Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11 >> Last
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 16, 2015, 12:08

Existen países, como por exemplo Portugal, nos que as corridas de touros non acaban coa morte do animal, inda así que non remate coa súa morte non significa que non haxa un maltrato deste animal a priori. Pois antes de saír a praza estes ao igual que aquí, son drogados e maltratados para non supoñer ningún perigo para o toureiro. Ademais ao ser levados en camión cara a praza estes sufren de estrés pois un animal, é digo animal en xeral porque isto sirve para calquera, non pode estar encerrado nun espazo. Os animais están afeitos a correr libremente e andar polo medio de forma salvaxe.
Polo tanto considero que en calquer corrida de touros existe un maltrato físico a estos animais e por iso creo que deberíamos de deixar de pensar en si é cultura ou tradición ou non e acabar xa con esta. Pois eu prefiro que o meu país non sexa recoñecido, por carecer de tradición, a que este sexa recoñecido por unha tradición coma esta, xa que considero que é maltrato animal e polo tanto para min, seguir con este tipo de espectáculos vai ligado ao fomento de maltrato.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 16, 2015, 12:53

As corridas de touros son un espectáculo bochornoso en tres actos, duns vinte minutos de duración, no que se mostran unha serie de acción levadas a cabo por uns homes para finalmente acabar coa vida dun animal,chegando a ser xustificado isto como arte e diversión…

Desde o meu punto de vista creo que este é un comportamento que resulta de non ter empatía e non ver a dor da víctima (neste caso un touro). Con isto non so quero dar a ver que os toureiros son persoas sen escrúpulos, senón tamén incluir neste tipo de comportamento a tódalas persoas que Asisten a estes ‘espectáculos’. Cómo pode haber xente que paga cartos (logo destinados en gran parte á remuneración dos toureiros) para presenciar a norte dun ser vivo?

Está claro, que iso non é cultura, ou é iso ou eu non entendo o que a palabra ‘cultura’ significa …

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 16, 2015, 15:59

Respecto a Galiza existe unha plataforma antitaurina, fundada en 2008, chamada -Galicia, Mellor Sen Touradas-, cuxo obxectivo é eliminar as escasas corridas de touros que se realizan nunha Comunidade con pouca afección á "festa nacional". Pontevedra é a única capital de provincia que ten unha praza de touros en activo, aínda que se realizan corridas noutras poboacións como A Coruña ou Padrón, ambas as dúas con subvención municipal.Segundo Gallup, o 86% dos galegos rexeitarían ou aborrecerían os festexos taurinos, unha das maiores oposicións á tauromaquia en España.En 2010 Galicia, Mellor Sen Touradas iniciou unha campaña para declarar o maior número de municipios abolicionistas, baixo o nome "Quieres que a túa cidade se declare abolicionista? ". De xaneiro a xullo, xa son 5 as localidades galegas contrarias aos festexos taurinos: Cangas, Vedra, Dodro, Puebla del Brollón e Teo.

Depois, en España destaca pola antitauromaquía Cataluña, xa que Barcelona declarouse cidade antitaurina nunha declaración institucional aprobada polo pleno do Concello desa cidade o 6 de abril de 2004, tras unha petición popular con máis de 245 000 firmas recollidas en todo o mundo. A declaración, sen efectos prácticos, xa que a competencia para prohibir as corridas de touros, en Cataluña, corresponde exclusivamente á Xeneralidade, aprobouse en votación secreta con 21 votos a favor, 15 en contra e 2 en branco. Barcelona converteuse así na primeira gran cidade española (sen contar coas cidades canarias) que se declarou antitaurina. Soamente poboacións pequenas como Coslada, en Madrid, adoptaron declaracións deste tipo dende que Tosa de Mar (Xirona) promoveu por primeira vez esta iniciativa en 1989.O 17 de xuño de 2007, en Barcelona, tivo lugar a manifestación antitaurina máis multitudinaria da historia. 5.000 persoas manifestáronse polas rúas da cidade, baixo o lema "Corridas de touros, nin en Cataluña, nin en ningún outro lugar". A manifestación transcorreu dende o monumento a Colón ata a Praza de Touros La Monumental e desenvolveuse sen rexistrar incidentes, o mesmo día que José Tomás volvía saltar á arena despois de pasar cinco anos retirado. A manifestación foi convocada pola Fundación Altarriba, a Fundación Faada e a Asociación Animalista Libera ás cales se adheriron outras organizacións e miles de espontáneos. Despois do éxito de participación na manifestación, xurdiu como iniciativa popular, a Plataforma Barcelona Mata e dende entón, cada domingo de touros, os abolicionistas se concentran diante da praza para mostrar o seu rexeitamento e informar aos turistas sobre o trato que reciben os touros e os cabalos no espectáculo.En decembro de 2009 o Parlamento de Cataluña empezou a debater unha lei para prohibir as corridas de touros, proposta a través dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) xerada con 180.000 firmas de ciudadanos.La primeiro votación o 18 de decembro rematou a favor dos defensores da abolición, co que a ILP pasou ás seguintes fases do seu proceso, que acabará transformándoa en lei se se vota outra vez a favor a mediados do 2010.El 28 de xullo de 2010, o Parlamento de Cataluña aprobou con con 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións abolir as corridas de touros en Cataluña a partir do 1 de xaneiro de 2012.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 16, 2015, 17:25

Con respecto a Galicia, a nosa comunidade, é una das comunidades con menos espectáculos taurinos. Con oito festexos ao ano, tres deles na Coruña e catro en Pontevedra, fan de Galicia a segunda autonomía con menos corridas de touros por habitante de cantas as celebran en España. Segundo o Ministerio do Interior, en Galicia hai unha corrida por cada 341.000 persoas, cifra que só é máis pobre en Cataluña, cunha por 456.000. O interese pola tauromaquia fai que Castela-A Mancha lidere o ránking cunha por cada 4.220 habitantes.

A enquisa Gallup do 2006 sinala a Galicia como unha das comunidades con menos afección, co dato de que «o 86% da súa poboación rexeita ou aborrece a festa nacional». A media é do 72%. A convicción de que é allea á cultura galega levou ao Concello de Cangas (Pontevedra) a aprobar en xaneiro unha moción de Alternativa Canguesa de Esquerdas para a súa declaración oficial como a vin contraria ás corridas de touros e amiga dous animais». Isto implica tamén a prohibición destas feiras e o compromiso de solicitar á Xunta que as impida.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 16, 2015, 18:33

Que eu sepa nos paises suramericanos, nalguns hai corridas de touros como Mexico, pero o final de estas corridas segue sendo igual que en España, e dicir, o animal termina morrendo desangrado.
Eu creo que si non houbera morte, pola miña parte, seguiria sendo maltrato animal xa que os toureiros seguirianlle clavando as espadas, e por non falar das condicions as cales estes animais teñen que soportar porque non creo que teñan coidadores que sepan como tratalos. Na miña opinion os animais non se deberian tratar con un objeto ao cal se lle pode cravar cousas e que se diga que o animal non sofre ou que e polo turismo e son as tradicions como excusas.

faa-uxiaca-
sais
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 16, 2015, 19:32

En México as corridas teñen lugar en La México, onde o toureiro dá a volta á arena para recibir o recoñecemento do público en sentido contrario ao percorrido que realiza en España. En temas musicais, o coso da Avenida de Insurgentes que é a praza de touros máis grande do mundo, abre sempre praza baixo os sons do pasodobre "Ceo Andaluz".
En Costa Rica nos diferentes pobos hai prazas de touros, nas cales durante as festas patronais fan campionatos de monta de touro. A lei prohibe matar aos touros e outros animais en espectáculos públicos ou privados. A "estocada" final realizárona os toureiros quitándolle un adorno floral que o touro leva no lombo. Tampouco se lle pica nin fere con banderillas. Nos festexos populares de San José, Costa Rica (capital do país) que comezan o 25 de decembro e finalizan o primeiro domingo do ano, moitos costarriqueños ingresan á praza de touros para ser perseguidos e arremetido polo touro. É o que se chama "corridas á tica", e aos que o fan toureiros improvisados.
En Tovar, Venezuela; lídaa de touros execútase baixo teito na praza Coliseo o Chairo, a segunda en América e a terceira no mundo con estas características.
Na Praza de touros de Acho en Lima, Perú, é costume que durante as corridas que compoñen a Feira do Señor dos Milagres, entre o quinto e sexto touro, a banda de música toque unha mariñeira. Na devandita Praza, o matador que tourea por primeira vez na praza, durante o paseíllo, debe ingresar esta coa monteira na man.

En Chacas, Perú, a corrida de touros celébrase na praza de armas da cidade, sendo así a única no Perú que mantivo esta antiga tradición dende a súa fundación en 1585.
En Latacunga, Ecuador, celébranse unha Feira na Praza San Isidro Labrador e corridas populares en diferentes barrios.

fab-mariao-
ubina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 16, 2015, 19:51

Dende a miña opinión, eu creo que non devería existir a corrida de touros, porque só existe para disfrutar os seres humanos mentras uns seres vivos teñen que ser matados e inda por riba unha morte lenta e dolorosa. Xa que tanto protestan polo maltrato dos animais isto tiñan que prohibilo, aunque sempre vai haber xente a favor e xente en contra.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 17, 2015, 00:01

Persoalmente, considero vergonzoso que a tortura e asasinato dun animal diante de centos de persoas sexa considerada unha tradición ou un arte. Antigamente, tamén era tradición queimar ás bruxas, ós herexes...significa entonces que se ten que facer agora tamén? Os tempos cambian, e a tauromaquia non se xustifica por considerar que é unha "tradición". Poñamos outro exemplo: a ablación dos xenitais femininos é unha violación total dos dereitos humanos, unha crueldade hacia ás mulleres, pero é unha tradición e segue ocorrendo hoxe en día aínda que está sendo perseguida. Poño este exemplo, e o exemplo de moitas outras tradicións atroces e crueles que probablemente moitos seguidores da tauromaquia acusarán de barbarie, mais a tauromaquia é un arte porque eles o consideran así.

faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 17, 2015, 11:31

As orixes da tauromaquia en España, son moitos os especialistas en tauromaquia, que demostraron que o encontro do home co touro tan antigo se remonta á prehistoria. A orixe deste sentimento cara ao mundo místico da tauromaquia, está presente nas paredes das covas prehistóricas. Nas pinturas rupestres do norte de España, o touro bravo está representado morto, como obxecto de valor material ou como símbolo prezado dun logro vitoriosos da loita entre el e o home; mentres que nas paredes das covas francesas e o levante español o touro aparece formando parte de grupos números, en movemento e en actitude moi activa.
Non hai dúbida que a lidia de touros en España chega á máis remota antigüidade. Descartada a súa orixe grega, romana e musulmá, a súa orixe encóntrase na cultura celtibera da península. Os touros estiveron presentes na simboloxía relixiosa celtibera representando o poder, a forza e a virilidade para o guerreiro celtibero. A Praza de Touros, moi probablemente de orixe celtibera, sería un templo onde terían lugar cerimonias de sacrifico de touros co obxecto de solicitar a axuda e os favores dos seus deuses pagáns.
Influencias da cultura grecorromana converteron a corrida de touros nun espectáculo. As primeiras corridas documentadas de touros tiveron lugar no século XII. Dende esta época, non había acontecemento de alegría ou de utilidade pública que non se solemnizara cunha corrida de touros.
Con respecto aos nosos tempos parece que a arte de lidiar os touros non cambiou moito, xa que se seguen matando touros nas prazas. Na miña opinión isto debería estar erradicado fai moito tempo, pero penso que non se prohiben porque o estado recibe cantidades de diñeiro das corridas de touros.

fab-jonath-
ansalgueir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 00:42

A tauromaquia defínese como «a arte de lidar toros», tanto a pé coma a cabalo, e se remonta á Idade de Bronce. A súa expresión máis moderna e elaborada é a corrida de toros, unha festa que naceu en España no século XII e que se practica tamén en Portugal, sur de Francia e en diversos países de Hispanoamérica: como México, Colombia, Perú, Venezuela, Ecuador e Costa Rica. É tamén espectáculo de exhibición en China, Filipinas e Estados Unidos.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.316 segundos.

Os comentarios están pechados.