Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 21:17

😉
Canto lle pode custar a un país crear ou formar un investigador ou investigadora?
Que pasará se este investigador/a o pagamos aquí e fai investigación noutro país?

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 23:18

Nun titular dunha noticia de Diario de Sevilla podemos ler : 'Formar a un investigador cuesta 57.600 euros'. Como aclaran no artigo, unha beca de investigación costa uns 1200 euros ao mes, o que equivale a uns 57.600 euros nos catro euros de carreira para formar a un 'bo' investigador. Estes altos custos deberíanse ver compensados cando os investigadores xa formados dan lugar a resultados, máis debído aos problemas económicos actuais moitos destes investigadores de marca España marchan a outros países na procura dunhas mellores condicións de vida. Isto quere dicir que os investigadores se forman en España pero logo vense na situación de ter que marchar a outro país, polo que España non recibe ningún tipo de benefición por parte destes investigadores.

Creo que este é un erro que pasa bastante desapercibido, e que se lle debería dar máis importancia, porque non vale de nada pagar os estudos destes investigadores, se logo se ven na situación de ter que marcharse ao extranxeiro debido ás malas condicións do noso páis. Non ten nada de bó pagar esa cantidade de cartos para que logo os beneficios os leven outros.

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 23:37

Formar a un investigador custa arredor duns 60.000 euros, o que tendo en conta o que pode chegar a decubrir e os métodos e coñecementos que adoptou na súa longa formación, non é algo esaxerado como moitos pensan, o que si que é esaxerado é a cantidade de investigadores brillantes españois que por falta de becas ou axudas deben marchar cara outros países nos que os estudos son máis baratos ou onde lles ofrezan becas para terminar a súa formación.
Penso que é un grave erro deixar que estes investigadores que poden descubrir cousas tan importantes formados en España marchen a outro país onde ser aproveitados xa que no noso non lles é posible rematar, o que penso é que cada vez máis outros países abastécense de brillantes investigadores por recortes na ciencia coma os do noso país.

faa-martin-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 11:04

Os cartos necesarios para formar a un investigador rondarían os 50.000€, dado ó coste das becas.Mais este diñeiro é necesario, xa que se non existise ningún tipo de investigación, a sociedade, xunto cá humanidade, deixaría de crecer e perdería oportunidades de favorecer ó coñecemento e ás persoas no noso planeta.

Non sería nada rentable formar investigadores en España e que logo investiguen noutros países, pois España dalgunha forma o cobraría, xa que os cartos que se consigan na investigación irían para o outro país.Inda así, investigando se aportan coñecementos á sociedade mundial independentemente do país no que se investigue, e iso é o verdadeiro valor da ciencia.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 13:13

Para formar un investigador necesitanse aredor duns 50.000€.Tendo en conta os beneficios, que pode aportar nas investigacións para o noso país.Non é un presuposto elevado.A investigación e algo necesario para a mellora de moitas cousas esenciáis.
Respeto a que se marchen para outro país para nós parece algo negativo,para eles o contrario.En Suiza o soldo mensual ronda 2.800 € o mes maís algo extra é aquí 1.000€.

faa-afeijo-
o
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 16:56

Na miña opinión os custos que ten formar a un "bo" investigador son bastante elevados, xa que falamos arredor duns 50.000 euros durante toda a súa carreira, pero por outra parte se nonse gastase esta cantidade de cartos en formar a xente para que teña unha boa capacidade para poder desenrolar novos proxectos de investigación, ou calquer outro tipo de traballo relacionado con isto, a humanidade volvería atras.
Se este investigador desenrola o seu traballo noutro país, o fin e alcavo, estaríamoslle dando todo o poder de que este país se otorge con todos os meritos do descubrimento, pero sen embargo, fomos nos quen lle deu medios ao investigador para que se puidese formar en bos estudos para poder desenrolar sen dificultade as súas futuras investigacións.
En conclusión, eu creo que son ambas cousas importantes, tanto que non se deixe de dar becas para estudantes, pero para estudantes que teñan unha boa media, para que se poidan formar, pero tamén é moi importante que equipemos centros para que estos podan levar acabo o seu traballo e non sse teñan que ir a outros países para poder desenrolar as súas investigacións.

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 17:00

Formar a un investigador custa aoredor de 60.000 euros. Eses cartos cada ano estánse perdendo por que cada vez máis científicos españois marchan ao extranxeiro por mor dunha crise que levou todo por diante. O problema de este asunto é que estamos formando moi bos profesionais e nin sequera lle sacamos beneficio deles e o que estamos facendo é potenciar as investigacións doutros países provocando que España cada vez estea máis atrasada no ámbito científico con respecto ao mundo.
Na miña opinión creo que hai que parar isto xa que isto non nos leva a ninguhna parte porque se gasta moito diñeiro para que despois se vaian ao extranxeiro e beneficiar as investigacións extranxeiras.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 17:16

Formar un investigador ou investigadora pode costar entre 50.000 e 60.000 euros. Isto é un custo considerable pero hai que ter en conta que ao ritmo no que se desenvolve a ciencia actualmente e todos os descubrimentos que fan acaba saíndo rentable xa que cada dous anos(aproximación feita por Pedro Echenique) se duplican os coñecementos tecnolóxicos e no caso de ser a `` casa´´ dunha mente brillante estilo Einstein, Newton etc. as ganancias serían inmensas.Tamén serían inmensas no caso da invención dun obxecto revolucionario como o foi no seu día a imprenta ou como é oxe en día Internet. E se marchan do noso país non só estamos perdendo eses 60.000 euros, se non que tamén estamos perdendo outros tantos que poida aportar cos seus descubrimentos ou inventos.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 17:29

Nestes días formar a un investigador supón unha cantidade bastante importante, que rondaría os 60.000€, que se repartirían en becas, etc. Non podemos dicir que non é un custo elevado, pero pódese ver recompensado coas futuras investigacións de cada alumno formado, e os distintos avances que axudarían a todo o país. O que se esta dando estes ano é que fórmanse aquí pero vai a investigar a outro país, o cal vexo un erro bastante importante, xa que as investigacións non axudarían tan directamente ao noso país, o cal gastou o diñeiro para formalo.

En conclusión xa que pagan a formación dun investigador/a o que deben facer é darlle máis recursos para que fagan a investigación no noso país e así contribuír máis directamente.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 17:32

A miúdo a sociedade pregúntase canto podería custar formar mozos investigadores. A realidade é que formar a cada un destes investigadores custa arredor de 50.000 euros, o que á xente lle pode parecer caro se se fixan só nas cifras numéricas e non tendo en conta o que ten tras de sí esta preparación. A pregunta realmente axeitada sería canto lle custará á sociedade prescindir destes investigadores, e consecuentemente, prescindir tamén dos avances científicos aos que estes mozos contribúen tanto, e para os cales, actualmente por mor da crise económica, non hai traballo. Aínda así, moitos destes investigadores seguen aportando o seu gran de area ao I+D deste país de forma gratuita.
Estes investigadores novos non son unha xeración perdida. Moi ao contrario, son unha xeración regalada e ao mesmo tempo, unha xeración que nos regala. Regalada porque moitos emigrarán a outros países, buscando así a forma de poder saír adiante, e que nos regala polo traballo non remunerado dos que aínda quedan e grazas aos cales a actividade investigadora deste país non se paraliza por completo.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.092 segundos.

Os comentarios están pechados.