Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 4, 2015, 15:51

Sen duda, optar por unha viticultura ecolóxica traería moi boas vantaxas como poden ser: A viticultura ecolóxica, non só é a substitución dos produtos químicos de síntese prohibidos (pesticidas e fertilizantes), por outros permitidos pola produción ecolóxica. Os cambios no sistema de produción deben ser máis profundos, establecendo variedades adaptadas ás condicións agroclimáticas locais, mellorando a fertilidade natural do chan e incrementando a biodiversidade do sistema, de forma que se potencien os procesos ecolóxicos naturais beneficiosos como aqueles que permitan unha nutrición axeitada das plantas, a regulación biótica e ambiental.
Para o agricultor ou produtor a viticultura ecolóxica suponlle un aumento do valor engadido, cun maior respecto ao medio e unha diminución de produtos químicos. Para o consumidor, poder dispoñer de produtos obtidos sen ningún tipo de pesticida ou fertilizante artificial.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 4, 2015, 16:10

Existen diversos produtos de orixe biolóxica que contribúen ao control das pragas, ben sexa por fomentar o crecemento da planta, mellorar o seu sistema inmune ou combater directamente os insectos e outros organismos que afectan ao cultivo.

Os bioestimulantes, sustancias de orixe biolóxica, promueven o crecemento e desenvolvemento das planta, ademais de mellorar a súa metabolismo. Isto último fai que as plantas sexan máis resistentes ante condicións adversas, por exemplo a seca ou as pragas.
Por exemplo, un estudo levado a cabo pola Université Paul Sabatier Toulouse III, mostrou como o extracto enzimático de Trichoderma sp tiña un impacto pasivito na protección de sementes contra patógenos das raíces de planta utilizada como mostra, Medicago truncatula.

Tamén de orixe biolóxica, os biopesticidas empregados principalmente para o control de pragas en agricultura.
A bacteria Bacillus thuringiensis (biopesticida) provoca unha enfermidade en insectos de diversos xéneros como Lepidoptera. Destaca por non ter apenas efectos noutros organismos e ser respetuoso co medioambiente.

Os bioelicitores, que estimulan o metabolismo secundario das plantas o cal está íntimamente relacionado coa protección do cultivo e a productividad.
Existen procesos patentados que utilizan microorganismos específicos capaces de descompoñer o extracto de algas (Ascophyllum nodosum) para obter bioelicitores.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 4, 2015, 17:41

A viticultura ecolóxica ou tamén chamada agricultura ecolóxica, orgánica ou biolóxica, é un sistema para poder cultivar un explotación viñedo autónomo baseándose na utilización óptima dos recursos naturais, sen empregar produtos químicos de síntese, ou organismos xeneticamente modificados (OGMs), nin para aboamento nin para combater pragas, logrando deste xeito obter alimentos orgánicos ou ecolóxicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio. Todo iso de xeito sostible e equilibrada.
Desta maneira, conséguese a produción de producto libres de residuos químicos, ademais de frear a contaminación que causa o uso de fitosanitarios e os métodos empregados actualemente no cultivo de viñedos. Tamén resulta favorable para os propios agricultores, posto que poden realizar o traballo de maneira máis saudable.
Así, creo que a viticultura ecolóxica é unha boa alternativa que se debería poñer en práctica.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 4, 2015, 18:22

Optar por unha viticultura ecolóxica pareceme unha boa opción xa que aporta certos beneficios.
A viticultura ecolóXica centrase fundamentalmente na conexión con medio,no respeto das leis dictadas pola naturaleza. RealizanSE prácticas agrícolas comprometidas, sin uso de herbicidas, pesticidas nin fertilizantes químicos, coidando o entorno e o seu paisaxe. De esta forma,mantense a actividade biolóxica dos suelos e se permite que a viña poida expresar todo o sue potencial, a sua caracterización e identidade propia.
Para esto, usamos productos completamente naturales, como extractos de planta valeria, hipérico, milenrama, etc., buscando a autosuficiencia das viñas, compostando materia orgánica (raspón, orujos, sarmientos…), usando cubiertas vexetales en busca do equilibrio da planta e o entorno.
Todos os residuos do cultivo (orujos, restos de podas, escobajo, etc.) son compostados xunto con estiércol de ovella e utilizados como fertilizantes para os nosos suelos, polo que devolvemos ao suelo o que éste nos dou.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 4, 2015, 18:23

Sen ningunha dúbida, penso que a viticulura ecolóxica é unha alternativa moi axeitada á viticultura convencional na que se empregan cantidades axcesivas de fitosanitarios. Esta clase de produción non consistiría só en substituir ou elminar os productos químicos que conteñen os fitosanitarios, senón que tamén melloraría a fertilidade dos nosos solos, que cada vez están máis contaminados por estes productos, e aumentaría a biodiversidade, posto que estes productos acaban cunha amplia variedade de vida na zona onde se empregan.
Ademais, penso que isto deberíase exprapolar aos demais cultivos e non facelo só cos viñedos. Deste xeito evitaríamos que os elementos químicos perigosos dos fertilizantes que se lle botan á leituga ou ao tomate se espallasen aos viñedos e viceversa.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 4, 2015, 23:12

Xa que os fitosanitarios contaminan o noso aire, busquei información sobre as presentacións comerciais dos mesmos. Os fitosanitarios pódense encontrar no mercado en forma sólida, líquida ou outras . Algunhs dos tipos de presentacións máis empregados actualmente na agricultura son:

-Fitosanitarios presentados en forma sólida.
Entre eles encontramos:
*Po para salferido: o fitosanitario preséntase seco e aplícase nesta forma directamente sobre as plantas. Non é necesario mesturalo ou diluílo. Neste tipo de presentación a materia activa é xeralmente baixa.
*Po soluble: como o seu propio nome indica, neste caso o fitosanitario disólvese en auga, formando unha disolución translucida ou transparente. A materia activa queda totalmente disolta na auga.
*Po mollable: coñécese por este nome aos fitosanitarios que, aínda que se engadan á auga, non forman unha verdadeira suspensión nesta, xa que ao principio flotan, pasando a decantar nela co paso do tempo. A materia activa é insoluble ou pouco soluble na auga, a cal, só se usa para facilitar a distribución do produto (axentes de suspensión).
*Cebos granulados ou en bloque: a súa finalidade é a inxestión dos gránulos polos inimigos naturais dos cultivos. Aplícanse directamente á terra ou ás plantas.

-Fitosanitarios presentados en forma líquida
*Concentrado soluble: a materia activa é un líquido soluble que forma unha verdadeira disolución coa auga. Adoitan ser produtos con baixas concentracións de materia activa.
*Concentrado emulsionable: neste caso a materia activa non se pode mesturar coa auga, formando unha emulsión. O produto que se forma ao mesturalo coa auga é opaco e leitoso. Hai que ter en conta que, co paso do tempo, os dous líquidos inmiscibles entre se, tenderán a separarse.

-Outras formas de presentación
Dentro deste grupo encóntranse aqueles que se presentan como gas, aerosois ou comprimidos fumigantes (para a súa mestura con auga, ou ben, para queimalas e que actúe o seu fume). Este tipo de presentación non se adoita utilizar habitualmente na agricultura.

faa-afeijo-
o
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 4, 2015, 23:14

Na miña opinión deberíamos de deixar de empregar fitosanitarios, xa que isto non é bo nin para os cultivos que estean cerca e tamén poden afectar a saúde das persoas e en maior cantidade as persoas que os aplican. Por este motivo impuxeronse novos traxes para estas persoas para qué estean máis protexidas aos fitosanitarios.
Tamén é certo que se fixo un avance tecnoloxíco que facilitou a súa aplicación, pero por outra parte tamén fai que afecte máis as plantacións dos arredores debido a que cas novas tecnoloxías as partículas van máis expandidas no aire e polo tanto son máis propensas a non só quedar na plantación

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 5, 2015, 22:41

Apoio totalmente a alternativa dunha viticultura ecolóxica, que aumentaría a calidade dos productos e estes non se verían modificados por ningún producto.
No que consiste a viticultura ecolóxica é a substitución dos produtos químicos prohibidos como son os pesticidas e fertilizantes, por outros permitidos pola produción ecolóxica. Os cambios no sistema de produción deben ser máis profundos, establecendo variedades adaptadas ás condicións agroclimáticas locais, mellorando a fertilidade natural do chan e incrementando a biodiversidade do sistema, de forma que se potencien os procesos ecolóxicos naturais beneficiosos como aqueles que permitan unha nutrición axeitada das plantas, a regulación biótica e ambiental.
Para o agricultor ou produtor a viticultura ecolóxica suponlle un aumento do valor engadido, cun maior respecto ao medio e unha diminución de produtos químicos. Para o consumidor, poder dispoñer de produtos obtidos sen ningún tipo de pesticida ou fertilizante artificial.
Utilizando este método, poderíase chegar ao mesmo rendemento das viñas, e cunha garantía de pureza para a nosa saúde.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 6, 2015, 11:30

Con respecto ao tema do viño aproveito para falar do viño tinto de barrrantes(que é moito mellor que o albariño de Cambados). O viño tinto é un tipo de viño procedente mayormente de mostos de uvas tintas, coa elaboración pertinente para conseguir a difusión da materia colorante que conteñen os hollejos da uva. En función do tempo de envejecimiento que se realice na barrica e na botella, poden obterse viños novos, crianzas, reservas ou grandes reservas.É importante realizar a vendimia no momento adecuado de maduración dos froitos da vide. Habitualmente na recolleita se desechan racimos verdes ou danados para que non afecten ao sabor do viño resultante.Os racimos de uva retíranse da vide manualmente mediante o uso de corquetes ou tijeras, ou de forma mecanizada no caso de viñas emparradas en espalderas. No caso manual adoitan depositarse en grandes cestos que, tras encherse, envórcanse en tractores, para trasladalos á bodega.Para viños selectos, a uva recóllese en pequenos cestos e transpórtase nestes ata a bodega, para evitar que a uva esmáguese e comece a súa fermentación durante o transporte, para que todo o proceso poida controlarse na bodega.Co motivo da colleita en Barrantes celébrase esta festa o primeiro findesemana de xuño, con stans para degustalo e compralo, coa cunca a 1'50$ e a botella a 4$. O tinto de barrantes e moi coñecido pola súa calidade e está moi bo.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 6, 2015, 11:44

Os produtos fitosanitarios son medios imprescindibles para a produción agrícola. Con todo, a súa utilización pode ter outros efectos que poden ser perigosos para a saúde de moitos seres. Por iso é preciso aplicar os mecanismos necesarios para que só se poidan comercializar aqueles produtos fitosanitarios que sexan útiles e eficaces para combater as pragas, pero que non impliquen outros riscos.

Para que un produto se poida comercializar debe estar autorizado previamente e inscrito necesariamente no Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios do MAPA.

Segundo establece a Xunta, con polo menos 10 días hábiles de antelación ao comezo de cada tratamento, o usuario profesional ou empresa contratante debe solicitar ao órgano competente da Administración local a autorización para realizalo, mandando un correo electrónico ao punto focal do concello e á dirección de correo.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.073 segundos.

Os comentarios están pechados.