Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 10, 2015, 21:10

Nos últimos anos estase vendo como grupos animalistas e antitaurinos se plantan no medio das corridas de touros ou das rúas, totalmente espidos e protestando contra este tipo de espectáculos.
Os que están a favor da tauromaquia, argumentan que é unha tradición que xa ten máis de 500 anos e, polo tanto, estar en contra significaría estar en contra da cultura española. Outro argumento é que é un gran instrumento para atraer turistas e así gañar cartos. Por último, sosteñen que as corridas de touros son arte e unha mostra de virilismo.
Os opositores, teñen respostas ante estes argumentos. Din que porque algo sexa tradicional, non ten porque estar ben e menos cando se trata de facer sufrir a un ser vivo. A seguinte resposta é que os turistas tampouco senten tanta atracción por ver morrer a un touro, senón que os turistas son máis de praia. Por último sosteñen que hai diferentes formas de facer arte e que matar a un ser indefenso, non é viril.
Como dato, as subvención ás corridas de touros foron duns 564 millóns de euros en 2007 e cada ano aumenta.
Que pesa máis, a cultura ou non facer sufrir a un ser vivo?
Autor: Rubén Iglesias

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 10, 2015, 23:44

A corrida de touros ou toureo é unha festa que consiste en lidar touros bravos, a pé ou a cabalo, nun recinto pechado para tal fin, a praza de touros.
En lídaa participan varias persoas, entre elas os toureiros, que seguen un estrito protocolo tradicional, regulamento de espectáculos taurino, rexido pola intención estética; só pode participar como matador o toureiro que tomou a alternativa. É o espectáculo de masas máis antigo de España e un dos máis antigos do mundo. Como espectáculo moderno realizado a pé, fixa as súas normas e adopta a súa orde actual a finais do século XVIII en España, onde a corrida finaliza coa morte do touro.
As corridas de touros son consideradas unha das expresións da cultura hispánica. Practícanse tamén en Portugal (onde, a excepción dalgúns municipios, non se lle dá morte ao touro na praza dende 1836, durante o reinado de María II), no sur de Francia e en diversos países de Hispanoamérica como México, Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela e Costa Rica.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 12:22

Nos últimos anos do Imperio Romano, son as primeiras noticias sobre a participación de touros en espectáculos, cuxa finalidade era ofrecer violencia gratuíta. Estas prácticas eran chamadas venerationes, loitas en que animais loitaban contra outros animais, homes loitaban contra animais ou homes e mulleres eran lanzados ás feras como castigo deshonroso, xa as súas mortes, convertíanse nunha diversión para o pobo.

Xulio César foi quen introduciu os touros de Hispania nas venerationes que se organizaban no Coliseo de Roma. Un coñecido matador de touros foi un tal Karpóforo. Ovidio describe que usaba unha tea vermella para chamar a atención do animal para que arremetese e logo o mataba armado cunha espada e un escudo.

Durante o período de formación dos reinos cristiáns, o primeiro espectáculo taurino formalizado que coñecemos tivo lugar en León, en 815, aínda baixo dominio árabe, aínda que os seus organizadores eran cristiáns.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 12:23

Dende logo e verdade que a tauromaquia ten historia, pero os tempos cambian... E todo aquilo onde se faga sufrir a un ser vivo non se debería considerar unha arte nin por suposto un deporte, máis ben debería ser considerado unha matanza.
Pero isto, hoxe en día, é un negocio onde se manexan cantidades enormes de capital, e tamén esta subvencionado. Acabar coa tauromaquia e case imposible polo mero feito de que produce beneficio a os seus inversores.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 16:00

Para min, a tauromaquia é unha tradición que se debería parar xa, xa que se trata de algo moi antigo propio de xente pouco civilizada e de sociedades primitivas. Eu penso que coa evolución e o desenvolvemento social que hai hoxe en día, esta clase de 'celebracións' deberían prohibirse xa, pois o único que fan é facer sufrir a un pobre animal.
Reforzo todavía máis a miña postura ao coñecer a gran cantidade de cartos que se detina a esta actividade, pois paréceme desorbitada e totalmente esaxerada. Empregando estes cartos noutros ámbitos como a educación ou a sanidade o noso país prosperaría moito máis e mellor. O peor é que xente que probablemente se queixe de recortes e falta de cartos, logo vaia apoiar estos actos que tan pouco beneficio provocan.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 16:01

A tauromaquia vén definida na Wikipedia como «a arte de lidar touros», tanto a pé coma a cabalo, e remóntase á Idade de Bronce. Na actualidade, a actividade máis coñecida da tauromaquia é a corrida de touros. Dende o seu nacemento como espectáculo moderno, no século XVIII, as corridas de touros sufriron críticas, prohibicións e mesmo tiveron que sortear numerosas dificultades.

Se ben as corridas de touros poden ser catalogadas de tradición por seren practicadas durante todo este tempo, o certo é que isto non é escusa para continuar maltratando a devanditos animais. Todas as culturas occidentais e non occidentais conteñen tradicións destrutivas. Na miña opinión, a antigüidade dunha tradición non é escusa para a crueldade.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 16:46

A corrida de touros é seguramente un dos costumes populares españois máis coñecidos aínda que ao mesmo tempo máis controvertidos. Esta festa non podería existir sen o touro bravo, unha especie de touros dunha raza antiga que só se conserva en España. Antigamente, o antepasado deste touro, o primitivo urus, estaba repartido por grandes áreas do mundo.
Aínda que diminuíse o apoio popular ás corridas de touros, o fin das festas crueis dependerá do grao de respaldo dos medios de comunicación, dos intereses económicos e das institucións públicas e relixiosas que tradicionalmente as xustificaron e manteron, política e materialmente, permitindo a implantación do "status quo" taurino e a perda de valores éticos e relixiosos do modelo de sociedade actual.
Na miña opinión este tipo de práctica que conleva a celebracións debería desaparecer xa, ou pola contra, con este tipo de valores a nosa sociedade non prosperará endexamais.

As corridas de touros en América, Francia e Portugal atravesaron os mesmos dilemas que en España, decretándose prohibicións civís e eclesiásticas que, salvo algunhas excepcións, non se respectaron, aínda que contribuísen ao desenvolvemento dun estilo diferente de espectáculo.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 18:43

Na miña opinión, loitar fronte a un animal indefenso e medio moribundo non é mostra ningunha de virilismo, senón de cobardía. Aos touros crávanselle banderillas, maltrátaselles antes de saír fronte ao toureiro e o toureiro posúe unha espada para aniquilalo. Se isto é virilismo, mal vamos.
Tamén destacar, que poñer a excusa de que é unha tradición, non é motivo suficiente para que este feito continúe. Entón, se neste país a tradición fose asasinar a persoas con enfermidades terminais, faríase?
Como di Iago, se esos cartos se destinasen a sanidade e educación, mellor iría. Aomellor é que os recortes que están facendo os liberais vai a estes "festexos". Creo que dicir que isto produce beneficios e que polo tanto non se poden prohibir, é unha tontería. Pódense sacar cartos de diferentes formas sen ter que matar a un ser vivo.
Creo que este tema debe ser sometido a Referendum, como o tema da República. O problema é que algúns partidos teñen medo a que saia máis votado o que eles non queren.

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 18:46

As corridas de touros levan dende fai moitos anos, seculos na cultura española, quizás e una tradición, pero os tempos cambian, e agora ten mais persoas en contra que a favor, esto e debido a que os toros sufren, e eu penso que ningun animal debe sufrir para que outro ser disfrute vende o espectáculo.Polo que eu, deixaría de dar subvencions tan grandes, e si fose posible, parar completamente as corridas de touros.

fab-nereab-
etanzos
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 20:02

Respecto a tauromaquia eu non estou a favor,todas as culturas tanto as occidentais como as orientais teñen elementos destrutivos pero iso non a xustifica asi como a tradición non xustifica a crueldade.Por outro lado os defensores da tauromaquia sosteñen que as corridas de touros son arte e unha mostra de virilismo pero o aprecio e o respecto non se demostran por medio da tortura.Finalmente que a tradición conteña tamén outros aspectos, non diminúe a súa crueldade.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.142 segundos.

Os comentarios están pechados.