Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 11:54

😉
Considerades que a viticultura ecolóxica podería ser unha alternativa ao uso abusivo de fitosanitarios?

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 12:20

Si,desde logo que si, a viticultura ecolóxica podería ser una moi boa alternativa para deixar de abusar dos fitosanitarios. Xa que, solfatariase de outra maneira, no cal se usa bastante menos, e no que apenas nada ten desventaxas por usar o metodo, no cal case todos son ventaxes. Polo que se podria considerar, que é una boa alternativa

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 12:22

O viño natural é o viño obtido co mínimo de intervención posible, tanto no cultivo do viñedo e a obtención das uvas como no proceso de elaboración en bodega e a súa transformación en viño.

O término úsase principalmente para distinguir este tipo de viño do viño ecolóxico, o cal elabórase con uvas procedentes de agricultura ecolóxica pero que pode estar elaborado utilizando todo tipo de técnicas e aditivos dentro dos límites legais.

A definición do viño natural xera bastante controversia e recibiu moitas críticas. Non hai unha definición legal nin organismos que o certifiquen, nin parece que esa sexa a vontade dos viticultores. Tampouco hai unanimidad en canto á definición do viño natural nin por parte dos críticos nin dos mesmos elaboradores, sobre todo en canto ao que se considera un nivel aceptable de intervención. Pola contra si existe unha cohesión importante dentro dos sectores que defenden a liña menos intervencionista á hora de cultivar a vide e elaborar o viño, estando representados en asociacións e en diversos eventos.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 16:01

A viticultura ecolóxica, non só é a substitución dos produtos químicos de síntese prohibidos (pesticidas e fertilizantes dos que viñemos falando ata agora) por outros permitidos pola produción ecolóxica. Os cambios no sistema de produción deben ser máis profundos, establecendo variedades adaptadas ás condicións agrícolas e climáticas locais, mellorando a fertilidade natural do chan e incrementando a biodiversidade do sistema, de forma que se potencien os procesos ecolóxicos naturais beneficiosos como aqueles que permitan unha nutrición axeitada das plantas así como a regulación biótica e ambiental.
Para o agricultor ou produtor a viticultura ecolóxica suponlle un aumento do valor engadido, cun maior respecto ao medio e unha diminución de produtos químicos. Para o consumidor, poder dispoñer de produtos obtidos sen ningún tipo de pesticida ou fertilizante artificial. Polo tanto, baixo o meu punto de vista, este tipo de viticultura pode ser unha boa alternativa ao abuso dañino dos fitosanitarios.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 16:16

A viticultura ecolóxica é un sistema para poder cultivar unha explotación viñedo baseándose no emprego óptimo dos recursos naturais, sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos xeneticamente modificados (OGMs), nin para abono nin para combater pragas, logrando, deste xeito, obter un viño ecolóxico, á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio ambiente.
A viticultura ecolóxica comeza xa no abono do solo, pois para restituír a fertilidade do mesmo, a viticultura ecolóxica aporta materia orgánica, en especial aquela que é de orixe vexetal procedente de residuos do propio cultivo, admitíndose tamén o esterco de animal e o compost, quedando totalmente prohibidos os abonos minerais, especialmente os nitroxenados.
Para o control da vexetación natural que medra ao redor da vide (malas herbas) débense utilizar medios mecánicos, retirando as malas herbas manualmente ou con maquinarias específicas, pero nunca utilizando herbicidas.
No caso do control de pragas que afectan á uva, a viticultura ecolóxica intenta reducir ao máximo o uso de produtos fitosanitarios, apostando polo control biolóxico, é dicir, a introdución de determinadas especies para controlar determinadas pragas de forma específica.
Outros factores imprescindibles para que un viño sexa considerado ecolóxico son que a conservación e o embotellado do mesmo se fagan sen tratamentos e que a fermentación da uva se faga sen o antiséptico e antioxidante SO2, o cal ten efectos negativos na saúde.
Como xa dixen anteriormente, ao meu parecer a viticultura ecolóxica é unha boa alternativa ao uso de produtos químicos, non só no control das pragas que afectan á uva, senón tamén a nivel de fertilización do viño ou do seu embotellado.
Así, creo que esta práctica debería estenderse e normalizarse, para así poder elaborar un viño respectuoso co medio ambiente e que os viticultores sigan obtendo os mesmos beneficios que ata o de agora.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 16:35

Por suposto que si ,a viticultura ecolóxica ou tamén chamada agricultura ecolóxica, orgánica ou biolóxica, é un sistema para poder cultivar unha explotación de viñedo autónomo baseándose na utilización óptima dos recursos naturais, sen empregar produtos químicos de síntese, ou organismos xenéticamente modificados (OGMs), nin para aboamento nin para combater pragas, logrando deste xeito obter alimentos orgánicos ou ecolóxicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio. Todo iso de xeito sostible e equilibrada.

Os principais obxectivos desta alternativa, é o poder traballar cos ecosistemas de forma integrada mantendo e mellorando a fertilidade dos chans, producindo alimentos libres de residuos químicos, utilizando o maior número de recursos renovables e locais, mantendo a diversidade xenética do sistema e do seu ámbito, evitando a contaminación que resultan das técnicas agrarias actuais e permitindo que os agricultores realicen o seu traballo de forma saudable para a saúde.

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 21:19

Dende o meu punto de vista a viticultura ecolóxica é unha boa alternativa xa que acabaríamos cos fitosanitarios tan agresivos que afectan ao solo, a planta, a nós... Con isto o viño sería moito máis saudable e non se contaminaría tanto o ambiente que é o que en realidade nos afecta directamente.
Por outra banda penso que os métodos que utlizan esta viticultura non son realmente eficaces, posto que en anos de meteroloxía adversa estas técnicas dubido que protexan a viña e isto os viticultores non o poden permitir xa que poñen moitos cartos para ter en bo estado a vide para sacarlle despois omáximo rendemento rendemento económico.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 22:11

A viticultura ecolóxica, non só é a substitución dos produtos químicos de síntese prohibidos (pesticidas e fertilizantes), por outros permitidos pola produción ecolóxica.
Para o agricultor ou produtor a viticultura ecolóxica suponlle un aumento do valor engadido, cun maior respecto ao medio e unha diminución de produtos químicos. Para o consumidor, poder dispoñer de produtos obtidos sen ningún tipo de pesticida ou fertilizante artificial. As normas da produción ecolóxica viña prohiben o uso de praguicidas e fertilizantes de orixe química de síntese, e na produción ecolóxica desenvólvense diferentes estratexias de manexo para cumprir coa normativa.
Polo tanto, despois de indagar no concepto que se nos propón, chego á conclusión de que a viticultura ecolóxica é unha alternativa idónea ao uso abusivo destes produtos químicos perxudiciais que son os fitosanitarios.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 3, 2015, 23:19

A viticultura ecolóxica consiste en producir uvas saudables e de calidade para a vinificación dun xeito respectuoso co medio naturalé dicir, consiste ej realizar a menor intervención posible do viticultor/a na viña; en non usar produtos sintéticos, sistémicos, OXMs, herbicidas, etc; en respectar as prácticas tradicionais antigas.

Para acadar isto é fundamental coñecer moi ben a zona e a parcela, empregar variedades autóctonas, así como adicar moito tempo á observación para poder atallar enfermidades ou pragas de xeito preventivo e non agresivo ao inicio do ciclo.

As razón que cito anteriormente, son básicamente algunhas das características que fan da viticultura ecolóxica unha moi boa alternativa á o abuso dos fitosanitarios e é que con ela, respetase tanto o medio ambiente como as tradicións antigas (como digo arriba). Iso sí, a pesar de ser unha boa idea o verdadeiro problema está en concienciar a tódolos productores, o cal xa é máis difícil.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 4, 2015, 12:07

A viticultura ecolóxica ou tamén chamda agricultura ecolóxica, orgánica ou biolóxica, é un sistema para poder cultivar unha explotación basándose na utilización óptima dos recursos naturais, sen emplear produtos químicos de síntesis, ou organismos xenéticamente modificados, nin sequera para combatir plagas coma fan os fitosanitarios. Polo tanto conseguen desta maneira obter alimentos orgánicos ou ecolóxicos á vex que se conserva a fertilidade da terra e respétase o medio ambiente. Polo tanto, pareceme unha boa medida para substituílos polos fitosanitarios , xa que ademáis permitenos facelo dunha maneira sostible e equilibrada.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.1 segundos.

Os comentarios están pechados.