Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
fab-luciam-
eis
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 15:31

Eu penso que debería estar moito mais controlado o uso de fitosanitarios xa que moitas veces nos pasamos botando mais da dose necesaria. É verdadade que nos afecta a todos por iso deberían facer os productos mais ecoloxicos xa que vamos estar en contacto con eles e nos poden provocar danos na noso saude.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 17:18

😉
Cal é a túa proposta para aportar algunha solución a esta problemática?

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 18:58

Como xa dixen no meu primeiro comentario, considero que a primeira medida que se debería tomar para loitar contra esta problemática sería concienciar aos viticultores dos perigos que supón a utilización dos fitosantiarios.
A continuación, ao meu parecer, deberíase impoñer unha lexislación que regulase, tanto os compoñentes que se deben utilizar para producir fitosanitarios, admitindo só o emprego daqueles que sexan máis respectuosos co medioambiente, así como as condicións baixo as cales se poden utilizar estes produtos, como por exemplo, a distancia mínima á que deben estar separados os cultivos tratados con fitosanitarios de zonas habitadas.
Ademais, creo que tamén se debería lexislar o uso de grandes maquinarias, como os atomizadores, tendo preferencia por aquelas máquinas que centralicen a súa acción soamente nos cultivos, sen afectar ao ambiente así como a obrigatoriedade para as persoas que teñan contacto cos fitosanitarios de empregar unha indumentaria adecuada que os protexa fronte a estes.
Agora ben, non creo que deba ser unha lexislación xeral, senón que se deberían ter en conta as características de cada zona.
Por último, como xa comentei anteriormente e como tamén mencionaron outros compañeiros, existe unha opción á utilización de fitosanitarios, como é a agricultura ecolóxica, a cal se define como unha forma de agricultura na cal non se empregan produtos químicos de síntese (funxicidas químicos de síntese, fertilizantes químicos de síntese, herbicidas, conservantes e aditivos artificiais) nin tampouco organismos modificados xeneticamente (GMOs). Este tipo de agricultura respecta o medio ambiente e o ser humano e intenta lograr un desenvolvemento sustentable.

fab-nereab-
etanzos
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 19:27

A utilización de produtos fitosanitarios trae como consecuencias negativas principais a diminución da biodiversidade, a contaminación do chan e a contaminación da auga.Ademais se non son aplicados axeitadamente son perigosos para a saúde dos que os utilizan, cousa que acontece habitualmente se os traballadores agrícolas non recibiron unha formación profesional ou unha instrución axeitada ao traballo que desempeñan,o cal eu considero que se debería facer un estudo destos produtos e coñecer os seus riscos ademais de informarnos e ser conscentes dos problemas que poden causar.Tamén poden chegar a ser perigosos para o consumidor e poden producir unha intoxicación alimentaria se se utilizaron en exceso ou de forma incorrecta, ou non se respectaron os períodos de tempo necesarios para o seu degradación.Queda claro,deberíase buscar solucións e investigar os produtos fitosanitarios.

fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 19:28

Como dixen anteriormente, a primeira medida para este problema sería cambiar o xeito de facer as cousas, xa que estamos a falar da saúde das persoas e doutros seres vivos. Adeamais, gustaríame egadir que moitas persoas que traballan con estos productos nocivos non son conscientes dos perigos ós que se expoñen.
Eu penso que, en primeiro lugar habería que implantar algunha lei contra algúns dos compoñentes dos fittosanitarios para poñelos en menor cantidade ou subsituílos por outros que fixeran a mesma función pero que fosen menos tóxicos. En segundo lugar, habería que concienciar ós viticultores polos perigos ós que se expoñen cada vez que traballan con estos productos e poñer algún tipo de sanción ás persoas que non traballaran cos medios de protección aconsellados ou, se fose necesario, obrigatorios.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 19:41

Un atomizador é un utensilio recente que pouco a pouco sustitue a maneira de sulfatar que se usou toda a vida, este, e un utensilio que se emprega para producir unha fina pulverización dun líquido, mediante unha bomba manual, baseándose na aspiración debida ao efecto Venturi.
Cando se inxecta aire a presión a través dun tubo que diminúe de sección, sofre unha aceleración, o que reduce a presión no punto máis estreito (debido ao principio de Bernoulli).
A presión reducida absorbe, a través dun tubo estreito, o líquido do recipiente inferior, debido á diferenza de presión existente entre os dous puntos, e proxéctao cara a diante en forma dunha fina chuvia de pequenas gotas.
Todo o contido do fitosanitario que expulsa o atomizador esparcese polo aire afectando a todo o que se encontra ao redor del. Un solución sería non abusar destes fitosanitarios, xa que, facendoo están a estragar ás persoas, as plantas, a terra ...

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 19:45

Para frear isto, eu propondría facer que os viticultores tivesen a obrigatoriedade de realiar un pequeno cursillo no que os fagan máis conscientes do dano que poden causar, e están causando, os productos empregados para os seus cultivos.
Por outro lado, paréceme unha proposta moi interesante a de crear unha agricultura ecolóxica, xa que sería tanto beneficioso para o medio como para nós, xa que estariamos consumindo productos sen ser manipulados quimicamente. Ademais, que conseguísemos levar a cabo este tipo de agricultura sería unha gran mostra de desenvolvemento na nosa zona.
Por último, se isto non tivese éxito, deberían implantarse normas para que non permitan o uso de fitosanitarios ao pé das casas nin de mannatiais de auga.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 19:47

A utilización de produtos fitosanitarios trae como consecuencias negativas principais a disminución da biodiversidade, a contaminación do chan e a contaminación do auga (onde xunto con outros produtos, como os fertilizantes, producen ás veces fenómenos de eutrofización).
Si non son aplicados adecuadamente son perigosos para a saúde dos que os utilizan, cousa que ocorre habitualmente si os traballadores agrícolas non recibiron unha formación profesional ou unha instrución adecuada ao traballo que desempeñan. Tamén poden chegar a ser perigosos para o consumidor e poden producir unha intoxicación alimentaria si utilizáronse en exceso ou de forma incorrecta, ou non se respectaron os periodos de tempo necesarios para o seu degradación.
É frecuente a retirada ou prohibición dalgunhas sustancias activas que obriga a variar a composición dos produtos fitosanitarios para diminuír o seu impacto ecolóxico, sanitario ou o risco de que elementos nocivos pasen á cadea alimentaria; o que ha incentivado a investigación e desenvolvemento de produtos que as empresas fabricantes denominan fitosanitarios ecolóxicos, que non necesitan prazo de seguridade.É obxecto de debate si, ata utilizados de forma correcta e cumprindo os requisitos mínimos impostos polas autoridades sanitarias, o consumo continuado de alimentos ou outros bens de consumo que conteñan trazas de produtos fitosanitarios pode ou non ter consecuencias negativas para a saúde: os movementos ecologistas e outros axentes sociais partidarios de maiores controis ou restricciones ou dunha agricultura biolóxica que non os utilice, adoitan denunciar que si; o que é rebatido pola industria fitosanitaria (vinculada á gran industria farmacéutica, como Bayer ). Os estudos científicos son difíciles de evaluar, posto que a demostración dunha relación causal ou unha correlación estatística pode ser interpretada de moi distintos xeitos, involúcranse cuestións ideolóxicas, formulacións emocionais e intereses económicos, e o patrocinio dos equipos científicos pode verse como unha presión para que as súas conclusións vaian nun sentido ou outro, como ocorre con outros temas similares: as implicaciones sanitarias do tabaco, dos aditivos alimentarios, ou dos organismos genéticamente modificados (OGM), cuxo cultivo está estrechamente vinculado á utilización de determinados produtos fitosanitarios, o que causa unha estreita dependencia dos agricultores coas compañías propietarias das súas patentes, un pequeno número de grandes industrias biotecnológicas, como Monsanto.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 20:39

Desde o meu punto de vista e como xa dixen (en parte) en comentarios anteriores, hai unha gran cantidade de medidas que se poden levar a cabo para mellorala situación:

En primeiro lugar, o máis importante é concienciar a todas aquelas persoas que están directa ou indirectamente coa vinicultura dos perigos e riscos que supón o uso de fitosanitarios, e é que se eles non son os primeiros en pór cartas no asunto estou case seguro de que nadie o vai facer.

Ademáis disto tampouco estaría de máis que se controlase o contido dos fitosanitarios así como as cantidades que utilizan os vinicultores á hora de dar sulfato. Desta forma, contribuiran a disminuir as porcentaxes de contaminación que sufre a terra, a auga, as plantas...

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 21:02

Aquí é difícil encontrar unha solución para espallar o fitosanitario xa que na nosa zona as casas están moi dispersas e isto provoca que estean no medio das viñas e por moito que poñamos unha distancia mínima sempre vai haber algunha casa preto, non coma noutras zonas de España onde a poboación se concentra nun punto, deixando libre para os campos de cultivo. Ao meu parecer unha solución sería que diseñen unha máquina para que bote o fitosanitario máis localizado na vide, posto que con estes atomizadores a metade do producto queda estragado no aire que todos respiramos.
Por outra parte, o goberno debería controlar máis os fitosanitarios, este tiña que implicarse máis en sacar leis para que as industrias químicas fixeran un control exhaustivo destes productos orientado a non perxudicar a saúde das persoas, non só centrarse na plaga que ten a vide.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.155 segundos.

Os comentarios están pechados.