Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 00:11

Sen dúbida algunha necesitamos investigar para poder innovar, aínda así sempre pensamos en investigacións científicas, en busca de curas, novos antibióticos, etc. Inda así como ben di Víctor a investigación non se centra só niso senón que tamén chega, como neste exemplo, a o campo vitinícola. Cabe destacar que a producción de viño mellorou e agora na actualidade ese mundo está moi desenvolto, inda así deberíamos de seguir a investigar. Ademais neste caso o viño trae beneficios económicos para o pobo. No caso de falar do viño poderíamos destacar esta zona do Salnés, na que a producción deste é ben importante, posto que contamos con festas e premios e todo tipo de cousas dedicadas a esta bebida.
Polo tanto a investigación trae consigo a evolución e como podemos ver a evolución tamén pode vir seguida da obtención de beneficios e por iso ao meu parecer débeselle de dar a investigación as subvencións que precise.

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 00:14

Eu penso que os recortes se están facendo sempre nos campos onde os fondos son necesarios como a educación, a investigación... Moitas persoas morren ao non teren fondos os investigadores para poder intentar combatir as enfermidades que agora mesmo afrontan miles de personas e que por desgraza non hai cura para elas.
Por outra banda os mais damnificados somos nos os estudantes, que cada día querennos reducir as posibilidades de rematar cos nosos estudos e poder atopar un traballo, parece que queren que só poidan estudar os ricos.
Dende o meu punto de vista estes non son os métodos para intentar reducir a crise xa que hai miles e miles de personas cun caputal moi amplo que non pagan nin a metade de alguén cun salario mínimo ou doutros aos qu lles embargan os seus fogares debido á súa falta de fondos debido a que moitos dos recortes lle afectan ao home de a pe e non aos que verdadeiramente deberían afectar.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 00:49

Dende logo, na miña opinion eu creo que iso non suporá unha traba para superar a crise económica.notaríase bastante que este sector non tivese axudas? Non, pero ao fin e ao cabo, esto non aporta una economía favorable, xa que por moito que queiramos España non pode facer moito, a única solucion e con acordos internacionais.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 10:09

😉
Relacionado cos recortes dos orzamentos públicos en investigación encontrei a seguinte opinión:

Cuestión: "Parece un chiste y no lo es. A mi hija le han comunicado que tendrá este curso (3º de la ESO) menos clases de laboratorio. Teniendo en cuenta que es un curso donde empiezan a estudiar Física y Química, me parece una verguenza que los recortes afecten a lo mas básico, la educación".

Pensades que existe relación entre o futuro da investigación nun país e o sistema de ensino?

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 12:24

Si, solo fai falta mirar aos países do centro-norte de europa, que teñen un mellor sistema educativo e agora mismo encóntranse nunha situación moi estable como por exemplo Suecia Noruega Alemaña etc. E en cambio nós que tanto nos empeñamos en recortar en educación vamos de capa caída, os estudios cada vez son máis caros, salen medidas para que só poidan estudiar os ricos como o 3+2 de Wert, hai un alto abandono escolar, etc. Tamén cabe decir que temos xente moi preparada, pero que lamentablemente non acaban traballando aquí, emigran principalmente cara Reino Unido Alemaña Estados Unidos etc.

fab-mariao-
ubina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 13:50

Desde o meu punto de vista, recortando na educación só trae consigo menos aprendizaxe e cultura para as novas xeracións, sacan leis que solo acabarán estudando os ricos. Si tuveramos un sistema educativo como os países do norte de Europa, iriamos moito mellor na nosa economía e non ter tanta crise.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 16:24

Considero vergonzoso e lamentable que os recortes afecten a ámbitos tan importantes como o ensino, e máis cando se trata de que os rapaces que empezan a decidir o camino do seu futuro non poidan dispoñer de clases e profesores de calidade, converéndose así todas as clases teóricas e non experimentais, que son nas que verdadeiramente se saca algo de proveito. Isto está claro queter repecusión no futuro dos nenos e nenas, e polo tanto do país, xa que ao fin e ao cabo eles son o futuro.
O campo da investigación e polo tanto as prácticas en laboratorios no que se refire ao ensino, son algo que non se debería tocar polos recortes. Se non se realizan boas investigación o país non se desenvolverá e non sairá adiante.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 16:57

Ao meu parecer, o futuro da investigación dun país e o seu sistema educativo están estreitamente relacionados.
En primeiro lugar, os nosos futuros investigadores son os alumnos que agora mesmo están nas aulas dos nosos colexios e institutos para formárense e adquirir coñecementos. Se a estes nenos e adolescentes os educamos de xeito teórico, facéndolle aprender de memoria enormes cantidades de conceptos ou procesos de forma mecánica, sen ensinarlle que ocorre na realidade, deixando a un lado o papel e o bolígrafo, non saberán desenvolverse nun futuro cando deban a levar a cabo unha investigación nun laboratorio.
Por poñer un exemplo, dende o meu punto de vista non serve de nada saber de xeito teórico o que é unha célula se cando a estás vendo a través dun microscopio non es capaz de recoñecela, e o mesmo ocorre cos coñecementos no campo da física, da química ou incluso no da tecnoloxía, o cal nos últimos anos está a cobrar tanta importancia e a marcar o noso futuro.
Así, considero que debemos invertir en educación, para poder levar a cabo un ensino de calidade, e que así saian das nosas aulas persoas ben preparadas e cun alto grao de formación, que sexan competitivas e poidan situar a investigación española e galega competindo coas países que agora están á cabeza.

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 17:01

Non me parece correcto que a maioría dos recortes recaian sobre o noso futuro académico e a nos aínda non nos toca o peor xa que as xeracións que veñen detrás nosa, se esto segue así, vai ser moito peor xa que as propostas que se están facendo son moi desconsideradas e o mínimo sería pedir opinión a quen lles afecta coma nos os estudantes, pero parece que o único que queren é poñernos trabas para que cada vez nos custe máis diñeiro e esforzos rematar os estudos para poder garantirnos un futuro co que poder vivir sen depender de nosos pais e incluso axudarlles a eles por todo o que levan pagando para intentar que nos teñamos unha vida digna.

fab-dariov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 24, 2015, 17:08

Claramente hay unha relación entre a calidade do ensino e a calidade dos profesionais que despois traballaran en investigación, non só na teoria senon na practica, nos paises onde a educación é decidida polos profesores e non polo goberno os alumnos estudan nun sistema educativo que ten como fin que se interesen polo que estan a estudar, e non so eso, senon que despois cando acaben os estudos e se metan no mundo laboral sepan perfectamente o que teñen que facer. Ademais os recortes excluen da educación superior a moitas persoas que teñen moitas habilidades pero que non teñen os recursos, por exemplo, en Estados Unidos unha vez se acaba a educación púclica, soamente hay duas opcións, pedir un prestamo superior aos 50.000 dolares para seguir estudando ou comezar a traballar nun traballo mal pagado e cunha longa xornada.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.089 segundos.

Os comentarios están pechados.