Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 13:15

Nos últimos anos grazas as novas tecnoloxías as máquinas para poder protexer os nosos cultivos volvéronse moito máis eficazes pero, con consecuencias moito máis perigosas para a saúde, xa que expanden os fitosanitarios moito máis e, sobre todo, cos atomizadores. A causa destas técnicas, o Salnés volveuse unha zona completamente contaminada por todo tipo de fitosanitarios químicos, contra o mildiu, oidio, botritis, etc.
Cando ven un ano de plagas os agricultores non paran de ir as viñas e “sulfatar” para que non se lle perda o viño. De todas maneiras, en anos normaiss sen pragas, botan eses produtos moi a miúdo durante toda a primavera e parte do verán, so como tratamento preventivo. Dende abril ata xullo ou principios de agosto, a contaminación é continua con grandes ventiladores botando ese produto. Algo realmente malo, porque non só contaminan aire, terra, augas subterráneas e ríos, se non que tamén provocan que as pragas se fagan cada vez máis resistentes, e haxa que botar máis fitosanitario. Eses produtos que non só quedan no aire que todos respiramos, se non que tamén se filtran na terra, nos mananciais e tamén o dano que produce a flora e a fauna do lugar.
Os condutores dos tractores que van botar este produto con eses atomizadores teñen un traxe especial pero esa protección é suficiente? Aínda que melloraron as cousas para facilitar o traballo aos agricultores volvéronse en contra da nosa saúde. No Salnés, zona de moito viñedo, úsanse moito os atomizadores polas grandes extensións de terreo, a consecuencia disto o aire que estamos respirando prodúcenos enfermidades.
Que opinades; deberían tomarse medidas para que estes atomizadores non espallasen tanto os produtos? Estes fitosanitarios debería ter un maior control? Realmente os homes que “sulfatan” están protexidos?

Autora: Andrea Pérez Cambeiro

faa-emilio-
lumbres
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 16:46

O producto fitosanitario ou plaguicida defínese según a Organización Mundial Da Saúde (OMS) como aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruir directamente aos insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras forma de vida animal ou vexetal perxudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura (durante a producción, almacenamento,transporte, distribución, e elaboracións de productos agrícolas e os seus derivados)
Penso que estes fitamentos deberían ter un maior control, xa que pode producir problemas de saúde tanto para as persoas, e obviamente para os animais e plantas. Ao mellor deberían usar estes plaguicidas en caso de plagas e cando se achega a primaveira, e non sempre como forma preventiva xa que a contaminación increméntase de grande maneira.
En canto á pregunta de que se as persoas que sulfatan realmente están protexidas, penso que non, porque os productos que bota o atomizador quedan no ambiente, entón esa persoa aínda que xa non esté traballando alí, pode respiralos e desta maneira pode verse afectada a súa saúde.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 16:50

Na miña opinión debería estar moito máis regulado e controlado, xa que nos afecta a todos, unha posible solución sería por exemplo achegar máis información a xente para que non se exceda cos sulfates, con cursos obrigatorios para poder sulfatar as viñas.
E case imposible que te protexas completamente a hora de sulfatar, eu creo que levando o traxe protector e a mascarilla e suficiente (xa que como dixen non e posible protexerse mais), o verdadeiro problema e o uso excesivo dos sulfates que contaminan a auga que bebemos e o aire que respiramos.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 16:51

Na miña opinión debería estar moito máis regulado e controlado, xa que nos afecta a todos, unha posible solución sería por exemplo achegar máis información a xente para que non se exceda cos sulfates, con cursos obrigatorios para poder sulfatar as viñas.
E case imposible que te protexas completamente a hora de sulfatar, eu creo que levando o traxe protector e a mascarilla e suficiente (xa que como dixen non e posible protexerse mais), o verdadeiro problema e o uso excesivo dos sulfates que contaminan a auga que bebemos e o aire que respiramos.

fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 17:02

Denomínanse fitosanitarios como aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruír directamente, insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras formas de vida animal ou vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura durante a produción, almacenamento, transporte, distribución e elaboración de produtos agrícolas e os seus derivados.
Na miña opinión, penso que estos fitosanitarios sí que deberían ter un maior control, xa que aínda que protexan os viñedos e as plantas, non deixand e ser tóxicos e nocivos para a saúde dos seres humanos e de demáis seres vivos. Como é obvio, tamén penso que as máquinas coas que estes se esparcen polas plantas tamén deberían reducirse ou ter algún cambio para que non fose tan nocivo para a saúde.
Os homes que sulfatan, a pesar de que levan másca anti gas, monos e demáis aparellos para protexerse todavía conrren moito perigo xa que teñen contacto directo con estos productos.

faa-glopez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 17:44

Normalmente os homes que sulfatan suelen ir ben protexidos con traxes para non ter perigo de contaminarse. o prolema destes productos, e que os usan continuamente, e como hai moitas viñas o problema de contaminacion agrandase, a solucion a isto esta en encontrar outros productos que protexan as suas viñas pero sen chegar a unha porcentaxe grande de contaminacion, a solucion podria estar nos tipos de productos quimicos, engandindolles outras sustancias que aminoren a contaminacion que producen agora mesmo

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 17:58

Dende o meu punto de vista, canto máis espallen os atomizadores mellor, posto que supón un menos esforzo para sulfatar, o que quizais si se debería de facer é controlar máis os productos que se utilizan e incluso crear un conxunto de leis para regular isto. Outra medida podería ser impoñer unha separación mínima entre as vivendas e os cultivos ou mesmo que se coloquen os cultivos que non precisan tanto sulfato máis próximos das vivendas.
Por outra banda, a protección que leva a xente paréceme insuficiente, non obstante, penso que por moito que se impoña unha lei en referencia a isto, ninguén a vai cumprir e vai ser moi complicado de controlar que se cumpra. Entón, quizais sexa mellor obrigar á xente a realizar unha serie de cursillos para concienciala de tal xeito que se den conta dos perigos aos que se expoñen.

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 18:26

Os sulfatos prodúcense de forma natural na auga subterránea, xa que están compostos de xofre e osíxeno, ambos os dous dos cales se poden encontrar no chan e rochas. Outra forma de xofre que pode estar presente na auga potable é o sulfuro de gas de hidróxeno. O sulfuro de hidróxeno é tamén unha substancia de orixe natural nalgunhas augas subterráneas. Está presente nas zonas que conteñen grandes cantidades de materia orgánica en descomposición e é causada principalmente por bacterias redutoras de sulfato que reaccionan co xofre. Nalgúns casos, os quentadores de auga tamén poden producir sulfuro de hidróxeno, como unha barra de magnesio que é unha parte dalgúns destes sistemas reacciona con sulfatos que aparecen naturalmente na auga.
Cando os sulfatos que están naturalmente presentes na auga se acumulan nas canalizacións de auga, os niveis de sulfato na auga potable poden exceder o límite secundario da Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos de 250 miligramos por litro. Cando isto sucede, a cantidade de sulfatos na auga potable pode ter un impacto na saúde pública, causando diarrea. Na maioría dos casos, este problema detense nun curto período de tempo xa que os consumidores se afán a el. Non obstante, pode ser máis que un problema nos lactantes, os anciáns e as persoas con condicións de saúde subxacentes, xa que a diarrea prolongada pode causar deshidratación.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 18:29

Como di Iago, a mellor medida sería colocar os cultivos que non necesitan tanto sulfato, máis próximo ás vivendas. O problema é a cercanía entre as vivendas e as zonas de cultivo, e eu creo que a xente non é consciente de todos os riscos que isto ocasiona.
Por outra banda, si que se debería vixiar e regular os compoñentes dos fitosanitarios, xa que aomellor pódense facer os mesmos productos ou cunha pouca menor calidade, con compoñentes que non sexan tan tóxicos coma os actuais.
En canto a protección, hai de todo. A xente que está sulfatando, algunha protéxese e outra non, pero, e a xente que pasa polo lado? Non é raro pasar polo lado dunha viña e non ter ao lado a unha persoa sulfatando, e ti sen protección ningunha. Isto, é moi difícil, posto que a xente que non está dando sulfate, non vai ir vestida co traxe protector, pero entón "trágase" tamén o sulfate. Polo tanto, por moito que se faga respecto a este tema, sería casi imposible o cumplimento dunha lei.
O mellor é negociar entre a veciñanza e agricultores.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 19:01

Como ben apuntan os meus compañeiros, un produto fitosanitario defínese, segundo a OMS, como aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de insectos, ácaros,moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras formas de vida animal ou vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura.
Ao meu parecer, moitos dos agricultores non son conscientes do prexudiciais que poden chegar a ser os produtos fitosanitarios que empregan para manter os seus cultivos alonxados das pragas, polo que considero que o primeiro paso na loita contra a contaminación causada por este tipo de produtos químicos debe ser a concienciación dos agricultores, para que coñezan os perigos aos que están expostos.
A continuación, penso que se debería regular a composición e utilización dos fitosanitarios, pois, como comentan os meus compañeiros, pode ser viable a fabricación de produtos con outra composición (menos prexudicial para a nosa saúde e o medioambiente) pero que teñan os mesmos efectos. Así mesmo, dende o meu punto de vista tamén se debería regular o emprego de grandes maquinarias como os atomizadores, reservando o seu uso a grandes explanadas onde non existan vivendas preto das plantacións e obrigando a usar outro tipo de máquinas que focalicen a súa acción só nas plantas en zonas onde os cultivos se atopen preto de vivendas.
Por último, gustaríame comentar que, ao meu parecer, tamén se debería promover o desenvolvemento dunha agricultura ecolóxica, na que non fora necesario o uso de fitosanitarios, xa que, aínda que se reducisen nos primeiros anos os benificios económicos, creo que a longo prazo sairiamos gañando todos, pois comeriamos alimentos naturais, sen ser tratados quimicamente e respirariamos un aire limpo e non contaminado por fitosanitarios.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.093 segundos.

Os comentarios están pechados.