Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
faa-uxiaca-
sais
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 18:05

Na miña opinión definir as corridas de touros como unha arte é un eufemismo por que, que é a tauromaquia máis que unha forma de maltrato animal?.
Non estou enterada de se hai corridas de touros que non rematen coa morte do animal, pero aínda así non me parece que ese acto poida ser considerado cultura xa que antes de facer a propia corrida xa os touros son maltratados ao metelos nuns caixóns escuros para atordalos e amedrentalos. A miña forma de ver calquera tipo de tauromaquia, xa sexa matando o touro ou non, non debe ser considerado cultura por que están a maltratar a un animal.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 18:10

Na miña opinion debería de pesar máis a defensa aos touros como seres vivos que sofren en cada corrida de touros que hai xa que non fai falla matar a un animal para disfrutar. Por exemplo nos San Fermins so se trata de sacar os touros a calle e correr con eles non os matan nin moito menos, ata onde eu sei, pero o que me parece inxusto e que existan unha serie de homes que cobren por dar un espectaculo de matanza e que ainda por enriba haiga moita xente que pague por ver esas atrocidades. As corridas de touros ainda que os defensores delas digan que atraian aos turistas eso non se pode saber con total veracidade e ademais os turistas tan se poden interesar por outras cousas que non sexan as corridas de touros, e o que me parece mais inxusto e que o noso goberno subvencione estes eventos, parece que non se dan de conta que matan a moitos animais eles mesmos.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 19:25

Un exemplo de lugar no que a corridas non termina en morte é:as Touradas ou corridas de toros á portuguesa. Nas corridas de touros portuguesas utilízanse a touros cunha idade media de 4 a 6 anos. En cada corrida lídanse 6 touros. A diferenza principal coas corridas de touros estilo español é lída do touro dende un cabalo,ademais o touro non é matado na praza.
Outro tipo de corrida é Capeas: o termo capeas refírese a corridas de touros sen toureiros afeccionados onde se provoca ao touros co capote. Neste tipo de corridas non se mata o touro.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 21:15

En Portugal existen as chamadas touradas, unha variedade da corrida de touros con similitudes e diferenzas notables ca corrida española, pero ambas son espectáculos de extrema crueldade cara os animais.
No espectáculo portugués móstranse diferentes trazos de crueldade, pero a tortura que reciben os toros realízase na súa maioría de forma oculta. Ao igual ca en España, lídianse seis touros por corrida e o obxectivo dos terzos previos á parte final é debilitar ao touro cansándoo e desangrándoo, pero non para matalo, senón para inmobilizalo, pois está prohibido picar e dar morte ao touro na praza.
En Portugal, os touros son lidiados cos cornos cortados. Así, o principio do calvario ao que serán sometidos comeza co corte dos cornos e a colocación duns artigos de coiro e ferro no lugar dos mesmos.
No primeiro terzo, ao igual que na corrida española, a lidia é cabalo, pero a diferenza do picador español, o toureiro a cabalo portugués crávalle banderillas.
No segundo terzo, toréase a pé e con capa. O obxectivo do toureiro é cansar ao touro e cravarlle un par de banderillas, para que chegue suficientemente debilitado á parte final da corrida.
Cando o touro se encontra ferido polas banderillas, cansado e debilitado, debe enfrontarse aos forcados, un grupo de 8 homes que tratarán de inmobilizalo sen ningunha protección, corpo a corpo.
Aparentemente, a corrida portuguesa non é tan perversa como a española, xa que a morte del touro non forma parte do “espectáculo”.
Mais os touros, unha vez retirados da area, son encerrados en nun curral da praza onde lles arrincarán as banderillas estando vivos. Esta extracción é moi dolorosa, xa que estas están deseñadas para cravarse na carne e non poder extraerse. Cando as banderillas son arrancadas, o touro aínda se encontra máis ferido y segue perdendo sangue.
Ademais, o regulamento portugués establece que os touros de lidia non poden ser matados nas prazas, senón que deben ser trasladados a un matadoiro. Así, todos os touros de lidia deben ser sacrificados no único matadoiro autorizado en todo o país para sacrificar touros de lidia, situado na localidade de Santarém, ata onde deben ser transportados en camión.
Ao meu parecer, esta práctica é tan cruel coma en España, xa que ao fin ao cabo, aínda que o touro non sexa asasinado na praza, o seu destino e sufrimento son os mesmos, ser maltratado , ferido e sacrificado para o disfrute dun público e o beneficio económico dun toureiro.

fab-dariov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 21:16

Se non se dese morte ó animal eu creo que non faria falta prohibilas corridas de touros, a pesar de que sufran de estrés durante o viaxe e mentras están encerrados, non hay que olvidar que as aves que crecen en granxas para facer carne pasan condicións moito peores. Un exemplo claro de tauromaquia sen morte do touro dase en Portugal, donde os touros que se torean teñen os cornos cortados e non se matan "in-situ" senon que se debilita ata o punto no que apenas é capaz de escapar polo seu propio pé da arena. Ainda que se cambiase totalmente a maneira de torear neste país eu seguiria en contra porque opino que non é para nada cultura, e o feito de que se leve facendo durante moito tempo non o convirte en algo intocable, de ser así ainda estariamos vivindo na idade media.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 14, 2015, 22:38

Existen "corridas" de touros fóra de España, pero non se fan da mesma maneira. En Costa Rica nos diferentes pobos hai prazas de touros, nas cales durante as festas patronais fan campionatos de monta de touro. A lei prohibe matar os touros e outros animais en espectáculos públicos ou privados. Tampouco se lle pica nin fere con banderillas. Eu considero que esto non é maltrato, simplemente é unha festividade na que ten máis posibilidades de salir ferido un costarricense ca o touro. De todas maneiras, a xente divírtese, pero non a costa do sufrimento dun pobre animal indefenso que é torturado ata a morte. Cabe sinalar que noutros países o asasinato de animais en espectáculos está prohibido por lei, e aquí é algo que se aplaude, desgraciadamente.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 15, 2015, 10:50

A pesar de que non se matase ao touro, seguiría sendo maltrato, porque o touro ten que saír debilitado porque se non mataría ao toureiro xa que un touro ao cen por cen é un animal moi forte. Ademáis, o touro é un animal herbívoro, e polo tantoa s úa natureza non é a de atacar as persoas nin a ningún animal, a non ser que invadan o seu territorio na natureza ou, nas corridas, se lles provoque previamente. 48 horas antes, encérranos nun caixón a oscuras, onde polo estrés perden entre 40 e 50 kilos. Esto provoca que, ao soltalo, o touro coa luz e cos berridos do público esté bravo e desconcertado, pero a natureza súa e a de ser un animal dócil. Tamén se lles recortan os cornos, para que o toureiro teña menos peligro. Colgánlle sacos de arena no pescozo para provocalo e cansalo ao mesmo tempo. Ademáis, dánselle productos que lles producen diarreas e así non poida correr ao cen por cen e ao mesmo tempo productos nas patas que lle producen picores e así estean movéndose continuamente, o que provoca que o touro teña que estar trotando seguido, pero non pode esprintar xa que lle doe a barriga. Os ollos úntanselle con grasa e vaselina para que non vexan ben e no pescozo prodúcenlles violentos cortes para que non faga movementos bruscos da cabeza e así que o toureiro non leve unha cornada. Tamén se lles mete productos na nariz para que non respire ben e se fatigue pronto. Combinado todo esto, o touro non sale a plaza nin ao 30 por cento e, dende o meu punto de vista, esto é un maltrato e unha tortura, aínda que ao touro despois non o maten.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 15, 2015, 14:08

Hoxe en día existen corridas de toros sin chegar a morte do animal. Sen ir moi lonxe,en Portugal. Este país é unha das excepcións. O toreo está dividido en varios tercios, os dous primeiros terzos desenvólvense exactamente igual que no resto do mundo taurino, a excepción da figura do picador. A diferenza chega no último terzo. Aquí, o touro é lidado, pero prescíndese do uso da espada para matalo na arena. Ata este punto, dende a miña opinión o animal tamén sufre. Ademáis, moitas veces o que ocorre e que o animal volve para o corral de onde saliu, e alí é matado. Actualmente, estas prácticas estánse poñendo de moda en EEUU, onde podemos atopar lugares onde, durante a corrida, o touro leva un anaco de velcro nas súas poderosas costas. Os dardos con puntillas, ou banderillas, están forrados con velcro. En vez de picar o touro, péganse. De todas as maneiras, o animal sempre sufre dende o meu punto de vista, polo tanto gustaríame concluír dicindo que por moitas propostas diferentes e intentas de melloras a verdadeira solución e acabar con todo tipo de corridas de touros.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 15, 2015, 16:26

Portugal é o único país do mundo taurino no que non se mata ao touro logo da corrida. Desta maneira, parece menos perversa que a española, pero esto non é de todo verdade. Os touros, unha vez retirados da area, son encerrados nun curral da praza onde lles arrancarán as banderillas estando vivos. A extracción das banderillas é moi dolorosa xa que estas están deseñadas para cravarse na carne e non se poder extraer. Cando unha banderilla é arrancada, sempre esgaza e arranca anacos de carne. Se as banderillas están moi cravadas son retiradas cortando anacos de carne cunha navalla.
Cando as banderillas foron arrancadas, o touro aínda se encontra máis ferido e segue perdendo sangue, xa que se lle formou un verdadeiro cráter no lombo, o cal lle causa unha inmensa dor.
Ademáis, que os touros non sexan matados na praza non singifica que os curan e os manteñen con vida, se non que son trasladados a un matadoiro para sacrificalos alí.
En xeral, as corridas parécenme verdadeiras atrocidades na que se busca o divertimento do público co sufrimento dun animal. E non comparto esta idea de querer xustificarse coa proposta de que o touro non sexa matado ao final da corrida, porque sofre igual.

fab-tatian-
ameis
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 15, 2015, 16:27

As corridas de touros non só teñen lugar en España, se non que hay outros paises en sudamérica que tamén o fan. En moitos de estes países non teñen permitido matar os animais.

Segundo a miña opinión facer isto é unha moi boa opción xa que poderíase conservar a tradición á vez que non se sacrifican os animais facendo así posible que ambos bandos estiveran contentos. Inda que desposis de tomar estas medidas a xente volvería a queixarse, esto sería unha boa forma de unir ambas opinións, os que están a favor seguirían tendo as corridas de touros con todas as súas cousas boas, e os que están en contra delas por culpa de que os animais sofren xa non pensarían eso.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.116 segundos.

Os comentarios están pechados.