Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
faa-iagopa-
z
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 13, 2012, 00:17

Na miña opinión o feito de reducir os presupostos na investigación pareceme un erro gravísimo do goberno, xa que sendo un pais occidental con escasos recursos naturais, deberíamos ser pioneiros no sector para seguir manténdonos no noso estado de bienestar. Á larga isto pode ter grqves consecuencias, como non poder competir contra outros paises da UE ou os países en vías de desenvolvemento.
En canto a privatización da sanidade sería outro paso atrás que daría o noso país, xa que noutros paises desenvolvidos o que se pretende é todo o contrario. Por exemplo en Estados Unidos, onde é unha das princiais preocupacións da poboación, polo que nos podemos facer unha idea da mala decisión que houbese sido.
O feito de que os nosos investigadores se vexan obligados a marchar do pais non é senón unha mala noticia para o estado, xa que a preparación que se necesita para formar a un científico especializado e moi importante e o estado é o que máis cartos invirte neste proceso. Probablemente perdamos máis de 100.000 € por cada científico que non rentabilice aquí os gastos da educación.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 13, 2012, 12:14

Eu estou de acordo con Aldara,e moi inxusto que recorten tanto capital na Ciencia e na Educación.Porque se esto segue non vai haber becas suficientes e a xente non vai ser capaz de facer a sua carreira ou os seus estudios.E en canto a rama da Ciencia e inxusto que recorten presupostos,porque a ciencia é unha rama que hai que ir mellorando día a día.O que deben facer como se di ben hoxe nos xornais é que se supriman as deputacións,así non habría que recortar tanto en Ciencia,eduación...

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 13, 2012, 12:49

Sobre o tema proposto por Víctor sigo pensando que non é normal que teña que ser o capital privado o que subvencione as investigacións, xa que no momento dun gran descubrimento beneficiámonos todos, inclusive o Estado. Se o goberno do país non axuda a este tipo de campos, ninguén o fará, e se é así non se pode cargar coa responsabilidade de pagar todos os gastos destas investigacións ao capital privado, en todo caso (como ben di Aleksei) a medias.

fab-robert-
ootero
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 13, 2012, 14:22

Eu penso que a investigación vai a ser unha das claves para axudarnos a sair da crise, deveríase investigar máis do que se investiga na actualidade

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 13, 2012, 15:36

Estou totalmente en desacordo con que a ciencia se cargue con capital privado xa que na miña opinión é bastante importante para un país o desenvolvemento de esta polo que debería de estar subvencionada como calquera outro servizo común.

faa-mariac-
maquieira
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 13, 2012, 17:46

Na miña opinión os recortes en ciencia e educación son excesivos xa que factores tan importantes sempre teñen que ir a máis e non a menos para un ben de todos, é certo que non estamos nunha boa situación económica pero estes dous ámbitos son indispensables para as nosas vidas. Penso que habería facer recortes en outras cousas que moitas veces non son necesarias. Tamén hai que ter en conta que aparte dos danos xerais producidos por estes recortes hai moita xente afectada persoalmente xa que debido a eles sen quedan sen os seus postos de traballo e a única solución que teñen é marcharse do país no que deixan as súas familias e no que seguramente se esforzaron moito para conseguir unha carreira universitaria co fin de conseguir un traballo nel.

faa-nereap-
az
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 13, 2012, 19:16

A investigación nos diferentes ámbitos científicos é unha base estable cara o futuro da economía do noso país, xa que é un campo insegotable de información que xera moitos postos de traballo. Por mor da crise, os recortes realizados non van facer mellorar a situación económica actual, senón que van provocar, como ben din xa moitos compañeiros, un aumento desa crise e máis perdas de postos de traballo.
Por outra banda, tampouco vexo ben a proposta de que o Estado non invista en ciencia e que esas investigacións deban ser financiadas por entidades privadas xa que a ciencia supón un avance para todo un país, non só para aquelas persoas que posúan o capital, e o Goberno, como representantes de todos os cidadáns debe encargarse de proporcionar ás xeracións futuras un país cun avance científico axeitado e non un país en atraso con respeto ós demáis países europeos que si están investindo nestes campos.
En conclusión, creo que non se debe ver a ciencia como un campo minoritario, senón como unha ponte cara unha mellora económica do país, tanto a nivel nacional como internacional.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 13, 2012, 22:21

A investigación científica e tecnolóxica sofre unha reducción de 600 millóns de euros, en subvenciós e préstamos.O presuposto total en 2011 é de 8.600 milloóns de euros. A reducción agrava máis aínda a situación da I+D+i(Esta noticia sacada do xornal "El Pais" demostra os recortes que nos ven a mostrar este foro.Polo tanto calquera persoa está totalmente desacordocon estes recortes,porque o primeiro que tiñan que facer e baixar un pouco os seus sueldos e non baixar na Ciencia ou nun campo tan amplio como a Educación).

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 13:13

😉
Relacionado cos recortes dos orzamentos públicos en investigación encontrei a seguinte opinión:

Cuestión. Parece un chiste y no lo es. A mi hija le han comunicado que tendrá este curso (3º de la ESO) menos clases de laboratorio. Teniendo en cuenta que es un curso donde empiezan a estudiar Física y Química, me parece una verguenza que los recortes afecten a lo mas básico, la educación.

Pensades que existe relación entre o futuro da investigación nun país e o sistema de ensino?

fab-robert-
ootero
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 14, 2012, 13:51

E certo qe hay que facer recortes para que saiamos da crise ou polo menos para axudarnos a sair dela, pero penso qe a sanidade e a educación son uns temas que non se deverían nin tocar, xa que españa é un dos países con mellor sanidade pública do mundo e non se devería tocar. Por outra parte, que se estéan a recortar os presupostos na ciencia tamen estou en desacordo xa que a investigación na ciencia vai a ser un factor clave na economía e unha gran fonte para crear postos de traballo e así axudarnos a saír da crise.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.147 segundos.

Os comentarios están pechados.