Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
fab-lauraf-
alcon
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 20:14

Fitosanitarios é o nome que reciben os praguicidas, funxicidas e herbicidas que serven para combater as pragas e enfermidades que sofren as plantas. Estas medicinas dos vexetais poden ser compostos químicos ou biolóxicos, cuxo impacto ambiental é menor. Para que resulten eficaces, os produtos fitosanitarios deben utilizarse con tino, respectando escrupulosamente as indicacións do fabricante, especialmente en canto a dose e manipulación. En exceso poden resultar moi prexudiciais.
A Organización Mundial da Saúde, define un produto fitosanitario como "a substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruír directamente, insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras formas de vida animal ou
vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura".
Para o Ministerio de Agricultura os "produtos fitosanitarios son medios imprescindibles para a produción agrícola, tanto baixo os sistemas convencionais de agricultura, coma baixo outros sistemas de agricultura, como a integrada ou a ecológica..."... "Non obstante, a utilización de
produtos fitosanitarios pode ter outros efectos non desexables e é imprescindible que estes efectos non sexan en ningún modo perigosos para a saúde humana, nin tampouco que cheguen a presentar niveis de risco inaceptables para o medio, incluídos a flora e a fauna silvestres".

fab-rociov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 20:40

Na miña opinión, creo que os químicos deberían buscar outros compoñentes para facer estos productos sen necesidade de contaminar tanto, xa que nestes momentos utilízanse uns productos que contaminan moito, tanto o medio ambiente, como ás persoas élles perxudicial, xa que contamina moito.
O produto fitosanitario ou praguicida defínese, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) como aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruír directamente, insectos (insecticidas), ácaros (acaricidas), moluscos (molusquicidas), roedores (rodenticidas), fungos (funxicidas), malas herbas (herbicidas), bacterias (antibióticos e bactericidas) e outras formas de vida animal ou vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura (é dicir, considerados como pragas e polo tanto susceptibles de ser combatidos con praguicidas); durante a produción, almacenamento, transporte, distribución e elaboración de produtos agrícolas e os seus derivados. Entre os produtos fitosanitarios inclúense tamén os defoliantes, desecantes e as substancias reguladoras do crecemento vexetal ou fitorreguladores. Os medicamentos de uso humano ou veterinario e os mecanismos de control biolóxico fóra desta denominación, tamén reciben a denominación de velenos útiles.

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 21:04

En primeiro lugar penso que un dos problemas son os atomizadores xa que sinon fose por estes trebellos os fitosanitarios non causaban tantos problemas, aínda así hai xente que non se decata disto, xa que cando en anos de pragas quéixanse de que tiñan que darlle máis 'mans de sulfate' por que non fai efecto o que lle botan e con isto o ambiente nos meses de verán é isoportable.
Por outra banda os conductores dos tractores que van botar este producto con eses atomizadores pensan que con ese traxe que poñen, protéxeos contra as enfermidades pero están trabucados xa que están respirando eso constantemente, aínda que leven unha máscara.Incluso hai casos no que a persoa despois botar fitosanitarios moi agresivos cando a viña está en moi mal estado prodúcelle diarrea e dor de cabeza.
Por eso creo que deberían tomar medidas xa,non a longo prazo,xa que isto afectanos directamente pero o que pasa e que hai intereses económicos que están por riba da saúde pública.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 21:15

Un atomizador é un artefacto que utiliza un mecanismo básico de bombeo para dispensar os líquidos contidos. Todos os atomizadores están compostos polas mesmas partes que crean un mecanismo simple para bombear líquidos por un tubo, dentro dun cilindro e cara a fóra dunha boquilla. Os atomizadores son un artefacto moi útil cunha construción sorpresivamente simple. Formado por só algunhas partes, un atomizador está construído a partir de principios básicos usados na maquinaria industrial, principios de plomería e bioloxía humana. Non obstante vos atomizadores cando son usados á hora de sulfatar poden causar grandes dános. Na miña opinión pensou que é necesario pero deben tomar ás medidas axeitadas para poder utilizalo, ademáis moitadas grandes adegas, ás veces excédense utilizandó con exceso. Penso que debería estar mellor controlado polo que un gran descontrol deste pode causar grandes dános tanto para persoas como non medioambiente, provocando grandes contaminacións nos demais cultivos.

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 23:49

A elaboración do viño ou vinificación é o conxunto de procesos que leva ao mosto a unha bebida alcohólica denominada vino. O proceso principal polo que acontece esta transformación é a fermentación alcohólica. A elaboración do viño comeza co prensado da uva para a obtención do mosto e remata exactamente nas operacións de embotellado. Os procesos que levan á fermentación do mosto, así como as reaccións durante a maduración, son moi diversas e dan o "carácter" propio ao viño. A ciencia encargada da elaboración e estudo dos atributos do viño denomínase enoloxía. Para entender os procesos de vinificación, é necesario entender a morfoloxía interior da uva, así como os contidos que posúe nos seus diferentes lugares. O seu esmagamento produce un zume que se denomina mosto e é a orixe do proceso da vinificación. Parte dos compostos químicos naturais que posúe a uva son transformados en diferentes fermentacións e procesos oxidativos. A uva vaise madurando na vide e cando chega a unha proporción axeitada de azucres e ácidos empeza a conta atrás para a súa recolección.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 30, 2015, 09:31

Un producto fitosanitario ou plaguicida defínese según a Organización Mundial Da Saúde,como aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruir directamente aos insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras forma de vida animal ou vexetal perxudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura,durante a producción, almacenamento,transporte, distribución, e elaboracións de productos agrícolas e os seus derivados.
Coma todos os pesticidas,canto mais se usen, mais contaminantes seran para o ambiente, polo que, canto menos uso, mellor para todos

faa-alexfe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 30, 2015, 11:31

Na miña opinión, as persoas que sulfatan non están ben protexidas. Os produtos químicos cos que traballan son moi tóxicos e calquera protección é pouca ademais, hai xente que non se pon nin guantes pensando que iso da roupa de protección non sirve de nada. Eu creo que os produtos fitosanitarios devirían ser substituídos por métodos mais naturais.

faa-uxiaca-
sais
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 30, 2015, 12:21

Estes novos medios sobre todo para a vinicultura deberías estar máis controlados, hoxe en día para poder sulfatar tes que ter unha licenza que se obtén mediante un curso o se non múltante, sen embargo as grandes bodegas que contratan xente especializada para dar sulfato os viñedos son quizais os que máis contaminan xa que utilizan maiores atomizadores que espallan máis lonxe os sulfatos. Se as organización encargadas do medio ambiente obrigan a sacar cursos para poder sulfatar por que non se preocupan en facer máquinas de maior precisión e así contaminar menos?

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 30, 2015, 12:27

Os atomizadores tamén se coñecen como pulverización hidropneumática, as gotas se forman por diferenza de presións. O transporte prodúcese por unha corrente de aire que envolve a todas esas gotas. Este sistema mellora a penetración do fitosanitario no cultivo xa que a corrente de aire axita as plantas. Como acabo de mencionar, o transporte destas gotas de fitosanitarios faise mediante o aire, polo tanto, éste afecta a tódolos seus arredores. Opino que estes fitosanitarios deberían ter o control sufuciente para que non perxudique a nosa saúde.
Por outro lado, penso que a protección das persoas que sulfatan depende de cada individuo, é dicir; hai persoas que coidan a súa protección á hora de utilizar estes fitosanitarios, e hai outras que non consideran a consideran importante.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 30, 2015, 14:23

Os produtos fitosanitarios son mesturas químicas que conteñen unha ou varias substancias activas e outros ingredientes, e cuxo obxectivo é protexer os vexetais e os seus produtos de organismos nocivos. Tamén se consideran produtos fitosanitarios ás substancias que destrúen as plantas, regulan ou inhiben a xerminación. Os produtos fitosanitarios contribúen a aumentar os rendementos na agricultura e axudan a asegurar unha boa calidade nos alimentos. Pero ao mesmo tempo, a súa utilización pode ter efectos desfavorables na produción vexetal e tamén pode entrañar riscos para os seres humanos, animais e o medio, o que representa un custo demasiado alto para a sociedade.
Debido a iso, foi necesario elaborar un marco regulador a nivel europeo.

Na miña opinión, estes fitosanitarios non son usados adecuadamente, xa que cantidade que se utiliza de atomizadores é desmesurada. Existe un tipo de regulamentación, como é que cada persoa que se dirixe a "sulfatar" necesite un tipo de licencia, pero isto non é suficiente, xa que está, ó mesmo tempo, pouco controlado. A protección destes sulfatadores é mínima, polo que debería existir un tipo de norma, ou esixencia en beneficiencia da súa propia saúde.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.145 segundos.

Os comentarios están pechados.