Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 20, 2015, 17:53

Dende o meu punto de vista, as medidas que se están a tomar polo goberno no noso país para superar a crise económica que estamos sufrindo dende 2008 non son as correctas. Unha crise non se soluciona con recortes, tanto en sanidade, educación, como noutros ámbitos. Isto solo fai que podan seguir adiante os que xa teñen cartos e que se poidan permitir pagar unha educación privada para que os seus fillos poidan estudar. As familias con traballos no pequeno comercio non conseguen que os seus fillos poidan estudar e saír adiante, por que sen unha beca, ou unha axuda, non poden permitirse pagar os gastos que da educación subidos polos recortes do goberno. Isto o goberno non o entende, pensa que é mellor fomentar as grandes multinacionais e non os pequenos comercios, pero isto o único que fai e que as multinacionais se fagan cada vez máis potentes e os pequenos comercios vaian desaparecendo.
Isto só é un exemplo das moitas cousas as que está afectando o goberno do noso país. Como ven dixo Víctor tamén hai recortes en ámbitos da investigación dificultando así o avance destas.
Pero neste país non so hai cousas malas, senón que penso que vivimos nun país que podería chegar a ser moi potente se conseguiramos cambiar algunhas cousas, polo que debemos seguir loitando por intentar saír desta crise, pero non coas medidas que está a tomar o noso goberno.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 20, 2015, 17:56

😉
O pasado ano, nos xornais, apareceu esta noticia sobre o ministro de economía:

"POLÍTICA CIENTÍFICA Presupuestos
De Guindos aboga por sustituir subvenciones en I+D por inversión privada

El ministro de Economía, Luis de Guindos, dice que la inversión en I+D tiene una "deficiencia estructural" al depender de las subvenciones."

Cal é a vosa opinión sobre esta proposta?

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 20, 2015, 23:52

Dende o meu punto de vista, o ministro de Economía non realizou unha boa proposta, posto que considero que a idea de substituír as subvencións nominativas para depender das inversións privadas é algo moi arriesgado. Estas subvencións nominativas hoxe en día aseguran unha estabilidade e unha facilidade para realizar os pagos das que carecen as inversións privadas e coas subvencións podemos evitar discrecionalidades. Na miña opinión, este minitro non pensa nin colabora no esforzo global pola innovación. Ademáis, estou de acordo con moitos científicos que están en contra de esta proposta e que sinalan que este sistema non ía a funcionar en España, posto que hoxe en día estas inversións ían a ser moi escasas para poder avanzar e competir con outros países que constan de recursos moito maiores que o noso país.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 11:51

Si, que se reduza an inversións públicas tamén determina a situación económica, en parte, pois os desenvolvementos científicos
non solo aportan melloras no ámbito da ciencia e medicina, senón que tamén aportan beneficios económicos ao país porque por exmeplo, crear unha patente
fai que se gañen cartos e iso tamén crea competividade ou que outros países se ofrezan a comrprala.
España ata agora atopábase entre as 20 maiores economías do mundo, dende que entrou na crise foi perdendo potencia e o ámbito da economía ou desenvolvemento foi descendendo en actividade e competitividade.
Está claro que un país sen crise ou que vaia ben ten máis posibilidade para axudar a outro país ou superar unha crise porque cantos máis coñecementos, máis se sabe para superar calquera problema.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 11:59

Penso que investir en ivestigación privada solo da beneficios a aquelas persoas ou empresas que investiron. Pola contra,a inversión pública repercute en beneficios para as arcas públicas. De Guindos prefire inversión privada para que así eses cartos destinados en subvencións, se destinen a outra cousa, ou simplemente, aforralos.

fab-tatian-
ameis
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 12:48

Na miña opinión, reducir as subencións non é moi boa proposta. A ciencia é un campo que produce moitos costes, pero tamen moitos beneficios.

Por exemplo, os medicamentos para unha enfermidade teñen unha inversión moi costosa tanto na investigación como nas probas. Sen embargo as patentes, a súas ventas... aportan moitos beneficios, os cales acaban superando os costes.

A noticia anterior fala de cambiar as subencións. Cambiando estas subencións o estado podería aforrar diñeiro, que podería investir noutros campos. Sen embargo os inversores privados non teñen por que estar dispostos a invertir nun campo se eles non queren.

Na miña opinión, deberíase manter estas subención, xa que a larga acaban aportando beneficios.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 13:11

Dende o meu punto de vista, esta proposta é totalmente inviable, non se poden reducir ou substituír as subvencións nun campo tan importante como a investigación por inversións privadas, xa que non fai falla pensar moito para decatarse de que hoxe en día moi poucos poderían realizar tales ingresos.
Ademais, isto privaríanos de realizar moitas investigacións segundo os intereses das grandes empresas que son, en definitiva, os únicos que poderían invertir os seus cartos, posto que se o que se intenta descubrir perxudica ou non favorece a estas empresas, entón, isto carecerá de fondos.
En definitiva, penso que esta é outra das innumerables medidas do goberno para deter o noso desenvolvemento e así poder controlarnos mellor, ata chegar ao punto que cando intentemos cambiar isto, nos decatemos de que xa non temos ningunha opción.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 13:12

Con respeto a esta proposta por parte de De Guindos, o ministro de economía, opino que non estou moi dacordo, xa que depender de inversión privadas é máis complicado e pode presentar máis dificultades que depender das subvencións públicas.
Ben certo é que sempre que se inverte en investigacións, non sempre se sae gañando, pero está claro que se non se inverte dende un principio, nunca se avanzará e nunca lograremos unha competividade. Ademais, se o I+D pode contar con fondos e boas subvencións, sempre terá mellores recursos para lograr avances, mentres que sen estas subvencións, non se poderían levar a cabo boas investigacións.
Creo que un país só pode mellorar con avances en investigación e noutros campos, xa que, ademais de que isto crea emprego, non se dependería tanto doutros países e sería moito mellor para todas as persoas

fab-marian-
galeano
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 13:12

Na miña opinión a reducción das subvencións non é unha boa proposta posto que a ciencia é un campo importante para a creación de beneficios económicos aínda que teña custos elevados. O campo da medicina é un campo que precisa destassubvencións porque á larga acaban dando beneficios aínda que a investigación e probas que se realizan ós medicamentos para enfermidades sexan custosos. Producen beneficios a través das patentes, da súas ventas, os cales acaban producindo un beneficio maior que os custos que levou fabricalos.
Coa substitución das subvencións o Estado podería aforrar cartos que servirían para investilos noutros campos importantes, pero os inversores privados non teñen porque estar dispostos a investir noutros campos que non lles interese. Polo tanto, dende o meu pounto de vista, substituír as subvencións por privadas é algo moi arriesgado que podería perxudicar a este campo.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 13:37

Ao meu parecer, penso que esta idea de substituir as subvencións por inversións privadas pode dar lugar a unha gran controversia. Non nos temos que parar a pensar moito para decatarnos de que a ciencia é un campo que necesita de grandes cantidades de diñeiro, pero que tamén achega moitos beneficios, tanto económicos como para a nosa vida cotiá e e que temos que pensar qué se non se investigara sobre todo o relacionado coa ciencia hoxe en día non teríamos todas esas cousas que fan que a nosa vida sexa máis `fácil´. Por isto creo que substituir as subvencións por inversións privadas pode ter malas consecuencias e ademáis penso que é un plan que non tería moi bos resultados. Ademáis creo que abandonar a inversión pública en ciencia para que termine sendo privada pode ser moi perigoso.

Creo que De Guindos descoñece (en certo modo) a maneira na que a ciencia funciona no noso país e ademáis non nos podemos fiar totalmente de que o sector empresario exerza a súa responsabilidade. Polo que, en conclusión diría simplemente que esta idea non me parece moi adecuada, e que podería perxudicar moito á ciencia no noso páis.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.092 segundos.

Os comentarios están pechados.