Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 17:18

Por suposto que existe relación, o futuro da investigación depende en gran parte do ensino, xa que se non existe unha boa escolarización, non haberá bos investigadores nuns anos. Por desgracia, penso que aquí, isto non se ten en conta, xa que se toman medidas que disgustan tanto a alumnos coma a profesores e que só uns poucos ven ben. Ademais, é lamentable ver como a pesar das infinitas folgas, protestas e manifestacións, seguen saíndo propostas que nadie quere, o que demostra, que estas propostas só interesan a un grupo de ignorantes ricos que son os que as poden asumir, e que estan encabezados polo impresentable de Wert. Na miña opinión, por este camiño, non imos a ningures...

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 20:34

Claro que ten moita impotortancia o sistema educativo nas investigacions futuras, xa que estan creando a novos cientificos que podrian descubrir moitas cousas, pero o noso goberno ao estar recortanto tanto na nosa educacion e ao non ter clases practicas en itinerarios cientificos fai que as novas xeracions de futuros cientificos, biologos, medicos... non estea ben preparada para o campo universitario ou ata poden facer que a xente cambie de itinerario xa que non pensara que fora asi, e dicir, este pouco investimento que ten o noso goberno no campo da educacion esta a afectar no futuro das investigacions xa que non habra tantos investigadores como se quixeran ter e ad investigacions seran cada vez mais precarias.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 20:48

Respondendo ao anterior comentario de Víctor, non hai dubida da anterior cuestión, non se pode recortar en investigación xa que ao mellor os custos que leva investigar nuns anos xa se amortizan e, no mellor dos casos es ganancias.

Con respecto ao viño, que creo que nos afecta a bastante xente da nosa comarca, xa que é bastante rica en plantacións de albariño, pero tampouco hai que esquecerse do viño tinto, que agora mesmo tamén esta tendo unha demanda importante, e poderíaselle sacar moito máis beneficio. Se por exemplo, investigamos en como producir maior cantidade e mantendo a calidade seguramente se conseguirían beneficios que a larga beneficiaría a toda a comunidade, xa sexa aos produtores ou tamén as tendas que o venden.

En conclusión, deberiamos pensar a longo prazo e se saldría retable ou non poñerse a investigar no que vexamos preciso.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 23:35

Estou totalmente dacordo coa opinión da cuestión: paréceme unha absoluta vergonza que se limiten as posibilidades e oportunidades para os estudantes cos recortes, cando o ensino é algo esencial, tanto para a investigación como para o futuro do país.
Penso que existe unha clara relación entre o futuro da investigación e o ensino, dado que para ter bos investigadores, necesítase preparar e motivar aos estudantes de forma que podan chegar a descubrir, innovar e aportar cousas positivas para a investigación neste país. Se se limitan as posibilidades de aprender aos estudantes, estanse limitando as posibilidades de concebir futuros investigadores e científicos. Canto mellor sea a calidade do ensino e a preparación, mellores serán os profesionais que ins¡vestigarán no futuro.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 00:51

É imposible pensar nun bo futuro sen ter unha boa formación. O ensino que recibimos nas escolas e demais centros prepárannos para o futuro, son os que deixan pegadas en nós e determinarán as capacidades que poidamos amosar de cara máis adiante na vida laboral. A maior forma de aprender é á base de experiencia, vendo as cosuas e experimentando con elas, pois os coñecementos teóricos algunha vez poden ser olvidados, sen embargo, se se xoga coa experiencia e o coñecemento de cómo realizar unha cousa, fácilmente se poden substraer os coñecementos con propias palabras.

Por exemplo, non é o mesmo que estudando xeoloxía che amosen unha fotografía dun granito, a que o profesor autodidacta te leve ao exterior e che ensine un exemplo de granito na realidade que ti máis adiante poderás asociar con outras cousas e deducir outros coñecementos por ti mesmo, comparándoos con eso.

É absurdo e vergonzoso que os recortes se amosen na cousa máis valiosa que o ser humán poida ter, a cultura.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 01:35

Na miña opinión, creo que temos un sistema de pensar no noso goberno que é absurdo. Cómo non vai afectar os recortes nos estudios ao noso futuro? Penso que os estudos e a nosa formación é o primordial para avanzar cara futuro. Por exemplo, se un rapaz que quere estudar as materias relacionadas cá natureza, se lle quitas a vantaxe de poder saír a coñecela e estudala, non poderá nunca a chegar a entendela, ´sí, pola súa parte, pero non se debe de facer así.
Estou totalmente de acordo coa opinión que dá este pai, se a un neno non lle enseñas a nadar en bici adecuadamente, nunca poderá facelo ben. Así que, eu penso que o goberno debería deixarse de tonterías e abrir o ollos porque o que importa son as xeracións que veñen en camiño, e estas deberán estar ben formadas (no meu punto de vista non o estarán), xa que estas, son o futuro.

faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 11:21

Por suposto, estes dous factores están moi interrelacionados, según sexa o sistema educativo, será o tipo de traballador do futuro. Canta mais preparación reciban os actuais estudantes, mais independentes podrán ser e realizarán as actividades con menor difcultade e maior rendemento e éxito.
O actual sistema teórico non é o mellor, xa que a maioria non se esforza por entender os procesos e solo os memoriza, polo que pasado un tempo non serve de nada. Dende o meu punto de vista deberíamos fixarnos nos nosos veciños do norte e aplicar sistemas educativos como os seus, adaptandoos as nosas necesidades claramente.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 11:51

O problema do desenvolvemento científico de España non radica só na escaseza de fondos e persoais. Tamén hai problemas estructurales que impiden obter todo o provecho esperable, e esa carencia ten que ver coa falta dun compromiso político que permita facer as reformas necesarias e dar estabilidade ao sistema.O gasto en investigación apenas alcanza o 1,24% do PIB e cada vez afástase máis da media europea, que se sitúa no 2%.En 2013 había 11.400 investigadores menos que en 2010 e o gasto en I+D era de apenas 13.000 millóns, a mesma cifra que en 2006.Isto é inaceptable se queremos avanzar.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 11:56

Por suposto que considero que existe relación entre o futuro da investigación nun país e o sistema de ensino, xa que se non lle ensinamos cousas para que saiban investigar non se avanzaría nunca ese país, debido a que a investigación vai bastante ligada ao desenvolvemento do país. Tendo en conta que o ensino, na miña opinión, do máis importante nestes tempos, paréceme moi vergonzoso que recorten nel. Poderían recortar os políticos en gastos e en soldo, xa que véxoos moi excesivos na maioría dos casos.

En conclusión, o goberno debería mirar ben onde recorta, e pensar máis no futuro das persoas, para que así teñas unha vida digna.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 25, 2015, 14:39

Non podemos dubidar ao afirmar que sí existe unha relación entre o futuro de investigación nun país e o seu sistema de ensino. Que os alumnos fagan prácticas de diferentes asignaturas nos seus centros de estudo é primordial, dado que de esta forma, van a aprender a visualizar as cousas e ser capaz de interpretalas, en cambio se simplemente lles damos teoría aprenderán a memorizar información que só lles servirá ( na maioría dos casos) para os exames. Facendo prácticas, un alumno comezará a ser capaz de tomar as súas propias conclusións e sintetizar información dunha forma apropiada e útil. Dende o meu punto de vista creo que isto é importante dado que como dixen antes, facendo prácticas adquirirán experiencia o cal é útil e aproveitable non só para á investigación, senón para moitas situacións da vida.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.