Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11 12
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 08:42

😉
Hai moitas activdades entorno ás cales existe unha economía que beneficia a determinadas persoas relacionadas con ela. Iso non significa que haxa que poñer o beneficio económico por riba das cuestións éticas. Está claro que os beneficios económicos non sempre deben prevalecer sobre outros. Que opinades?

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 15:46

En canto ao que o panorama nacional se refire, cabe destacar que a nosa comunidade autónoma é unha das que menos espectáculos taurinos celebra. En total son oito os espectáculos celebrados ao ano, tres na Coruña e catro en Pontevedra.

Según unha encuesta, Galicia é unha das comunidades que máis rechazo da as corridas, sendo estas despreciadas polo 86% dos seus habitantes. Tamén hai que destacar que dentro de esta situación existen varios concellos que son antitaurinos, é dicir, que prohíben as corridas de touros. Respecto a isto, creo que é unha iniciativa moi boa da que os demáis concellos deberían tomar nota.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 15:47

Ben é certo que das corridas de touros, os toureiros sacan un beneficio económico, pero creo que hai mellores formas e outro tipo de actividades éticas para sacar un beneficio que facer a un animal, sexa cal sexa.
Así, considero que os beneficios económicos non deben prevalecer sobre outros, xa que non ten máis valor sacar diñeiro que facer sufrir a un animal cunha morte lenta mentres o público parece disfrutar véndoa.
Deberíase crear outro tipo de actividades para que as persoas puidesen beneficiarse delas sen incluir o maltrato animal.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 19:05

Coincido coa idea de que os beneficios económicos non deberían prevalecer sobre os demais, xa que en moitas ocasións, este beneficio prodúcese a costa de outros factores, e nesto caso, o beneficio prodúcese a costa do sufrimento dun animal que non ten culpa ningunha. Ao meu parecer, se existen outras actividades de carácter lúdico e consideradas tradicións, porque non se pode incentivar o seu seguemento de tal xeito que creasen tantos beneficios como a tauromaquia? Se todo o mundo que segue esta actividade atroz, invertise o mesmo diñeiro noutras experiencias mellores, ao final, ramataríase conseguindo o mesmo sen facer sufrir a ninguén.
En conclusión, penso que o mellor dunha actividade xa sexa tradicional ou non, é que se poida practicar sen perxudicar a ninguén e producindo beneficios para todos. Ademais, é moito mellor a existencia dunha gran diversidade de pasatempos que a dun só que aínda por encima perxudica aos touros neste caso.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 19:24

Esta claro que hai certas persoas que se benefician economicamente de todas estas actividades, para eles esta claro que o beneficio económico esta por encima das cuestións éticas. Dalles igual que os animais sufran, quizas deberían poñerse na situación que se pode ver nalguns dibuxos, nos cales os touros xogan cos toureiros.
Esperando así que se dean conta do que realmente é importante.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 19:25

A tauromaquía é unha actividade que económicamente move cartos pero noon por eso debe de estar permitida. Se nos baseamos neste criterio tamén poderíamos facer peleas entre persoas a morte que seguro que tamén xenerarían cartos e máis non o facemos. Pois cos touros o mesmo. E aparte, Cataluña, que é unha das comunidades autónomas que mellor está actualmente, é antitaurina así que pódese prescindir desta actividade totalmente, xa que os uristas prefiren a playa e a festa antes que os touros(na gran mayoría).

En conclusión penso que a pesar de que os beneficios económicos son importantes, eses beneficios económicos poderíanse sacar doutros lados, e aparte de con actividades deportivas ou tradicionais, evitando que xente como Bárcenas ou Rato cheguen a estar en primeira línea da política estafando millóns e millóns de euros.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 19:33

Por desgraza, o mundo no que vivimos e toda a nosa vida están rexidos pola economía, pois todo se realiza con vistas a obter beneficios económicos a partir diso. Ao meu parecer, isto non debería ser así, xa que moitas veces a economía lévanos a realizar determinadas actividades pouco éticas e morais, como é o caso das corridas de touros.
Así, considero que debemos ter un pouco máis de cabeza e non poñer a obtención de beneficios económicos por riba de cuestión éticas, xa que nestes caso a fin non xustifica os medios, pois obter beneficios e económicos non avala , no caso particular das corridas de touros, facer sufrir a un animal, senón todo o contrario, só mostra falta de moral.
Para concluír, dende o meu punto de vista, é posible manter unha economía sustentable sen ter que pasar por riba dos principios éticos e morais.

faa-nereae-
iras
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 21:04

Vivimos nun mundo no que os beneficios económicos están por enrriba de calquer cousa. Incluso está sobre o sufrimento de animais que non o merecen nin o buscaron. Existen moitas tradicións na que sofren os animais sen importarlle a ninguén xa que, ao ser tradición moita xente se opón a perdela e ,ademáis,no caso do noso país o mundo taurino trae moitos beneficios económicos, tanto para os propios toreros como para o país xa que , aínda que pareza mentira, atrae turistas curiosos por ver esta tradición inxusta e salvaxe.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 21:08

En Austria e Alemaña, un grupo de economistas, analistas e estudosos de distinta orixe leva dándolle varios anos voltas a esta abraiante contradición. Tratan de dilucidar en que momento a economía se divorciou da ética e se habería de volver reunilas algún xeito. A finais do 2010 deseñaron un modelo que pretende facer compatible os asuntos do peto cos da moral. Chámano Economía do Ben Común e os seus principios, que de lonxe poden soar a utopía dun mundo feliz, tan ideal como irrealizable, están sustentados en referencias e cálculos reais, contantes e sonoros.
A referencia da economía solidaria é cada suxeito e as comunidades creadas dende as iniciativas sociais, polo que non se identifica segundo os beneficios materiais dunha iniciativa, senón que se define en función da calidade de vida e o benestar dos seus membros e de toda a sociedade como sistema global.
No propio século XXI, na miña opinión, facer que estas dúas contradiccións, como se ven hoxe en día, volten a complementarse, será tarefa de todo un conxunto da sociedade, na que os nosos representantes, os políticos, deberían ser os primeiros en comezar a poñer a economía na área da ética, en práctica.
Ao final, isto funcionará se a xente ve que é imprescindible que se aplique. E hoxe, coa crise, son máis os que pensan así.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 18, 2015, 21:19

Sigo dicindo o mesmo, se eses cartos se invertisen en axudar a xente que o necesita de verdade, non habría problemas. Ademáis, como indica Manuel, Cataluña é unha das comunidades autónomas máis sobresaíntes de España e ali a tauromaquia está prohíbida. Hai diferentes formas de gañar cartos, e non matando a un animal. Se o arte consiste en matar a alguén, que se metan dous homes na praza ata que un morra, pero que non collan a un animal indefenso e que nada ten que ver para que uns "señores" disfruten vendo como sufre. O problema xa non é so dos toureiros, senón da xente que paga para que estes espectáculos sigan en pé que é o máis triste, que a xente aplauda e celebre o asasinato dun animal.
Hai xente tendo que mendigar un pedazo de pan mentres outros saen vitoreados e con miles de euros no bolsillo despois dunha hora de "duro traballo", matando a un animal que nin sequera sae ao cen por cen das súas facultades.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11 12
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.094 segundos.

Os comentarios están pechados.