Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:A investigación é futuro? TEMA CERRADO
faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 19:07

Ao estado pódelle custar ao redor de 5.000 euros formar a un investigador/a .Polo que se unha vez rematada a carreira, se marcha a exercer de investigador/a noutro país posto que aquí non encontra traballo ou non lle pagan o suficiente ,aporta alí os coñecementos adquiridos producindo un desenvolvemento mentres que nos quedamos atrasados, e cunha perda considerable de cartos.

faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 19:07

Ao estado pódelle custar ao redor de 5.000 euros formar a un investigador/a .Polo que se unha vez rematada a carreira, se marcha a exercer de investigador/a noutro país posto que aquí non encontra traballo ou non lle pagan o suficiente ,aporta alí os coñecementos adquiridos producindo un desenvolvemento mentres que nos quedamos atrasados, e cunha perda considerable de cartos.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 20:10

😉
Hoxe no xornal aparecía esta noticia sobre o ministro de economía:

"POLÍTICA CIENTÍFICA Presupuestos
De Guindos aboga por sustituir subvenciones en I+D por inversión privada

El ministro de Economía, Luis de Guindos, dice que la inversión en I+D tiene una "deficiencia estructural" al depender de las subvenciones."

Cal é a vosa opinión sobre esta proposta?

faa-breixo-
alonso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 20:31

É verdade que se un investigador/a marcha do país, logo de formarse en España, supon una gran perda de cartos pero sego a pensar que nestes últimos anos os investigadores estan a facer un gran traballo no noso país e esto demostrase cando dos dez mellores descubrimentos do ano 2011 tres foron descubertos por españois, dous deles en España, co cal creo que se demostra o nivel que temos no país e alto. Ademais o único que fan os recortes en investigación son agravar esa situación posto que os futuros investigadores que se formen no país procuraran marchar para paises onde se lle valore mellor o seu traballo.

fab-raquel-
blanco
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 21:10

Non vexo normal que fagan tantos recortes na educación e na sanidade. Penso que debería ser o último de donde facer recortes, deberían facer recortes noutras cousas. Non é normal que fagan recortes nas investigacións científicas e logo os científicos españois teñan que marchar a traballar para outro país, o Estado gastou cartos mentres eles estudaban aquí e agora vanlle dar beneficios a outro país, o cal non lle custou nada os seus estudos. Se se deran máis cartos poderíase facer moitas máis investigacións e iso daría moitos beneficios ao Estado que recompensarían o diñeiro gastado nos estudantes.

fab-laurar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 21:26

Ben é certo que en España estamos vivindo unha situación de crise que leva a ter que recortar gastos, pero hai certas disciplinas que non se deberían tocar, xa que permiten o desenvolvemento do país en moitos aspecto, sobretodo economicamente. A investigación cientifica, a sanidade e a educación son algunhas destas disciplinas, xa que ao facer recortes, pérdense moitos empleos, e a xente que perde o seu empleo vai a outros países nos que reciben un soldo maior que disfrutará dos estudios que foron financiados polo estado español. En cambio se non se recortasen, eses estudios que financiou o estado, acabarían sendo un beneficio que disfrutaría o propio país.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 22:11

Deberíanse investir carto en investigación, asi como tamén na sanidade e educación. Estes son sectores que parentemete, tan so dan perdas, sobre todo tendo en conta a cantidade de cartos que necesitan, e son sectores dos cales o estado procura recortar gastos, e o ten moi facil. A curto prazo, so se deixará de gastar cartos, pero que pasará a longo prazo? Hai que pensar tamén niso, e na miña opinión o que ocurrirá é que quedaremos a cola tecnoloxicamente.

fab-isabel-
couceiro
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 22:12

Vivimos unha crise que afecta a tódolos sectores en maior ou menor medida. Aínda que intentamos sacar adiante o país "apertando os cinturóns" o partido político que se atopa agora mesmo no mandato segue querendo defender a súa ideoloxía por enriba de todo, pois recortou en todolos sectores excepto na igrexa. Mentres os sectores como a sanidade e a educación sufren polos moitos recortes outros non se ven afectados.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 22:32

Paréceme incrible que se fagan este tipo de recortes no ámbito da ciencia e da educación, xa que como ben se di, leva a que os científicos e os estudantes emigren a traballar a outros países nos que van a obter máis beneficios e van a ser máis valorados. Penso que para un país é moi importante o recoñecemento do traballo científico, no caso de España, non somos moi destacados nese campo pero a súa mellora levaría ao desenvolvento económico do noso país.

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A investigación é futuro?
on: April 11, 2012, 22:53

Unha das cousas claras que debemos ter en conta todos os españoles e que estamos nun momento delicado e que o noso posto na Unión Europea esta sendo criticando a canda outros países. Dito isto o que está claro e que a nadie lle gusta que lle baixen o soldo ou o despidan do seu posto de traballo porque non ten traballo a sua empresa. Se nos introducimos non recortes hai moitas cousas que a nadie lle gusta que recorten ben sexan os funcionarios o seu soldo ou os pensionistas a sua pensión.
Despois de esta introdución o que penso dos recortes en ciencia e que loxicamente non son bos para España xa que non abanzará a un ritmo de acordo cos países desenvolvidos e todos os xóvenes que estudan carreiras que lle custan moito diñeiro a o estado terán que emigrar a outros países en busca de traballo. Con todo temos que ter en conta que antiguamente os nosos pais e avós tuberon que emigrar en peores condicións que agora e tuberon que traballar fisicamente moi duro porque o goberno non lle deu a oportunidade de estudar e prepararse para a busca dun traballo bo.
A miña conclusión é que os recortes en ciencia fanse basicamente porque son o diñeiro investido por parte do estado o cal esta máis "inseguro" xa que se un cientifico puidera asegurar a o 100% que o que investiga vai ter frutos pois o goberno non ten dubida en prestar diñeiro por medio de subencións.
Con respecto a pregunta de Victor non creo que eu poida opinar sobre esa pregunta xa que descoñezo o funcionamento dos nosos científicos e o seu resuntado pero o que si está claro e que se os inversores foran privados seria unha cousa positiva para o estado e científicos debido a que os avances se farian en España e o estado podería investir ese diñeiro en outras cousas.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.183 segundos.

Os comentarios están pechados.