Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 21:05

Entre as alternativas aos fitosanitarios de orixe química gustaríame destacar a ampla gama de produtos de orixe biolóxica cuxo efecto sobre os cultivos é semellante ao destes praguicidas. Así pois, existen diversos produtos de orixe biolóxica que contribúen ao control das pragas, ben sexa por fomentar o crecemento da planta, mellorar o seu sistema inmune ou combater directamente os insectos e outros organismos que afectan ao cultivo. Son os denominados biopesticidas. Estes presentan unha serie de vantaxas como por exemplo a previsión do cumprimento de cambios na lexislación. A curto prazo será necesario reducir o uso de pesticidas químicos debido ao impacto ambiental e por resultar nocivos para a saúde, como ben levamos argumentando ata agora. Doutra banda, co uso deste produtos os cultivos serían máis sostibles xa que estariamos a evitar o uso total ou parcial de substancias químicas. Outro dos grandes puntos a favor é que os produtos biolóxicos non xeran residuos químicos no produto final; consecuentemente, diminúen de xeito favorable o impacto sobre a saúde humana. Finalmente, cos biopesticidas estariamos a usar materias primas renovables como son os microorganismos.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 21:23

Como ben xa dixen, unha medida neceseria é a de regular os produtos que compoñen os fitosanitarios posto que se os elementos aos que afectan se volven resistentes a eles ao final remataremos producindo fitosanitarios que mesmo matarían a persoas. Por outra banda, outra cousa que se pode facer e que tamén mencionei con anterioridade é a de seleccionar os cultivos que se poñen preto das vivendas, de tal xeito que se colocasen os cultivos cunha menor necesidade de sulfato preto das casas e os que máis necesitasen, máis lonxe.
Por último, no referente á protección dos traballadores, como a xente que realiza estas actividades adoita ser xente curtida que non fai caso a moitas indicacións e como sería imposible controlar se cumple as normas de protección, vexo necesario impoñer unha serie de cursos obrigatorios para poder obter un permiso, de tal xeito que a xente se dese conta dos riscos que corre e saíse deles moito máis concenciada cos perigos que causa, tanto para a súa propia persoa como aos demais.

fab-mariao-
ubina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 21:24

Na miña opinión, habría que controlar máis os productos fitosanitarios. Por outra parte, é moi difícil atopar ou encontrar unha solución a este problema, primeiro habería que empezar por investigar e saber ben si isto nos perxudica a nós e como nos afecta para poder tomar as medidas eficaces.

faa-nereae-
iras
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 21:27

Os fitosanitarios deberían estar mais controlados á hora de ser empregados xa qye, ainda que os que o aplican aos viñedos e demais vexetais van debidamente protexidos pero non o están as persoas wue viven polos arredores. Estes son moito mais tóxicos do que cremos, e penso que se debería considerar a opción de crear outro tipo de fitosanitarios pero mais 'naturais' por dicilo de algunha maneira. E, nas zonas mais alonxadas as vivendas si poder empregar algúns fitosanitarios algo mais fortes. Agora precisase dunha acreditación para poder empregar estes productos, ainda que a maioria da xente do rural non faga moito caso.

faa-martin-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 23:21

Por suposto, é necesario o emprego de insecticidas se se quere acadar un nivel a gran escala na producción, mais moitos dos compoñentes dos sulfatos se poden evitar, e acarrexan efectos secundarios.
Respirar algúns insecticidas pode levar a enfermidades a longo prazo en seres humanos e animais.

Unha vez máis nos atopamos no debate productividade- sostenibilidade, cuxa forma ideal é a mestura entre ámbo-los dous, sen tocar extremos.

fab-laraco-
res
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 00:01

Precisase de insecticidas para unha boa producción, ou polo menos na nosa sociedade estamos acostumados a facer uso deles. E non só a usalos, se non que a maioria das nosas vivendas e lugares de ocio, están no medio de onde temos a producción. ISto afecta gravemente a nós e o noso entorno, xa que o vernos no medio deste entorno, os fitosanitarios acaban repercitindonos. Xa pode ser pola súa aspiración, ou por danos secundarios que convivimos con eles dias, unicamentoe polo feito de non buscar sencillas solucións que ten isto. POr exemplo, levar a producción apartada da sociedade, ou usar en menos cantidade estos pesticidas e demáis.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 10:45

O emprego de fitosarios e necesario,xa que para poder obter unha boa colleita necesitamolos.No noso ententor serí imposible eliminalos.
De acordo coa Organización Mundial da Salud (OMS), definese ao producto fitosanitario como a sustancia ou mezcla de sustancias destinadas a prevenir a acción de, ou destruir directamente, insectos, ácaros, moluscos, roedores, hongos, malas hierbas, bacterias e outras formas de vida animal ou vexetal perxudiciales para a saude pública e tamén para a agricultura.
Na miña opinión creo que se debería de facer un estudo para saber como lle afecta a cada cidadán no seu entorno,despois disto tomaríanse as medidas máis beneficiarias para nós .

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 11:01

Para acadar una solución a estes problemas, eu faría unas medidas restrictivas para baixar considerablemente os niveis de fitosanitarios, ou restrinxir as veces que se usan durante o ano. Non so e malo non futuro para a viña, tamén e malo para as persoas que o respiran tranquilamente, sin saber as consecuencias que terá para eles.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 11:07

Ao meu parecer, creo que a xente debería estar mellor instruída nestos temas, e ser máis conscientes da problemática que acarrea facer este tipo de actividades sen protección. É difícil concenciar a xente que leva toda a súa vida traballando no campo, de que non usar protección cando manipulan os productos fitosanitarios é moi perigoso e dana seriamente a súa vida.
Eu creo que o goberno debería implicarse máis e levar a cabo a proposta da obrigación de levar protección, e se non se compre, penalizar cunha multa. Pode que esto acarrease discrepancias entre a xente, pero ao fin e ao cabo, trátase de mellorar a saúde.

Tamén se debería regular máis a distancia das terras e cultivos á que se encontran das casas, para así non perxudicar a saúde dos demáis.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 11:14

Existen númerosas medidas que se poden tomar para evitar este tipo de sulfatos sen control, perxudiciais incluso para a saúde. En primero lugar, gustaríame destacar a idea de empregar traxes máis seguros para os humanos se non se pode evitar empregar estes produtos. En segundo lugar, existen numerosas alternativas máis respetuosas co medioambiente, como os bioestimulantes, que son substancias de orixen bioloxico que axudan ao crecemento das plantas e ao seu desarrollo. Ao mesmo tempo, tamén existen bioinsecticidas que teñen a mesma orixe biolóxica e son empregados para o control das pragas na agricultura. Calquera destas alternativas son moito respetuosas co medioambiente e incluso favorecen aos propios cultivos.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.111 segundos.

Os comentarios están pechados.