Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 13:49

Respecto a esta noticia, a miña pregunta é: e os impostos onde quedan? Todo o diñeiro recaudado para onde vai?
Certo é que calquera empresa privada é quen de apostar por I+D, pero quen realmente debe invertir nas investigacións científicas é o estado, obviamente cos impostos que os cidadáns pagan, xa que como xa dixen, estas investigacións son a base do noso futuro. Ao meu parecer, se o ministro de economía pretende substituír ditas subvencións en I+D por inversión privada, o resultado non será favorable. Poñendo por caso que se descubra a cura contra o cancro (ou calquera outra enfermidade) grazas a inversión privada, estas empresas o que farán será vender esa cura a moi elevado prezo e así beneficiarse economicamente, facendo que poucos ou case ningún cidadán que padeza a enfermidade poida pagar tal cantidade de diñeiro e curarse.
Está claro que unicamente con políticas de contención non se logrará o crecemento en ningún aspecto.

fab-rociov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 13:55

Baixo o meu punto de vista, non estou de acordo con De Guindos, o ministro de economía, xa que cambiar as subencións en investigación e desarrollo por inversións privadas xa sexan a empresas ou de particulares, é moi arriesgado e perxudicaría a este campo.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 16:17

Pareceme que esta idea de substituir as subvencións por inversións privadas é inviable. As inversións públicas en I+D noutros países son estables, pero en España, involucrar ás empresas privadas daría lugar a unha gran controversia.
Os únicos que poden proporcionar a infraestructura para unha economía baseada na innovación son os centros de investigación e as universidades, que só poden existir coas subvencións. Quitar as axudas e esperar á que as empresas privadas invirtan en I+D é absurdo. O que ocurrirá si se leva a cabo isto, será que as gramdes empresas privadas levarán os departamentos de I+D a outros países.
Pero si nos paramos a pensar, se esto se houbera aplicado con anterioridade non se habría descuberto o ADN, a física cuántica, a electricidade etc, porque isto foi grazas ás subvencións. Se agora unha empresa privada descubrira algo extremadamente útil na vida cotiá, como é a cura dunha enfermidade, esta empresa patentaría e o alto prezo non sería asequible para nós.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 16:28

Inversión é un termo económico que fai referencia á colocación de capital nunha operación, proxecto ou iniciativa empresarial co fin de recuperalo con intereses no caso de que o mesmo xere ganancias.
Ao meu parecer, a proposta do ministro Luis de Guindos de substituír as subvencións en I+D por inversión privada, so traería beneficios para as grandes empresas e para o goberno que leva a cabo dita proposta.
En primeiro lugar, se as organizacións públicas que traballan no I+D non contan cos fondos proporcionados polo Estado, está claro que non van poder afrontar os gastos que esta supón e rematarán por abandonar a investigación.
Así, as grandes empresas privadas veríanse beneficiadas por partida dobre, pois por unha banda reduciríase a súa competencia e por outra, os beneficios xerados pola investigación recaerían na súa totalidade nelas, non no Estado, como debería ser.
Polo tanto, esta situación provocaría que o país no seu conxunto se quedara estancado na I+D, pois só as empresas privadas poderían realizar as investigacións, e está claro que só se levarían a cabo aquelas das que as empresas puideran extraer algún beneficio, e non aquelas outras que realmente fosen necesarias.
Pero está claro que para Luis de Guindos o importante non son nin a investigación nin o desenvolvemento, se non que o realmente lle interesa é facilitarlle ganancias as empresas privadas para que logo estas apoien ao seu partido político.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 17:31

Con isto o que quere acabar facendo indirectamente é que a ciencia se acabe convertindo nunha empresa máis e que só faga cousas que sexan ``merchandising´´ e que non se investigue simplemente polo mero feito de coñecer. E isto é unha contradicción porque para desenvolver un producto, un medicamento etc primeiro hai que ter unha parte teórica da que partir. E ademáis o que ao mellor oxe é puro coñecemento que pode que parecera inútil o día de mañán levado a práctica pode acabar converténdose nunha cura importante por exemplo.Ademáis, así, o que estamos facendo é recortar na ciencia que nos leva ao problema do que xa se falou anteriormente, a marcha de científicos altamente preparados do nosos país por falta de oportunidades e medios.

fab-maribl-
anco
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 17:56

Penso que facer tantos recortes en sectores tan importantes como o da saúde, o da educación ou o da investigación non son a solución para superar a crise. Isto non axuda en nada para levantar o país, estou de acordo en que se debe aforrar e facer algúns recortes pero non se poden facer recortes en eses sectores tan importantes, xa que son os sectores máis utilizados e os sectores nos que non deberían haber ningún tipo de recorte.

Para superar a crise é imprescindible que actuemos todos e non só os países con potencias económicas altas. Este é un problema dos habitantes do propio país e non deberían intervir outros países para que nos podamos erguer. O problema que ocasiona os recortes no sector da investigación é que os investigadores deciden marchar de aquí para poder seguir coa súa investigación noutro países que non lle poña límites ou trabas e poida rematar coa investigación que comezou. Esas persoas son as que levantan o país e son as persoas que estamos a perder por culpa dos recortes.

fab-nereab-
etanzos
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 19:07

Na miña opinión e como se está a demostrar no noso país hai un moi mal funcionamento económico que nos proporciona unha gran crise económica que debemos loitar para acabar con ela,pero,como se está a facer estamos sufrindo os recortes públicos como unha das medidas da salida desta crise pero que tanto recortes laborais,recortes de soldo,recortes na educación... non son ningunha solución para enfrontar este problema penso que todo ó contrario estanos conlevando a unha decadencia.En España moitas familias sofren para vivir o día a día,pais que lle recortan o soldo ou non teñen trballo porque non hai,ou estudantes capacitados pero que non teñen un futuro laboral pola crise,isto resulta moi frustante para todo o mundo.
Para superar esta crise non fai falla ser un país potente de grandes economías senón ter un bo funcionamento e tratar as mellores medidas contra este problema pero a cal os recortes non é unha delas.Lamentablemente, este problema non está nas nosas mans, senón nas dos gobernos e grandes economías que coa axuda de outros países en boas condicións como son por exemplo Alemaña,EEUU... serán de gran axuda para salir antes desta crise.

faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 21:12

Na miña opinión, esta porposta que non vai conseguir acadar o éxito que o minstro de economía busca, xa que depender das inversións privadas é moi arriscado, e nun campo como a ciencia que está a orde do día non deberiamos sufrir ningún contratempo inesperado que parase as investigacións. É certo que produce moitos custos, pero cun bo programa e cientificos ben cualificados pode dar moitos beneficios a longo prazo.
Por outra banda, só se invertiría nas investigacións nas que os inversores estiveran interesados.
Para concluir, privatizar as investigacións cientificas non teria nada postitivo.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 21:41

A proposta por parte de De Guindos e desorbitada,eu non estou nada de acordo con ela, xa que depender de inversión privadas é máis complicado e pode presentar máis dificultades que depender das subvencións públicas.
E certo que sempre que se inverte en investigacións non sempre se pode sair gañando, pero está claro que se non se inverte dende un principio, nunca se avanzará e nunca lograremos unha competividade.
E tamen, se o I+D pode contar con fondos e boas subvencións, esta claro que terá mellores recursos para lograr avances, mentres que sen estas subvencións, non se podrian levar a cabo boas investigacións.

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 21, 2015, 22:36

A proposta de De Guindos de substituir as subvencións por inversións privadas é inviable claramente. As inversións públicas en I+D noutros países son bastantes estables, pero en España, involucrar ás empresas privadas daría lugar a unha gran controversia.Os únicos que poden proporcionar a infraestructura para unha economía baseada na innovación son as universidades sobretodo, que só deben financiarse coas subvencións.
Quitar as axudas e esperar á que as empresas privadas invirtan en I+D é algo que faria que as grandes empresas privadas levarán os departamentos de I+D a outros países, polo que se pode decir, que esta proposta e inviable, e perxudicial para todos.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.14 segundos.

Os comentarios están pechados.