Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 9 10 11 [12]
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 21, 2015, 12:10

No sistema económico capitalista o obxectivo das unidades económicas indiscutible é a obtención do máximo beneficio. O éxito dunha empresa, unha cooperativa ou unha multinacional mídese de xeito inmediato a través do balance financeiro, que cada ano reflicte nunha soa cifra o beneficio ou perda rexistrada. Dende o meu punto de vista, o toreo é unha actividade principalmente económica. De feito, en 2012 na comunidade de Madrid o goberno condeceu 2,2 millóns de euros a actividades taurinas, das que iban a sacar incluso máis beneficios. Isto, sorprendeme bastante posto que non entendo como se poden invertir tantos cartos en actividades deste tipo ou como unha actividade económica pode pasar o nivel ético.

fab-lauraf-
alcon
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 21, 2015, 12:16

Como pasa con todo, a tauromaquia ten argumentos a faor e encontra que son importates a ater en conta, e una da razóns a favor seria que dan negocio, e polo tanto a cartos, a festa e corridas de touros son fonte de emprego para moitas persoas e benefician a gran parte de prestadores de servizos coa derrama económica que xeran os espectáculos taurinos. Pero que dea cartos non significa que poidamos facernos ricos co sufrimento dun animal. Hai veterinarios que din que os touros que non son matados despois dunha corrida teñen graves danos psicolóxicos e físicos, sofren de taquicardias de cortes, queimaduras. A obtención de beneficio económico, non debería sobrepoñerse nunca ós nosos ideais e cuestións morais. Facer sufrisr así a un animal hasta a morte non deberia ser obxeto de diversión para a xente.

faa-xacobo-
pineiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 21, 2015, 18:01

Ainda que as corridas de touros non sean eticas, deberiase ter en conta unha maneira de dar traballo a todas as persoas que quedarian sen emprego xa que ca crise actual, non estamos como para crear mais paro

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 21, 2015, 20:53

Ao meu parecer, o argumento que usa Xacobo non é válido para aceptar as corridas de touros. Se ben é certo que nos tempos de crise que corren non se deben destruir postos de traballo (algo que, por desgraza, se fai moi a miúdo), creo que, se se suprimiran as corridas de touros, o capital que actualmente se destina a esta actividade, podería ser investido, precisamente, en crear postos de emprego en outro tipo de sectores, especialmente en aqueles que nos axuden a mellorar e avanzar como sociedade, e non a quedarnos estancandos na "Idade Media", onde demostraremls seguir se continuan a levarse a cabo as corridas de touros no noso país.

faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 22, 2015, 16:06

As corridas de touros sí que é certo que proporcionan un beneficio económico á certas persoas pero isto non quere dicir que as corridas de touros sexan éticas. Penso que hai outras vías polas cales tamén se poder obter beneficios económicos sen ter que facer dano a un animal, ademais non me parece comparable que por ter un beneficio económico estea ben feito xa que polo tanto deberíamos aceptar outras formas de obter beneficios como o contrabando de drogas que tamén aporta un beneficio.
Na miña opinión a anteposición dos beneficios económicos ás cuestións éticas non é correcto pero hoxe en día ocorre con moitas actividades non só coas corridas de touros.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 22, 2015, 16:54

Buscando información sobre o que pensa a xente sobre a tauromaquia atopei que a maior parte dos españois están en contra desta práctica, sendo as mulleres as que menos se interesan pola tauromaquia.

Con respecto á idade as persoas menores de 24 anos son as que menos lles interesa, e a partir dos 65, sería cando cambian as tornas e aparece máis persoas as que lle interesan esta práctica. En canto a estes datos, penso que reflexan o cambio de mentalidade das persoas a medida que os anos avanzan.

Para finalizar sigo mantendo a miña postura totalmente en contra do maltrato innecesario que se lle fai a estos animais. Espero que dentro de uns anos xa case non haxa corridas de touros.

Páginas: First << 9 10 11 [12]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.077 segundos.

Os comentarios están pechados.