Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 21:39

Eu opino que deixar que as empresas privadas sexan as únicas que invirtan en investigación non é correcto. As empresas privadas invisten en campos da investigación, pero tampouco teñen porqué facelo, polo tanto penso que hai que favorecer o investimento con desgravacións fiscais ás empresas. Pero por outra parte, a inversión privada non chega a campos como a investigación nas universidades, e aquí é cando as subvencións do estado toman parte. Se se eliminan estas subvencións, retrasarase moito o desarrollo e a innovación. Non se pode deixar todas as responsabilidades ás empresas porque desta maneira non teríamos asegurada a financiación de algo tan importante como a investigación.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 22:01

😉
Como exemplo de que a investigación ten un efecto directo sobre a economía; facilítovos o seguinte texto doutro xornal:
"Esas uvas que ya transportan a los silos encierran bajo su pellejo el mejor ejemplo de I+D+i, eso tan poco comprensible para el ciudadano de a pie que es Investigación más Desarrollo e Innovación, aplicados a la enología, algo que es lo mismo que decir a nuestra vida corriente. Vanguardia científica y tradición bodeguera en aras de mejorar uno de los caldos gallegos más universales".

I+D+I significa Investigación+Desenvolvemento+Innovavión. Ven a significar que a investigación nos leva a innovar en novos compos e como consecuencia somos máis competitivos nos mercados co cal, aumentan os ingresos na comercialización dos productos. Póñovos o exemplo do albariño para que vexades que o campo de investigación tamén implica as cousas máis próximas a nos e se queremos competir no mundo do viño e aumentar os ingresos de viticultores e bodegueiros, cómpre investigar.
Desexaría que me dixérades se con este exemplo sodes capaces de comprender mellor a implicación que ten o descenso da inversión sobre a investigación sobre a economía do noso país.

fab-laraco-
res
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 23, 2015, 08:32

Posto ese exemplo, precisamos sen dubida algunha a imversión na investigación do noso país. Pois como é aqui en Galicia, moitas persoas viven do viño, e sen este non podría vivir.
E non só e viño, se non se nos poñemos no mesmo sitio, atopamos diversas cousas que se siyuan no mesmo lugra. Con esto queda claro, que a crise afecta en cadea dende o minimo detalle que algunhas persoas non perciben e non dan importancia.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 23, 2015, 19:55

Este exemplo deixa todavía máis claro a grave repercusión que ten reducir o número de inversións no I+D+I. Penso que a calidade da creación científica está moi ligada á inversión que existe, xa que para ter aos mellores científicos con acceso a ferramentas especializadas e nunhas condicions aceptables para realizar o seu traballo necesitase unha elevada inversión.
O que vexo con esta noticia é que se reducimos tales inversións, non só se verá perxudicada a investigación en xeral de España senón que isto tamén afecta a cada persoa case por individual para poder manter e mellorar o seu negocio.
En conclusión, opino que se non se pon o I+D+I en mans de quen saiba xestionalo, os cimientos de España viranse abaixo todavía máis remataremos aínda peor do que estamos hoxe en día.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 23, 2015, 20:47

Con I+D+I pódense acabar creando,por exemplo conservantes que manteñan a uva máis tempo en mellores condicións, pesticidas máis potentes que reduzan o número de uvas comidas polos insectos e polo tanto aumente a colleita, máquinas para explotala uva de forma máis eficiente, etc. Todo isto reduce os precios e aumenta a colleita, polo tanto o noso viño,tanto albariño coma tinto, que xa goza dun gran prestixio e é bastante famoso, se ademáis posúe un precio asequible, venderase moi rápidamente, porque se che ofrecen dous productos e un é mellor e aínda encima máis barato, lóxicamente vas comprar ese producto.
PD:Eu prefiro o TINTO DE BARRANTES

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 23, 2015, 20:55

Despois de ler este exemplo teño máis claro a idea de que as inversións no I+D+i son realmente importante. De feito, todos os países procuran, na medida das súas posibilidades, potenciar as actividades ligadas á I+D+i a través de políticas de apoio (subvencións, deducións, préstamos bonificados e outras), debido a que un alto nivel de I+D+i sempre implica unha maior fortaleza dos produtos ou procesos que se diferencian positivamente dos da súa competencia, e polo tanto, non só ocorre co viño si non con todos os productos do noso país. Ademais, moitas das actividades son potencialmente xeradoras de avances sociais en forma de calidade de vida, mellora do medio, a saúde, etc. En definitiva, pareceme que o cambio que queren implantar non ten ningún sentido, posto que si todos os países intentan levar a cabo políticas de apoio, nos estamos facendo todo o contrario e o único que vamos a conseguir con isto é perxudicar a economía do noso propio país.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 23, 2015, 22:25

Xa o pensaba de antes, pero este exemplo xa non me deixa lugar a dudas; a inversión na investigación é un factor fundamental para conseguir un bo desenvolvemento en todos os ámbitos e do país.
Cunhas boas inversión, pódese disponer de mellores máquinas, recursos e persoal para garantizar unha boa mellora. Así, se se reducen as inversión, este campo veríase afectado xa que non dispoñería do material adecuado para conseguir o mellor rendemento.
Como vemos con esta noticia, as inversión nos respecticos negocios afectan a cada persoa, como por exemplo no negocio do viño, do cal moitas persoas en España dependen del, polo que necesitan bos recursos para ter un bo rendemento na produción.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 23, 2015, 22:28

Despois de leer este exemplo e aclarar as ideas sobre o I+D+i creo que é moi importante no noso entorno, xa que grazas a el como se menciona no exemplo a calidade do noso viño vai mellorando ano a ano facendo asi que cada vez haya mais exportacións do viño Albariño a pais de fora da union europea, como por exemplo a paises Sudamericanos ou Norte America xa ten un gran mercado, os incrementos neste tipo de investigacions tamen seria beneficioso para que non houbera o risco de que grandes mentes cientificas se muden do noso pais pola falla de oportunidades de traballo, cousa que acontece e que finalmente estes cientificos españois son mais recoñecidos fora que dentro do seu pais.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 23, 2015, 22:56

Non dubidaba de que fose algo necesario para o fomento da investicación,nesto texto vese a sua necesidade.
O mundo vitivinícola está moi avanzada en comparación a anos atrás, pero aínda queda moito que mellorar.Sin a investigación e inovación de novas propostas non podemos seguir mellorando.Neste amplo campo e algo necesario xa que miles de persoas viven disto.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 23, 2015, 23:33

Esta noticia posta como exemplo da importante implicación que o I+D+i ten sobre a economía pon aínda máis de manifesto o tema a tratar, plasmado no título do foro: "Sen ciencia non hai futuro". Como ben di Victor, o campo da investigación non só significa descubrir novos planetas ou curas contra enfermidades, senón que engloba tamén cousas tan cotiás e próximas a nós, como por exemplo a enoloxía. Progresar neste campo supón tamén prosperar económicamente, sobre todo a longo prazo. É por isto que se lle debe dar á investigación científica a importancia que realmente ten, otorgándolle todas as subvencións posibles. Ao meu parecer, ademais de mellorar economicamente como país, o I+D+i implica mellorar tamén como sociedade en conxunto.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.18 segundos.

Os comentarios están pechados.