Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible? TEMA CERRADO
faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 19:06

Vivimos nun sitio no que a presencia dos viñedos foi sempre moi grande, e é que uns máis e outros menos, pero moita xente no pobo está relacionada con esta labor. Pois ben, todo o proceso que a uva acarrea inclúe como ben di arriba a utilización dunha serie de productos coñecidos como fitosanitarios que, a pesar de seren utilizados por unha boa labor, traen consigo unha gran cantidade de consecuencias negativas.

A medida que os anos pasan, a tecnoloxía continúa dando lugar a aparellos que facilitan as nosas tarefas pero que tamén teñen as súas cousas malas, se nos paramos a pensar nos decatamos de que cada vez con máis normalidade, aparecen novos instrumentos para sulfatar que a pesar de que facilitan a tarefa, contaminan o aire, auga, terra... Isto é un grave problema que estamos a deixar o cal se pode ver en que por exemplo moitas veces as persoas que se encargan de dar sulfato non levan a indumentaria adecuada.

Penso que nun sitio no que o viño ten unha repercusión tan grande, deberiamos preocuparnos máis polas cousas negativas que todo o proceso vinícola trae consigo.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 19:20

Os atomizadores son aqueles que forman as gotas por presión hidráulica e as transportan por medio dunha corrente de aire que remove a masa foliar do cultivo, permitindo unha cobertura mais completa e uniforme en profundidade. Ademais deste circuíto tamén teñen un pneumático que consta de un ventilador accionado pola toma de forza que proporciona a nivel das boquillas unha corrente de aire de alto caudal e baixa velocidade.

Na nosa zona do Salnés os grandes produtores que teñen viñedos soen utilizalos para aforrar tempo e poder sulfatar as fincas. O que pasa é que a maioría dos viticultores non o empregan como é debido, xa que lle dan moita presión ao atomizador desperdigando fitosanitarios por toda a zona por onde pasan. Para a xente que ten casas cerca de viñedos ou outras plantacións nas que se empreguen este tipo de aparellos é moi incómodo que cando comezan a dar os fitosanitarios non podes nin abrir as ventás, xa que che acaba entrando sulfate pola ventá...

Na miña opinión deberían restrinxir o mal uso destes atomizadores, e moito máis cerca de vivendas. Ao mellor comezando por dar información a todos os usuarios, e despois comezar a impor multas polo indebido uso destes aparellos.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 19:38

Eu creo que se tan malo é haberá que volver a botar o sulfate do xeito que se fixo durante toda a vida ata que non se atope un xeito máis eficaz e que ao mesmo tempo non dañe tanto a nosa saúde. E moita xente dirá `` que traballo´´ pois si é moito traballo botalo a man pero así, por exemplo, en grandes viñedos, necesitaríase a moita xente para sulfatar e crearíanse postos de traballo. Ou tamén se podería poñer unha ley que fose estricta e que marcase o límite dos usos de estes productos en relación cos problemas que poida ter para nós baseándose en estudos científicos. Así ao mesmo tempo, tampouco creo que se poidan eliminar de xeito radical, é dicir, do día para a mañán(xa que moita xente da zona do salnés vive diso e non sería xusto)pero si que de xeito progresivo poderíase reducir o uso destes productos nocivos para nós e o nosos ecosistema.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 19:43

Eu, como todos os meus compañeiros, opino que o único problema dos sulfates é precisamente a ignorancia que temos sobre eles, quero dicir, estou segura de que si agora imos preguntando á xente que tipo de consecuencias teñen os sulfates só saberían responder que son bos pa manter o viño en boas condicións, pero seguramente non saberían decir nada máis. É evidente que a xente non vai ven protexida a botar sulfate sobre todo tendo en conta que moitos non levan tan sequera a vestimenta estipulada, e é evidente que isto é porque ignoran o dano que lles pode facer.
Por outra banda opino que o uso de atomizadores está ben pois permite espallar o sulfate moito máis rápido e evitando molestias á persoa que está a traballar.
Para concluír, considero que deberían realizarse cursos para a xente que ten que dar sulfate, e é máis que esta xente teña que ir a eles de forma obligatoria, para así ser conscientes dos riscos. Ademais creo que deberían ser multados ou sancionados no caso de non ter este curso feito e polo tanto deberían ter unha especie de título que o confirmara. Se o manipulador de alimentos o ten que ter, porque non unha persoa que da sulfate? En ambos casos se pon nas mans dunha persoa a saúde das outras e no último caso tamén a contaminación e a saúde do propio traballador. Outra medida como ben di Iago sería establecer unha separación mínima entre as casas e os terreos que necesiten ser sulfatados; ademais de establecer a separación entre ríos ou manantiais ou pozos e as terras sulfatadas. Desta maneira conseguiríamos evitar un pouco a contaminación e beneficiar a nosa saúde.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 28, 2015, 21:23

Como indica o seu nome, os produtos fitosanitarios, coñecidos como praguicidas ou pesticidas, son ferramentas que se empregan para manter a boa saúde das plantas e os cultivos. Estas ferramentas consisten en produtos químicos que axudan a controlar as enfermidades, os insectos e as malas herbas que atacan e destrúen as plantas e os cultivos.
Na nosa rexión, temos a gran sorte de poder abastecernos de productos propios e naturais, é dicir, da nosa propia colleita. Estes alimentos, aínda que sexan plantados na nosa zona sofren os productos químicos que se lles bota, é dicir, os pesticidas. Unha das técnicas máis común que vemos habitualmente é a actividade de “sulfatar”. Esta actividade é algo moi tradicional que a xente leva facendo dende fai tempo, polo que non é extraño encontrarse a persoas sulfatando sen ningún tipo de protección, o que é gravemente perxudicial para a súa saúde.
Ademáis da persoa que realiza a actividade, nós, se estamos pretos, tamén estamos expostos de forma pasiva, posto que as substancias químicas chegan igual mediante as augas subterranas, filtracións etc. Opino que debería haber unha regularización máis esixente, e, en maior medida, impor multas se non se leva a indumentaria adecuada, pois a xente parece non darse conta do risco que corren ao estar exposto a eses productos. Ademáis, debería vixiarse máis a distancia á que deben situarse os cultivos dun fogar ou dun lugar habitable.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 00:08

A Organización Mundial da Saúde define o produto fitosanitario ou praguicida como aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción (ou destruír directamente) de insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras formas de vida animal ou vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura co fin así de eliminar, como o seu propio nome indica, as pragas. A utilización destes produtos trae como consecuencias negativas principais a diminución da biodiversidade, a contaminación do chan e a contaminación da auga, entre outras. Ademais, como ben di Víctor, os fitosanitarios tamén provocan que as pragas se fagan cada vez máis resistentes. Como consecuencia, haberá que botar máis fitosanitario, o que conduce inevitablemente a entrar nun bucle sen saída.

Ademais de todo isto, os fitosanitarios tamén afectan á saúde, tanto dos que o utilizan, é dicir, dos traballadores agrícolas e vitivinícolas, como dos consumidores dos propios alimentos. O que acontece habitualmente es que os traballadores non se decatan da importancia do asunto xa que pode que non recibisen unha formación profesional ou instrución axeitada ao traballo que desempeñan ou ben queiran mirar cara outro lado pois se prescinden destes produtos, son saldrían tan beneficiados en canto á economía se refire.

Ao meu parecer, se debería fomentar, como xa dixeron os meus compañeiros, unha agricultura máis ecolóxica, pois o impacto que os fitosanitarios teñen sobre o medioambiente e a saúde é bestial.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 00:34

Creo que para poder buscar unha solución a isto, deberíase impoñer algunha norma ou lei que fixese aos que traballan neste campo concienciarse sobre os productos e maquinaria que empregan e as súas consecuencias, xa que a maioría deles, quizais sobre todo as persoas máis maiores, non sexan conscientes do dano que estes productos causan no medioambiente e para nós.
Ademais, debería estar prohibido crear cultivos como viñedos que necesitan de fitosanitarios ao pé das casas, aínda que se estivesen lonxe seguirían contaminando posto que a auga e o subsolo veríase afectado.
O traxe e a máscara que empregan pode que non sexan suficiente, pero creo que tampouco hai máis posibilidades para protexerse destes productos, polo que se deberían crear uns cos mesmos efectos pero moito menos agresivos.
Está claro que a solución non podería ser parar o cultivo de viñedos, xa que, en especial na nosa zona, é do que moita xente vive e é polo que somos coñecidos nas Rías Baixas.

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 15:43

O producto fitosanitario ou plaguicida defínese según a Organización Mundial Da Saúde como aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruir directamente aos insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos,e moitas máis sustancias durante a producción, almacenamento,transporte, distribución, e elaboracións de productos agrícolas e os seus derivados.
Coma todalas enfermidades, todo aquelo que se quere destruir, una vez que se lle vota un producto para destruilo, esste destruese, pero volverá, e volverá mais forte. Polo que despois podrá ser mais dificil destruílo, facendo así que necesitasemos mais productos, para destruir o mesmo. Polo que se contaminará mais.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 17:27

Sen duda os fitosanitarios deberían ter moito máis control, pois como ben se explicou, unhas das consecuencias máis importantes é que esas partículas son nocivas para as persoas ademais de que abusar destes productos, fai que as pragas se fagan inmunes e haxa que usas productos máis fortes.Personalmente, creo que se debería diminuir o uso deses químicos por todo nocivo que isto trae consigo, ben entendo que os agricultores queiran botar man destes productos para protexer toda a colleita pero creo que igual é mellor non obter toda a colleita e usar menos fitosanitarios, e non ter toda a colleita pero contaminarnos a todo o mundo con eses productos que ademais se botan nas colleitas de maneira bastante habitual. E tampouco creo que os homes que sulfatan estén ben protexidos, por moito traxe especial que usen, calquera partícula pode entrar ou mesmo cando sacan o traxe respiran esas partículas que puideron quedar sobre o traxe.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Economía e saúde; como acadar un desenvolvemento sostible?
on: May 29, 2015, 19:40

A elaboración do viño ou vinificación é o conxunto de procesos que leva ao mosto a unha bebida alcohólica denominada viño.O proceso principal polo que ocorre esta transformación é a fermentación alcohólica. A elaboración do viño comeza co prensado da uva para a obtención do mosto e acaba exactamente nas operacións de embotellado. Os procesos que levan á fermentación do mosto, así como as reaccións durante a maduración, son moi diversas e dan o "carácter" propio ao viño. A ciencia encargada da elaboración e estudo dos atributos do viño denomínase enología.
Para entender os procesos de vinificación, é necesario entender a morfología interior da uva, así como os contidos que posúe nos seus diferentes lugares. O seu aplastamiento produce un zume que se denomina mosto e é a orixe do proceso da vinificación. Parte dos compostos químicos naturais que posúe a uva son transformados en diferentes fermentacións e procesos oxidativos. A uva vaise madurando na vide e cando chega a unha proporción adecuada de azucres e ácidos empeza a conta atrás para a súa recolección.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.096 segundos.

Os comentarios están pechados.