Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
faa-ritala-
ge
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 30, 2015, 18:52

Creo que a medida que se debería tomar respecto o que fan os fitosanitarios sobre o medio ambiente e, esixirlle as multinacionales como Bayer, por exemplo , que fabriquen os productos cos menos contaminantes posibles para non dañar o medio ambiente, xa que a culpa sempre recae sobre os agricultores, pero o seu traballo e cultivar para sobrevivir, como outro traballo, poreso, o Goberno debería insistir nas multinacionales que fabrican eses productos, por outra parte, non todos os días se está sulfatando, dende o meu punto de vista, non e tan dañino para a saude.

faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 30, 2015, 23:04

Nos últimos anos as persoas que utilizan estes produtos encontrase cada vez mais informadas sobre estes e as consecuencias que provocan, xa que para poder sulfatar é necesario ter un carné obtido mediante unha serie obrigatoria de horas nun curso, no que te informan sobre a súa composición, a forma de emprego, a protección que debes utilizar á hora da súa distribución e moitas outras cousas necesarias para o seu uso. Cada vez está mais regularizado e normativizado, por exemplo non está permitido circular polas estradas co depósito de sulfato xa listo paa o seu emprego, senón que hai que realizalo no sitio no que se vaia a utilizar, evitando así accidentes nos que se poida contaminar con este produto. Aínda así a xente fai caso omiso a etas regras normalmente, como da maioría, pero está aí é pódese ver que se está facendo algo por melloralo. Isto non quiuta que teñan que seguir tomándose novas medidas e buscando métodos de disperisón mais adecuados e mais eficaces. De todos modos, a xente que non os emprega debería estar mais informada do que pode estar a respirar e as consecuencias que lle pode acarrexar.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 31, 2015, 10:39

Unha solución sería facer viño exolóxico.Para que un viño ecolóxico sexa así considerado varios son os requisitos que o reglamento marca para entrar na categoría de Viño Ecolóxico dentro da Denominación Genérica ?Agricultura Ecolóxica?, a saber: os campos deben ser abonados con abonos orgánicos naturais, sobre todo os que son de orixe vegetal procedente de residuos do propio cultivo, como orujos ou sarmientos triturados. Tamén se admite o estiercol de animal e o compost e quedan totalmente prohibidos os abonos minerales, especialmente os nitrogenados e para a boa conservación da flora microbiana do chan queda totalmente prohibida quéimaa dos restos do cultivo.
Outros requisitos imprescindibles son que a conservación e o embotellado do viño fáganse sen tratamentos e que a vinificación fágase sen o antiséptico e antioxidante SO2, que ten efectos negativos na saúde.

fab-maribl-
anco
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 31, 2015, 12:58

Eu penso que os homes que utilizan os fitosanitarios están protexidos nese momento, pero logo co vento e así as partículas dos productos chegamos a respiralas todos. Co que convendría levar un mellor control deses productos, xa que nos arriscamos todos e pódennos causar graves enfermidades. Tamén sería recomendable desenvolver unha agricultura ecolóxica na que non se precisasen fitosanitarios e comeríamos alimentos máis saudables.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 31, 2015, 14:26

Un atomizador é un utensilio que se emprega para producir unha fina pulverización dun líquido, mediante unha bomba manual, baseándose na aspiración debida ao efecto Venturi.

Cando se inxecta aire a presión a través dun tubo que diminúe de sección, sofre unha aceleración, o que reduce a presión no punto máis estreito (debido ao principio de Bernoulli).
A presión reducida absorbe, a través dun tubo estreito, o líquido do recipiente inferior, debido á diferenza de presión existente entre os dous puntos, e proxéctao cara a diante en forma dunha fina chuvia de pequenas gotas.

Todo o contido do fitosanitario que expulsa o atomizador esparcese polo aire afectando a todo o que se encontra ao redor del. Un solución sería non abusar destes fitosanitarios, xa que, facendoo están a estragar ás persoas, as plantas, a terra ...

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 31, 2015, 14:59

Moitas das actividades agrícolas, afectan a saúde humana, en forma directa (por acidificación nas mucosas respiratorias) ou contribúen a formación de cristais de sulfato de amonio, nitrato de amonio e nitrito de amonio. Estos atomizadores, como explica a miña compañeira, son uns dos que máis contribuen a contaminación por parte do sector agrícola, pero non só afectan á contaminación do ambiente, senon que perxudican a propia saúde dos seres humanos.
Os óxidos de xofre son solubles en auga e ao hidratarse dan lugar á formación de ácidos sumamente agresivos. Aqueles hidrátanse coa humidade das mucosas conxuntiva e respiratoria e constitúen un risco que poden producir irritación e inflamación aguda e adoitan absorberse nas partículas suspendida. En resumo, estos sulfatos producen sroblemas respiratorios, como asma, bronquitis, e dependiendo da súa composición e interacción con outros factores, poden causar a medio ou largo plazo, cáncer de pulmón. Polo tanto, estou a favor de implantar algunha medida para controlar estos fitosanitarios, que actualmente son usados sen ningún tipo de control, ademáis, tamén opino que un traxe especial non é suficiente para a protección da saúde do ser humano, xa que as partículas afectan ao aire, e polo tanto esta medida non é suficiente.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 31, 2015, 20:27

Na miña opinion o uso de estes fitosanitarios deberia estar mais controlado non deixar que a xente dea ese producto como lle prazca e cando queira xa que estanos prexudicando a todos aos que vivimos aos arredores, deberian estipularse unhas normas para que non se contamine tanto o ambiente e as augas xa que pouco a pouco podemonos estar envelenando a nos mesmos.
Ademais a maioria da xente que os reparte non vai moi protexida ca que a maioria son homes maiores que non recibiron unhas especificacions de como protexerse e poñen en peligro a sua propia vida
É finalmente no deberia de estar permitido o uso de esas grandes maquinas para botar o produto quimico xa que ainda que aforren tempo non se lle dan ese quimico a planta que queren eles senon que tamen lle dan ese quimico ad plantas do seu arredor e eso fai que moitas de las morran.

faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 31, 2015, 20:43

Os produtos fitosanitarios son mesturas químicas que conteñen unha ou varias substancias activas e outros ingredientes, e cuxo obxectivo é protexer os vexetais e os seus produtos de organismos nocivos. Os produtos fitosanitarios contribúen a aumentar os rendementos na agricultura e axudan a asegurar unha boa calidade nos alimentos. Pero ao mesmo tempo, a súa utilización pode ter efectos desfavorables na produción vexetal e tamén pode entrañar riscos para os seres humanos, animais e o medio, como ben di a miña compañeira.
Estes produtos son moi usados nesta zona do Salnés e ademais a maioría das persoas que os utilizan non cumpren as normas de equipamento que deben levar polo que estas corren máis riscos de obter máis enfermidades. Na miña opinión considero que isto debería estar máis vixiado e que a xente debería ser un pouco máis responsable.
Por outra banda isto non só afecta ás persoas que o utilizan senón que tamén afecta a toda xente do redor, e dicir, todos os que vivimos nesta zona do Salnés estamos afectados por estes fitosanitarios polo que considero que alguén debería de ocuparse de mirar e controlar a forma e a cantidade en que se están usando estes produtos.

fab-marian-
galeano
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 00:10

O produto fitosanitario é unnha substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruir directamente aos insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras forma de vida animal ou vexetal perxudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura (durante a producción, almacenamento,transporte, distribución, e elaboracións de productos agrícolas e os seus derivados)
Penso que estes fitamentos deberían ter un maior control, xa que pode producir problemas de saúde tanto para as persoas, e obviamente para os animais e plantas. Ao mellor deberían usar estes plaguicidas en caso de plagas e cando se achega a primaveira, e non sempre como forma preventiva xa que a contaminación increméntase de grande maneira.
Na miña opinión, deberían tomarse máis medidas para controlar tanto os produtos que se emprega como os métodos, xa que poden ser moi perxudiciais para a contaminación ambiental e mesmo para a nosa saúde.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: June 1, 2015, 12:39

Os fitos sanitarios son unha expresión xeral que se utiliza para identificar un grupo de substancias destinadas a previr, atraer, repeler ou controlar calquera praga de orixe animal ou vexetal durante a produción, almacenamento, transporte, distribución e elaboración de produtos agrícolas e os seus derivados.

De acordo coa Organización Mundial da Saúde (OMS), defínese ao produto fitosanitario como a substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruír directamente, insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras formas de vida animal ou vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura. Inclúese neste ítem os praguicidas, defoliantes, desecantes e as substancias reguladoras do crecemento vexetal ou fitorreguladores.

en canto a vestimenta dos sulfatadores, penso que terían que utilizar guantes.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.095 segundos.

Os comentarios están pechados.