Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 8 9 10 [11] 12
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 20, 2015, 11:06

Organizacións a favor dos animais criticaron o financiamento da tauromaquia con diñeiro público.Según un estudo da Fundación Altarriba, organización a favor dos animais, as subvencións ás corridas de touros en 2007 ascenderon á cantidade de 564 millóns de euros, uns 12 euros por cada español.20 Parte deste diñeiro procede dos fondos europeos destinados á gandaría, destinándose 220 euros por cabeza de gando aos criadores de touros de lida.

Dende o sector a favor das corridas de touros, xornalistas como Paco Aguado defenderon a solvencia das corridas de touros e contestado ás críticas cara ás subvencións que reciben criticando os impostos coas que se gravan, que consideran excesivos.

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 20, 2015, 11:26

Vivimos tempos difíciles onde aquilo que proporciona beneficio é o que buscamos, mais por necesidade que por outra cousa. Eu sigo dicindo que a tauromaquia é algo cruel e sanguinario cun animal indefenso como víctima, un espectáculo dirixido a personalidades supostamente da alta sociedade. Para min algo fóra de lugar. O peor e que produce uns beneficios cuentiosos e recibe subvencios ainda máis cuantiosas, subveniciions que axudarían moito ao desenvolvemento do país. A codicia condena a moitas persoas.

faa-afeijo-
o
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 20, 2015, 11:30

Si é certo que a tauromaquia leva moitos anos dentro da cultura española, pero na época en que se empezou a facer estas corridas de touros non se tiñan en conta aos touros senón que só o vían como unha diversión para os privilexiados desta época. Tamén é certo que trae moitos beneficios económicos pero se temos un pouco de sentido común deixaríamos de realizalas, na miña opinión, se isto é unha mostra de virilidade, e pensan que o animal non sofren porque na maioría dos casos remata morrendo, equivócanse, xa que o animal está sendo torturado durante moito tempo e mesmo xa antes de saír as calles ou campos onde se realicen estas corridas.
Eu creo que deberiamos deixar de facer as tauromaquias, porque non é rechazar a cultura española senón que é evolucionar, se as culturas non se cambiasen nunca, en moitos lugares do primeiro mundo, seguiríamos facendo variabilidades coma as de matar a xente por calquera cousa sen que teña dereito a ser xulgada e a ter posibilidade de poderse defender

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 20, 2015, 18:26

Evidentemente, non se debe poñer o beneficio económico por riba das cuestións de tipo ético e moral. Isto é o que se di na teoría, pero o certo é que na práctica acontece de xeito moi diferente. En moitos dos casos o mero feito de obter uns beneficios económicos anteponse a todo o demais, ainda se a obtención destes fose dun xeito pouco ético. Na sociedade que vivimos, a economía xoga un papel moi importante. Porén, non podemos aspirar unicamente a obter beneficios sen pensar en nada máis: a economía ten uns límites previos de carácter ético.
Ao meu parecer, antes de levar a cabo unha acción que poderá xerar unha ganancia no futuro, deberíase valorar e así mesmo reflexionar previamente acerca de se esta acción é xusta ou non, se non estamos violando os dereitos, neste caso, dos animais, e demais aspectos.
Penso ademais, que as persoas, como cidadáns cuxos impostos se invirten nestas prácticas, teñen algo que dicir sobre devanditas cuestións así como tamén deberían poder opinar e dicir se estes cartos estarían mellor invertidos noutros ámbitos como a sanidade, educación, etc.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 20, 2015, 21:06

Na miña opinión no noso pais nas corridas de touros poñense por riba os beneficios economicos que os valores esticos xa que non so gañan os toureiros senon que tamne a administracion gaña un tanto por cen, e dicir, gañan cartos por matar animais? Isto parece un pouco iloxixo xa que antepoñen os beneficios economicos a vida dun ser vivo o cal se seguimos asi quen sabe pode acabar en vias de extincion.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 20, 2015, 21:41

Considerando o que ti dis Víctor, estou dacordo coa maioría dos meus compañeiros e contigo en que a obtención dun beneficio económico non debería ser o único punto a ver na aprobación de diferentes aspectos e non só nas corridas de touros. Aínda así vivimos nun mundo no que por desgraza, por enriba de todo prevalece a obtención dalgún tipo de beneficio, con preferencia do económico, e polo tanto este tipo de decisións e moitas outras tómanas xente con poder, para poder conseguir o seu propio beneficio. Desta maneira nós non podemos facer nada.
Como conclusión penso que a obtención dun beneficio económico non debería ser máis importante que outros puntos, e sobre todo na toma de decisións como as das corridas de touros, xa que me parece lamentable que se poida antepoñer o diñeiro á prohibición do maltrato dun ser vivo.

faa-uxiaca-
sais
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 20, 2015, 23:59

Os dez toureiros máis reputados poden gañar entre 120.000 e 240.000 euros por unha corrida nunha praza de primeira. Os aspirantes a primeira liña chegan a entre 2.000 e 3.000 euros por unha corrida nunha feira dun pobo grande. Os subalternos cobran nese caso uns 500 euros.
Os gastos de montar unha corrida nun pobo oscilan entre os 50.000 e 60.000 euros. Os concellos adoitan ofrecer unha subvención de 20.000 euros, para que as entradas non pasen dos 20 euros. Tendo en conta que as prazas non se enchen, os ingresos por entradas non superan os 30.000 euros (a todo isto habería que sumar os dereitos de retransmisión televisiva, en caso de habela). Encontrámonos ante un negocio pouco rendible, que depende totalmente das subvencións públicas e no que unhas poucas figuras do toureo e gandarías de renome moven as grandes sumas.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 21, 2015, 00:36

Opino que a anteposición dos beneficios económicos ás cuestións éticas é un feito que está á orde do día. Moitas actividades e operacións de todo tipo teñen como obxectivo único un beneficio económico, e a ética e os valores morais soen esquecerse. Opino que isto tamén ocorre con respecto ó tema deste foro: a tauromaquia. Ésta produce moitos benficios, e mentres sexa rentable a ninguén lle interesa detela; e prefiren darlle subvencións millonarias a este tipo de actividades nas que se tortura a un animal ata a morte, que a investigación científica ou a cousas máis importantes. Se as ábores deran billetes, non habería problemas de deforestación.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 21, 2015, 11:54

Moitas actividades relacionadas coas corridas de touros son financiadas con diñeiro público. Esto paréceme inaceptable xa que non se deberían antepoñer o beneficio económico ás cuestións éticas.Os que defenden a tauromaquía, excúsanse en que é bo para o Estado porque aporta un aporte económico importante, pero seguindo esto, tamén poderiamos poñernos a favor do contrabando de drogas, por exemplo, que tamén aporta un beneficio económico.
A obtención de beneficio económico, non debería sobrepoñerse nunca ós nosos ideais e cuestións morais, pois facer sufrir a un animal para obter diñeiro é algo que se escoita a cotío, pero, que o fin desa actividade, sexa para o disfrute persoal, aínda é máis inaceptable.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 21, 2015, 11:56

Respecto a que os touros sinten atracción pola cor vermella, non existe un estudo científico sobre un mito como leste.Pero poe exemplo o equipo de investigación do popular e por demais entretido programa televisivo de Discovery Channel: Mythbusters (Cazadores de mitos), derrubou o mito cunha proba empírica ben sinxela. Eles tomáronse o traballo de construír unha serie de muñecos ou matadores falsos e vestir a cada un con atuendos de 3 cores: vermello, branco e azul. Logo, colocaron os muñecos nunha gaiola e soltaron un gran touro para comprobar si este realmente podía sentir algo pola cor vermella en particular.

Os resultados foron ben claros, o mito é falso. O touro acometió coa mesma forza e tremenda ferocidad contra os 3 muñecos exactamente da mesma xeito, ata cando os tres colorees mesturáronse. Cun sistema de control remoto, o equipo tamén demostrou que, en realidade, o animal mostrouse máis activo cando os muñecos eran mobilizados.

O que chama a atención dos touros é o movemento, non a cor vermella, de feito, por iso é que como calquera de nós veriamos, cando unha persoa atópase en aprietos ou acurralado por un touro, os seus compañeiros intentan axudarlle correndo ao redor do touro para así chamar a súa atención. Non existe ningún tipo de proba científica ou argumento racional capaz de demostrar que os touros se enfurecen pola cor vermella, nin tan sequera que son capaces de distinguilos doutras cores.

Páginas: First << 8 9 10 [11] 12
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.092 segundos.

Os comentarios están pechados.