Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
faa-alexfe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 13:21

N miña opinión é unha mala idea, as investigacións científicas aínda que son moi custosas producen moitos beneficios. Creo que si as investigacións fosen privadas seria malo xa que no caso de haber un descubrimento importante, por exemplo unha cura para un tipo de cancro, as empresas privadas que subvencionaron a investigación buscaran os máximos beneficios, facendo que esa cura non sexa alcanzable para todos.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 13:39

Ao meu parecer, Luis De Guindos estase a equivocar dicindo que é mellor substituír as subvención por inversións privadas xa que oxe en día moita xente non se da conta do poder que esta tendo a ciencia, e se non se dan axudas ou subvención para ela non se vai a poder avanzar nela. As inversións privadas poden ser moito máis difíciles de conseguir xa que unha persoa pode doar diñeiro, pero oxe en día unha persoa que da algo quere outro algo a cambio, e na ciencia isto non esta de todo asegurado. Por outra parte as subvencións para investigacións e ciencia deberían seguir e tamén poderían aceptar inversións privadas, así poderían ter algo máis de presuposto para algunhas futuras investigacións.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 13:44

Na miña opinión, a proposta do ministro de economía é totalmente inviable. Sabemos que a ciencia é un campo que a nivel económico precisa de moita axuda, pero sabemos ó mesmo tempo que é un dos campos que máis vantaxes nos trae para moitos aspectos.
A propia mensaxe que fai o ministro de facenca alemám, Wolfgang Schäuble, para Luis de Guindos é clara: "É mellor invertir en investigación e innovación que facelo en hormigón". Schäuble parte dun principio. A economía é "confianza". E esta soamente pode conseguirse creando unha economía eficiente e alexada de tentacións especulativas.
E neste sentido, recorda que "a política monetaria non pode substituír as reformas estruturais". Así asegura que a vía que nos conduce ó éxito é a da innovación.

faa-ritala-
ge
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 14:43

A miña opinión e que os recortes non axudan a superar a crise, sobre todo na educación ,sanidade e investigación que ao longo prazo afectara ao país e aos cidadáns, pero si que hai aluns sectores nos que se pode recortar, como por exemplo axudas a algunas empresas para mellorar o país, o que se debería facer o goberno , tamén , e repartir mellor o diñeiro (gobernar decentemente), cousa que non se fai neste país.

Por outra parte , o de superar a crise , creo que si que depende desgraciadamente doutras potencias economicas, xa que , por exemplo , na Unión Europea a máxima potencia e Alemaña , da que dependemos os países pequenos, pero creo que esto a España e o resto dos países Europeos non lle axuda en alguns sentidos , xa que Alemaña, dende o meu punto de vista , aprobeitase dos países pequenos , co cal as potencias económicas , podente axudar a sair da crise , pero tamén meterte nela .

faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 14:46

Dende o meu punto de vista, a proposta do ministro de economía De Guindos, non é una proposta axeitada, xa que non podemos pensar cunha inversión privada vai ser mellor cunha subvención. As subvencións garantizan unha maior estabilidade e facilidade para poder así pagar os pagos que as inversións non nos permiten. A ciencia necesita grandes cantidades de diñeiro para poder seguir investigando e esta unha cousa da que penso que De Guindos non se deu de conta. Se a ciencia non seguira investigando agora non contariamos cunha cantidade de cousas que agora vemos como algo imprescindible na nosa vida.

Considero que De Guindos non coñece a forma de investigación que ten e necesita a ciencia, xa que esta proposta de cambiar as subvencións por inversións privadas penso que pode traer graves consecuencias.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 16:21

Na miña opinión, substituir subvencións en I+D por inversións privadas é un error, xa que poñer un campo tan importante como a investigación á mans das inversións privadas suporía que as poucas empresas que puideran dar os cartos que necesita o campo de investigación só invertirían os cartos en investigacións que lles conveñan para sacar beneficio nun futuro.

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 17:15

Dende o meu punto de vista, querer invertir na investigación científica entre outros é un gran erro. As subvencións públicas son moito máis viables mirese por onde se mire. Todo desenvolvemento en diferentes campos, precisa dunha inversión, correndo o risco de que non saia ben, pero ese risco é inexistente xa que si non se invirte nun haberá desenvolvemento.
As investigacións necesitan neste momento un empuxón para seguir adiante, polo tanto fai falta esa subvención pública e non privada.

fab-jonath-
ansalgueir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 17:46

Na miña opinión esta substitución é considerablemente perxudicial para o desarrollo da investigación e do desenvolvemento xa que a partir dese instante o presuòsto co que contarán será considerablemente menor posto que as inversións privadas son feitas por empresas ou particulares e nos tempos nos que se atopa o país esas axudas económicas serán máis ben baixas, creo que o estado non debería recortar en esta seccións xa que os paises máis potentes do mundo coinciden cos paises punteiros no que se refire a investigación polo tanto estáselle a quitar a España moitas opcións de chegar a ser un pais máis poderoso a nivel mundial.

fab-nereap-
orta
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 18:45

Na miña opinión creo que os recortes de hoxe en día estanos atrasando en todo , é decir, se recortamos non poderemos avanzar para poder evolucionar, un exemplo claro son os medicamentos da epatitis C, moitas persoas poden recuperarse pero por desgraza os recortes impiden iso.
Se estamos en crise a mellor opción non e facer recortes nas cousas importantes, coma a sanidade, a educación ... e se os fan que non prexudique moito aos cidadáns.

O noso sistema económico conleva a crisis cíclicas pero non creo que teñamos que tomar medidas tan esaxeradas, e que sempre teñamos que pagar nos , os cidadáns, polas malas xestións dos políticos.

fab-lauraf-
alcon
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 22, 2015, 19:46

Na miña opinión quitar ás subencións non é boa proposta, xa que coas subencións obteñense na maioria dos casos beneficios ao facer vos proxectos posibles. O mellor exemplo e ou dás patentes en medicina, ese gastos que costa facer vos medicamentos e probalos unha empresa privada obteria todos vos beneficios e invertiria en facer mais, pero vos beneficios públicos rebaixarian vos custos dous medicamentoas ao poder facer máis. Por iso non deveria facelo privado.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.278 segundos.

Os comentarios están pechados.