Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 11:20

Centrándonos na saúde. tanto dos viticultores como da xente de arredor, deberíanse tomar medidas importantes dende o meu punto de vista.

A Directiva de Uso Sostible de Fitosanitarios, posta en marcha recentemente en España, ten como obxectivo o uso racional de fitosanitarios. A partir de 2014 obrigará á xestión integrada de pragas, de forma que os agricultores deberán buscar alternativas aos produtos fitosanitarios. Nos próximos meses, un novo regulamento do Ministerio de Agricultura regulará a autorización e comercialización. Entón, cales son as alternativas aos fitosanitarios de orixe química? Existe unha ampla gama de produtos de orixe biolóxica cuxo efecto sobre os cultivos é semellante.

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 11:27

A pesar de que esta claro que se precisan insecticidas para unha boa producción, ou polo menos na nosa sociedade estamos acostumados a facer uso deles. Pero isto e malo para o ambiente e para nos,xa que a maioria das nosas vivendas e lugares de ocio, están no medio de onde temos a producción. Isto afecta gravemente a nós e o noso entorno, xa que o vernos no medio deste entorno, os fitosanitarios acaban repercutindonos. Xa pode ser pola súa aspiración, ou por danos secundarios que convivimos con eles dias, unicamentoe polo feito de non buscar sencillas solucións que ten isto. Por exemplo, levar a producción apartada da sociedade, ou usar en menos cantidade estos pesticidas e demáis.

fab-jonath-
ansalgueir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 11:30

Na miña opinión deberíase crear unha forma que no momento de aplicar os fitosanitarios sobre as viñas non esparcira o producto ao arredor, como pasa agora, si non que o viticultor tivera que ir aplicando máis amodo e solo sobre as uvas o que prvocaría que as casas e persoas de arredor non se viran afectadas, esto levaría máis tempo pero creo que todos quedarían contentos

faa-javier-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 14:06

desde o meu punto de vista, a nova xeración de tecnoloxia avanzou bastante, e isto é bo en parte para axudarnos nalgunhas comodidades, pero que estas tecnoloxias nos perxudiquen na saúde, é baixar un escalón na nosa evolución. creo que temos a suficientemente intelixencia e tecnoloxia para poder crear outro producto non perxudicial.

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 16:40

O descoñecemento que posee a gran parte da poboación, incluidos os propios agricultores, das consecuencias ou efectos nocivos que poden ter os productos que se utilizan nas viñas, axuda a non chamar a atención sobre se hai algún perigo real con estas substancias. A miña proposta sería informar, despois de elaborar unha ivestigación sobre os productos, aos agricultores. Deste xeito, coñecendo os efectos que poden producir, realizar avisos nos arredores da finca se hai poboación ou simplemente, se se quere aforrar éste trámite, utilizar outros tipos de productos que sexan non nocivos ou que teñan un risco menor.

fab-nereap-
orta
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 17:33

Na miña opinión, no que respecta a se os sulfatadores están protexidos creo que realmente non o están polo foito de que hay moitas persoas ue non teñen o traxe necesario, e só usan unha mascara e gafas, por outra banda deberían estudar as consecuencias que leva a acción de sulfatar para o resto de persoas que estan ao redos e mismos os sulfatadores, xa que son químicos moi potentes é creo que algunha consecuencia no noso corpo teñen.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 18:42

Na miña opinión, como ben dixen no anterior comentario, primeiro daría información sobre todos os produtos que se usan, e que cada persoa mirase os que usa e vira os efectos que teñen sobre as persoas e o medio ambiente en xeral. A continuación sobre como se deben regular os atomizadores para non desperdiciar fitosanitarios e para non espallalos por tódolos sitios.

Se con toda a información dada non se cumpren as regras para o uso destes produtos virían as sancións ou multas a cada persoa que estean dando os fitosanitarios de mala maneira. As sancións deberían variar, sobre todo da zona onde se estean dando os produtos, como por exemplo ao lado de vivendas, colexios, etc.

fab-tatian-
ameis
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 19:07

Persoalmente creo que ainda que todas estas melloras axudan as nosas colleitas son moi perxudiciais para o seu entorno, no cal encontramonos nós.

Poderíanse aplicar moitas medidas para mellorar isto. Na miña opinión unha de estas medidas, como din moitos compañeiros, sería alertar sobre, non so os perigos que o uso de estes productos supón, se non avisar os momentos exactos nos que se van usar os productos para que os veciños tomen as medidas que eles consideren. Por outro lado penso que os veciños das leiras que van a ser sulfatadas, deberían ter un voto na decisión de usar ou non eses productos, xa que eles son os que máis riscos teñen.

Ademas de afectar as persoas tamen habería que pensar nos efectos que ten nos animais, prantas e no ambiente e o entorno.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 19:23

Unha solucion para este problema seria dificil porque os fitosanitarios fan falta moitas veces para non perder a colleita, pero poderiase regular o seu uso e as grandes maquinas que os pulverizan poderian ter menos capacidade para extension do fitosanitario, quere decir, que non botase tanto, eseria mellor menos e mais concentrado na planta non nos arredores dela.
Por outra parte tamen se deberia de mellorar as proteccions para a persoa que aplica este producto ou tamen facer mais campañas de concienciacion para o incremento do uso das proteccions.

faa-xacobo-
pineiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 2, 2015, 21:13

Os cultivos necesitan de pesticidas para que sexan rentables, pero o uso descontrolado destes fai que cada vez os parasitos, bacterias, etc, que atacan as plantas, fanse cada vez mais resistebtes a estes. Ademais existen fitosanitarios naturais que non son tan perigosos para os seres humans. Tamen debemos ter en conta que o uso de pulverizadores modernos fai que os fitosanitarios se extendan de maneira incontrolada. Na miña opinion deberianse desarrollar atomizadores que permitisen controlar mellor ata onde se extenden os fitosanitarios ou ben usar os antigos que son menos potentes, pero tamen menos eficaces

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.