Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 7 8 9 [10] 11 12
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 21:19

A medida que avanzan os anos podemos comprobar, a pesar de ser xuvenís, que cada vez se traballa máis horas, e isto sempre para acadar un maior beneficio económico. Isto lévame a pensar sobre o que nos estamos a converter as persoas … cada vez impórtannos máis os cartos que tódolos demais valores, cando en realidade estes son en certo modo moito máis valiosos.

Como non podía ser doutra forma, na tauromaquia podemos ver reflectido o afán de moitas persoas que so pensan en conseguir cartos sen antes interesarse polo menos un pouco polo dano que están a facer indirectamente a uns simples e inocentes animais. Se tódalas persoas que pagan certa cantidade por ver estes actos invertesen ese diñeiro en calquera outra actividade, uns animais non morrerían sen razón.

Os cartos cegan ás persoas, e se seguimos por este camiño, cada vez vai ser máis difícil facer que toureiros e outros inversores na tauromaquia se decaten do que están a facer.

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 21:32

Na miña opinión vivimos nun mundo que está dominado polo diñeiro todo se mira en base os cartos é o principal motivo polo que se move todo. As cuestións éticas non teñen nada que facer ante o poder do diñeiro xa que este ten moito máis poder. Esto deberíase cambiar pero é moi difícil, eu non vexo ben que utilizen animais para o divertimento do ser humano, non só a tauromaquía sinon tamén outras tradicións doutros países, non fai falta ir moi lonxe xa aquí en Galicia a Rapa das Bestas é un maltrato animal non tan esaxerado como a tauromaquía pero maltrato é.
Por iso creo que debemos cambiar estas tradicións en favor dos animais xa que eles se poidesen comunicar con nós seguro que pedirían un máis xustiza para eles.

faa-afeijo-
o
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 22:07

Na miña opinión, na actualidade, moita xente non para a pensar o mal que fai nin o dano, senón que polo contrario fan calquer cousa con tal de gañar diñeiro,coma no caso dos toureiros que non pensan no daño que lles poden causar aos touros, senón que coa excusa de que é unha tradición non se paran a pensar o dano que lle fan ao animal, xa que o touro non sae á pista nas súas capacidades totais senón que antes de sacalo cansan ao animal facendo así que cando o toureiro lle crave a espada e o mate.
Moita xente non ve o moito que sofren os animais senón que so ven os cartos que gañan.

fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 22:22

Hoxe en día os beneficios económicos están por riba de calquer cuestión ética. No caso das corridas de touros podemos ver claramente esta superposición, cousa que non tería que ser así. A xente actúa deste xeito polo seu beneficio e non pensa noutra cousa que non sexan eles mesmos e por cousas así estamos indo para atrás en vez de avanzar.
Penso que deberiamos ter un pouco de sentido común e pensar en qué verdadeiros beneficios tería tomar certas decisións e cales serían os contras porque, neste caso, martilízase e maltrátase a un animal inocente dun xeito innecesario por puro entretemento. O peor é que a xente o considera un bo pasatempo e segue indo a ver estas corridas e así nunca desaparecerán a non ser que se prohíban, cousa que é moi difícil devido á audiencia que teñen.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 22:55

Estou totalmente de acordo co último comentario de Víctor, o que se esta a facer coas corridas de touros é darlle máis valor a un diñeiro que ás vidas de animais que non teñen nada que facer ante isto. Os cartos que gañan os toureiros e demais persoas relacionadas co mundo das corridas é demasiado elevado para o que fan, sacrificar un animal.

Na miña opinión considero que os beneficios económicos non deberían prevalecer sobre outros, xa que facer sufrir a un animal non é ético na época na que vivimos actualmente.

fab-luciam-
eis
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 19, 2015, 11:08

Eu estou totalmente en contra dos touros. Matalos a eles considerase un deporte pero despóis pegarlle a un can ou outro animal considerase maltrato. Se todos os animais son iguais pois iso tamén é maltrato e como tal deberíase de prohibir ou non permitir que os maten.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 19, 2015, 16:33

Eu tamén opino que o diñeiro non o é todo, así que non compensa a tauromaquia nin actividades que estén emparentadas solo polo simple feito de obter algún tipo de beneficio dese "espectáculo".Ademais, a toda esa xente que defende que é un simple "espectáculo", pois que esa xente se coloque no lugar do touro, xa que argumentan que non é para tanto nin o touro sofre tanto como din... deberían poñerse esa xente no lugar do touro e facer eles o "espectáculo", ao fin e ao cabo, como din eles, non é para tanto,non?

fab-rociov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 19, 2015, 16:59

Na miña opinión penso que o diñeiro non o é todo, xa que sacar diñeiro de unha actividade como a tauromaquia, facendo sufrir a un animal e acabándolle ca vida, non me parece unha actividade como para sacar beneficio de tal "espectáculo". Algunha xente considera esta actividade como un "arte", pero para outra xente (na cal me inclúo), parécenos un maltrato animal. Penso que algunhas veces cando matan ao touro toda a xente lle aplaude ao toureiro, pero cando se da o caso de que o touro cornea ao toureiro preocúpanse; entón eu digo, por qué non se poñen no lugar do touro?, porque eu penso que ese animal (como calquera outro) está sufrindo igual ou máis que cando cornea un touro a un toureiro. En conclusión, penso que é a mesma dor e preocupación cando un touro cornea a un toureiro que cando un toureiro mata a un touro. A min isto non me parece ningún tipo de "espectáculo" nin "arte".

faa-alexfe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 19, 2015, 18:51

Na miña opinión as corridas de touros son maltrato animal e, o maltrato animal, é delito. O que ocorre neste caso é que como son un ingreso económico moita xente fai a vista gorda e pon como escusa que é unha tradición. Opino que neste caso a economía deviría quedar en segundo plano e ver as corridas de touros como realmente son, maltrato animal.

fab-tatian-
ameis
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 19, 2015, 19:43

Na miña opinión no mundo actual os beneficios económicos están por enriba dos valores éticos.

Persoalmente creo que en moitos casos a xente que busca estes beneficios económicos non pensa nestes valores éticos ou intenta xustificar os seus actos, por exemplo doando unha moi pequena parte de este gran beneficio a algunha ONG, ou convencendose a sí mesmo de que necesitan estos cartos. Deste modo non se sinten tan culpables, e continuan coa busqueda de este beneficio sen ter en conta os valores éticos.

Páginas: First << 7 8 9 [10] 11 12
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.181 segundos.

Os comentarios están pechados.