Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 22:49

A tauromaquia, aínda que hoxe en día poida resultar estraño vela como tal, é unha tradición que se comezou a celebrar no noso país no século XVIII. Desde esa época ata agora, foron moitas as persoas (entre elas personaxes destacados) que defenderon esta práctica. Sobre isto, creo que cada persoa é libre para reflexionar e elaborar unha opinión, e se alguén quere ir a ver unha corrida está no seu dereito. Con todo, hai que pensar que isto non xustifica que un animal teña que sufrir tal maltrato simplemente para facer que unhas persoas se divirtan e outras gañen cartos.

A pesar de que esta é unha das tradicións máis relevantes do noso país, temos que pensar que desde o momento no que se creou ata agora pasaron moitos anos e que a sociedade tamén avanzou moito. É por isto polo que creo que é ilóxico como nunha sociedade coma a nosa se permitan tales actos, aínda que a tauromaquia sexa unha tradición temos que pensar que non tódalas tradicións teñen que seguir adiante. Necesitamos abrir as mentes e percatarnos da situación ante a que nos encontramos.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 09:06

😉
OUTRAS OPCIÓNS?
Existen noutro países “corridas” de touros sen a morte ao final? Considerades que se fose así, non se trataría de mal trato?

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 16:06

Que eu sepa, non existen corridas de touros, e que acaben en morte, pois tampouco. Quizáis en algunas relixións sacrifican animais, pero sin facer as corridas de touros antes, simplemente por tradición.
Penso que si solo fosen corridas de touros, e despois liberar os animais, non tería mal ningún, quizais algo de burla, pero non ten nada que ver una cousa ca outra. Polo que eu considero, que non sería mal trato.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 16:18

As corridas de touros tamén se levan a cabo en Portugal (onde, a partir de 1836, non se permite que morra, a expeción do municipio de Barrancos, onde si se sacrifica o animal), no sur de Francia e algúns países de Hispanoamérica (México, Colombia, Perú, Venezuela, Costa Rica...). As corridas de touros constitúen o espectáculo de masas máis antigo de España e un dos máis antigos do mundo, e é a partir do século XVIII cando a corrida finaliza coa morte do animal.
Considero que ainda que en Portugal non acabe coa morte do touro, segue sendo maltrato, posto que o animal sofre a pesar de que non chega a tal punto de morrer.
Creo que se deberían frear xa estas tradicións xa que, como moitas outras persoas, facer sufrir animais, ben sexa por tradicións ou, como algúns din, 'diversión' non é para nada ético.

fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 16:28

A orixe das corridas de touros en España afunde as súas raíces na cultura grecolatina que é introducida no proceso de romanización. O culto ao touro como divindade e o seu sacrificio ritual está constatado nas civilizacións minoica e outras do mediterráneo oriental dende polo menos a idade do bronce. Os romanos, que incorporan á súa propia cultura os mitos e divindades da súa zona de influencia, comezan a conquista de Hispania co seu desembarco en Ampurias, na actual Cataluña, no contexto das Guerras Púnicas. A romanización, que comeza na Tarraconense e se estende cos séculos a toda Hispania, instaura na cultura local os xogos e loitas de feras, nas que o touro era un animal de frecuente intervención, existindo constancia de loitas contra osos, leóns e por suposto seres humanos.
Durante a ocupación visigoda e nos primeiros tempos do califato omeya, hai certa escuridade sobre espectáculos taurinos, aínda que a persistencia destes en etapas posteriores dan idea de que a arraigada costume perviviu intacta a través do tempo.
Aínda que en España se siga considerando "tradición" tamén hai outros países como Portugal onde as corridas non acaban coa morte do animal.
Aínda que non rematen matando ao touro, sigo estando totalmente en contra das corridas, a tauromaquia e todo o que teña que ver con iso. Aínda que o animal sufra menos segue sendo maltrato e non podo entender que haxa xente que goce vendo como matan un animal e o consideren "arte" por moita "tradición" do país.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 16:52

Teño constancia de que os países sudamericanos tamén celebran corridas de touros. Isto débese a conquista de América no século XV por parte do Imperio esoañol. En Portugal tamén se celebran corridas de touros, pero o espectáculo non acaba coa morte do animal, agás nun pequeno municipio chamado Barrancos. Na miña opinión, España debería tomar exemplo de Portugal e non acabar coa morte do touro, eso si, estou a favor sempre e cando se garantice o non sufrimento do animal.

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 17:01

En países coma México as corridas de touros finalizan igual que no noso país, eu creo que esta 'arte' non é de moi bo gusto xa que se tortura a un animal ata o punto de chegar á súa morte e penso que non o merecen por simple diversión da xente, dado que hai moitos outros entretementos sen ter que asasinar a ningún ser vivo. Aínda que ao final das corridas non se producira a morte do animal non se deberiían de seguir realizando porque segue sendo unha humillación para o animal.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 17:02

A tourada portuguesa é un dos exemplos de falso mito de corrida de toros incruenta.
En Portugal celébranse as chamadas touradas, unha variedade de corrida de touros con similitudes e diferenzas notables coa corrida española, pero ambas as dúas son espectáculos de extrema crueldade cara aos animais.
Na miña opinión, o propio feito de lidiar os touros nas corridas trátase dun acto violento ata nos casos nos que non se mostran trazos de violencia, os que son moi poucos, o que aumenta cando aparecen as mortes destes, no que o mal trato é suficientemente notable.

fab-nereap-
orta
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 17:07

Na miña opinión creo que aínda vivimos nun país de necios, que non entenden que facer sufrir un animal non é divertido, atracción turística ou tradición. Os tempos cambian e suponse que cada vez vamos avanzando é facer sufrir a un ser vivo non é precisamente un avance. Obiamente podese ver que é un negocio do cal sacan moitos cartos, pero é iso un simple negocio. Eu non digo que non fagan corridas de touros ou que toureen aos touros senon que o fagan dunha forma correcta onde o animal non sofra nin se acabe matando.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 17:35

Segundo teño entendido, as corridas de touros tamén teñen lugar en diversos países sudamericanos como son México, Perú ou Venezuela. Supoño que isto débese á importante colonización española co descubrimento de América e a gran influencia que provocamos sobre esta zona. Ademais, en algúns destes lugares está estipulado pola lei que non se pode matar ao animal senón que a estocada final realízase quitándolle un adorno floral que o touro leva no lomo.
Dende logo, as medidas tomadas neses lugares son moitos mellores que as que temos en España onde se sacrifica a un animal sen motivos razonables. Ademais, tampouco está permitido cravarlle ningunha pica ao animal, polo que este non recibe dano físico ningún. Para min estas normas deberían extrapolarse ao resto de lugares onde se practica a tauromaquia de xeito que ningún animal rematase sufrindo, o que suporía un gran avance dende o meu punto de vista.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.12 segundos.

Os comentarios están pechados.