes na ciencia e a seguinte: cambiar drásticamente o sistema político, e deixar dunha vez o capitalismo que non vai a ningures. Se esto non sucede, estos "recortes" seguirán sucedendo como comunicou o goberno fai uns días anunciando recortes en sanidade e educación.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 16, 2012, 12:42

Está claro que existe relación. Unha persoa ben formada en todos os campos pode decidir que é o que máis lle gusta e se quere continuar cos seus estudos accederá o suficientemente preparada para elo. E para que suceda isto o sistema de ensino ten que ser de calidade. Se non é así descoñeceríamos moitos campos e deixaría de haber tantos médicos, investigadores, mestres...
A ignorancia na educación nos fai vulnerables.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 16, 2012, 19:42

Eu estou totalmente de acordo en que non hai que facer recortes en educación, pero creo que en educación tamén se tiran moitos cartos: profesores que este ano temos, teñen moitisimas horas libres, horas de garda... Isto poderiase controlar sen que fosen recortes propiamente ditos e así aforrar unha chea de cartos.
Sempre se di que toda unha poboación ben formada sería moi productiva, o que na miña opinión nos levaría a unha situación como a que temos aqui en España, que a maioría dos empregados estas sobre cualificados e infravalorados, penso que fai falla tamén man de obra barata.

faa-juancs-
ineiro
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 16, 2012, 19:50

É certo que non atrabesamos un bo momento económico, pero tamén se necesita un desenvolvemento para poder garantir que a cidadania mellore as suas condicións de vida, e se segue cos recortes non so vai afectar a ciencia senon que tamén a educación, sanidade... que so vai estar ao alcance das persoas que teñen cartos.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 16, 2012, 19:57

Estou en desacordo co meu compañeiro Isaac, oxalá que nunca nos faga falla vivir da precariedade laboral. Quero pensar que con iso de man de obra barata se refería a persoas sen estudos superiores.
Hoxe en día, se un país quere ser pioneiro a nivel mundial no ámbito científico, terá que invertir os recursos necesarios en Investigación. Actualmente iso non está a suceder no noso país, estanse facendo recortes presupostarios que aínda agravan máis a situación. Na miña opinión, deberíanse recortar máis presupostos noutros ámbitos que non interfiran no benestar social.

fab-rosamm-
illan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 16, 2012, 20:06

Estou de acordo cos anteriores comentarios,xa que a base dun país comeza dende a educación e para avanzar necesitamos ampliar campos na ciencia.Así que os recortes non se fixeron de maneira aceptable.Aínda que lle deu un pouco de razón a Isaac en que "a maioría dos empregados están sobre cualificados e infravalorados" pero non por eso é necesario man de obra barata como di Sandra crea precariedade laboral.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.143 segundos.

Os comentarios están pechados.