Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
faa-breixo-
alonso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 20:30

Eu penso que os recortes na ciencia chegan nun dos peores momentos posibles posto que actualmente, neste ano 2012, estanse a realizar grandes avances, sobretodo na química.Tanto é así aos científicos tamen se lles unen os economistas e analistas indicando que este non é o camiño para salir da crise. Ademais, os avances que se preoduzan en investigación poden ser uns dos motores da recuperación económica do país.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 21:10

😉
Canto lle pode custar a un país crear ou formar un investigador ou investigadora?
Que pasará se este investigador/a o pagamos aquí e fai investigación noutro país?

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 22:10

Baixo o meu punto de vista a ciencia debería ser un dos motores da economía do noso país e sobre todo nesta situación de crise. Ademais o avance científico supón un maior desenvolvemento e achéganos máis oportunidades.
Se alguén que estuda unha carreira científica nun país determinado, por exemplo España, e ao rematar a súa formación vese obrigado a marchar a Estados Unidos, por exemplo, porque non hai traballo, España non "recuperará" o diñeiro invertido na formación dese investigador e Estados Unidos sairá beneficiado.

fab-mariaj-
blanco
Newbie
Mensajes: 2
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 22:17

Si un pais lle paga parte dos estudos da carreira dun investigador e marchase para exercer no extranxeiro darialle perdas o nos pasi posto que os seus coñecementos e posibles avances que pudese descubrir seria utilizado por outro goberno o seiu favor, axudaria a súa ecnomía e a nosa neste caso veria unha perda do diñeiro que utilizou na beca ou axuda o estudante.

fab-alvaro-
lopez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 22:59

Penso que a un país lle custan moitos cartos pagar a formación de un investigador ou investigadora. Se esa formación non é exercida no mesmo país pois perderase o diñeiro invertido nesa formación e sairá beneficiado o país no que o investigador se veu obrigado a marchar.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 10, 2012, 23:10

Antes de nada, dicir que estou totalmente de acordo coa opinión que aporta Paula. Na actualidade, medios como a ciencia e a investigación son a base de sociedades mundiais. A formación de investigadores, pode costarlle ao Estado ao redor de 3.000 millóns de euros, que máis tarde non terán recompensa, posto que a mayoría de persoas formadas no noso país veranse obrigadas a emigrar para poder exercer o seu traballo. É obvio que non estamos a pasar por un bo momento, e probablemente aínda nos quede moito camino, pero creo que, se se trata de reducir gastos, os recortes poderíanse facer noutros ámbitos que non foran a sanidade e a educación, dereitos inalienables de toda persoa.
Con respecto á pregunta de Víctor, se finalmente, o investigador emigra, aportará beneficios a outros países, e polo tanto, o noso quedará estancado no que estamos agora, pois tampouco prentende, nin pon interés en desenvolver o ámbito das ciencias.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 16:02

Pasa que o estado inviste cartos na formación dun investigador durante anos (pois é unha inversión cara o futuro) para, ao final, non obter o beneficio desexado que sería que estes futuros investigadores fixesen o seu traballo en España, favorecendo ao país, e non noutro, o cal levaría parte do recoñecemento dos logros obtidos.
Está claro que na educación, sanidade e ciencia non se poden facer recortes esaxerados como están facendo, pois son os pilares principais do noso país.

faa-josech-
aves
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 16:07

Eu penso que crear a un investigador/a costa un esforzo bastante grande, porque hay xente que ten que ensinarlle todo para que aprenda e logo ten que poñerse as pilas e estudar moito para chegar a descubrir cousas novas.
Se este investigador vaise a outro país, o no país perde os anos de ensinanza, os cartos que se contribuíron e non consigue mérito do descubrimento.

fab-martin-
franco
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 17:57

Estou totalmente de acordo con Fuensanta, a educación e a sanidade son os proncipios básicos dun país desenvolvido dado que "asuguran" o seu futuro e os seus futuros cidadans porque, sen estes pilares esenciais, estes non estrán formados. Falando en xeral, sei que España esta a pasar unha época de recesión e crisis e unha saida é aplicar recortes pero no que realmente necesita recortes como nos salarios dos politicos que chegan a recibir 7.000 € ao mes e que gozan de ata 4 coches de alta gama mentres nos, os estudantes, non podemos gozar dunha educación ou unha sanidade digna, ou mentres os investigadores vense obriguados a marchar a outros paises a traballar por un salario xusto dando beneficios a outros paises e facendo que este si se desenvolvan. Se este pais non aposta pola ciencia ou a investigación non creo que saia desta crisis moi pronto nin pase a estar no cume dos paises desenvolvidos. Na miña opinión, os politicos teñen que deixarse de recortes innecesarios e porse serios ante esta situación tan crítica que esta a pasar España. O nivel de desenvolvemento dun país mídese na súa calidades de sanidade e de educación, se se recortan os fondos para invertir en esta non vamos a ningún lado.

faa-iriago-
ndar
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 18:17

Na miña opinión debemos preocuparnos e mobilizarnos ante esta desaparición da ciencia da lista de prioridades do noso novo Goberno. Estanse a cerrar un montón de portas as novas xeración que se queren dedicar a isto xa que agora restrinxen becas, proxectos de investigación, etc… Só a xente moi boa con excelentes expedientes poderán obter becas para emprender dita carreira.
Formar un investigador ou investigadora costa moito diñeiro xa que polo xeral estas carreiras non son moi alcanzables e concédense numerosas becas. Como ben di a miña compañeira, se o investigador se marcha por diversos motivos a outro país beneficiará a ese mentres que o país que o formou queda atrás.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.096 segundos.

Os comentarios están pechados.