Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 7 8 9 [10]
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 18:49

Actualmente a formación de novos investigadores custa entre 50.000 e 60.000 euros, esta cifra podería paracernos unha verdadeira locura, pero só si non vemos os beneficios que a investigación trae consigo. O problema fundamental da actualidade é que formamos investigadores pero como en España non hai traballo, estes investigadores xóvenes prefiren ir traballar ao estranxeiro. Desta maneira estamos a formar persoas e investindo cartos na súa formaciónpara que ao final vaian traballar para outros países.
Para concluír, na miña opinión xa que formamos a estes investigadores deberíamos tamén de intentar ofrecerlles máis recursos para que estes non marchen para o estranxeiro e se queden a traballar neste país.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 19:47

Según lin nunha notica, o coste para crear un investigador ronda os 50.000 - 55.000 sen contar a financiación dos proxectos que realice. Esta é unha cantidade de diñeiro moi alta , pero ao meu parecer necesaria se se quere conseguir unha boa formación. O perxudicial vén despois, xa que cando o deixamos marchar a outro país, ademais de perder moito traballo e unha gran mente, estamos perdendo eses cartos e incluso dándollos ao país ao que vai.
Dende o meu punto de vista, este problema volve a partir outra vez do goberno, xa que a mala organización provoca todas estas 'fugas de cerebros'. Se se parasen a mirar por un momento o que ocorre, decataríanse de que o que precisan é axilizar a concesión de becas, aumentar as posibilidades de facerse investigador ou de comezar unha investigación e otorgarlle saída laboral a aqueles que o intentan, xa que moitas das marchas son debido ás longas esperas que hai que facer por unha subvención que logo non é suficiente, e debido ás poucas opcións que hai para prosperar nun futuro como investigador. Ademais, penso que ao estimular isto, o beneficios a medio prazo aumentarían considerablemente grazas a novos descubrimentos e invencións.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 22:19

Como ben afirman os meus compañeiros nos seus comentarios, formar a un investigador custa entre 55.000 e 60.000 euros. Concretamente, no xornal Diario de Sevilla, afírmase que unha beca de investigación custa ao redor de 1.200 euros ao mes durante uns catro anos, o que supón un gasto total de 57.600 euros para formar a un investigador.
A miúdo a xente faise a mesma pregunta que Víctor nos plantexa a nós, canto lle custa á sociedade formar a estes investigadores? Mais ninguén repara en canto lle custaría á sociedade prescindir dos avances científicos aos que estes investigadores poden chegar a conseguir.
Ao meu parecer, se ben é certo que, como vemos, se necesita unha gran cantidade de diñeiro para proporcionarlle a un investigador a formación necesaria, estamos ante unha inversión segura, pois non cabe dúbida que o investigador traballará para conseguir avances científicos, xa sexan no campo da medicina, da tecnoloxía, da industria…pero que sempre van a beneficiar á sociedade e ao país no leve a cabo a súa investigación.
O que de ningún xeito debería suceder é que un investigador altamente cualificado se vexa obrigado a abandonar o país no que foi formado debido a que este non lle proporciona os medios suficientes para desenvolver o seu traballo. O que está a suceder en España é precisamente isto, noso país é quen forma aos investigadores, mais son outros os que reciben os beneficios das súas investigacións, xa que os xóvenes se ben forzados a abandonar España en busca do soporte e a inversión en I+D que aquí non se leva a cabo e que, dende o meu punto de vista, debería ser algo esencial.
Para concluír, insistir na idea de que en España e Galicia contamos con profesionais altamente cualificados que só necesitarían apoio económico para levar a cabo as súas investigacións e situar ao noso país á cabeza no I+D.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 26, 2015, 23:16

Como xa dixeron os meus compañeiros formar aun investigador pode costar entre 50000 e 60000, eu vexo dende dous puntos de vista a pregunta que fomulas, pola parte das persoas a cales pagan ese diñeiro e as dos investigadores.
Claro que a xente que paga por formar a estas persoas perden diñeiro porque eles van para fora e eses investigadores que van para fora do noso pais non lle devolven o diñeiro a esta xente, pero dende o punto de vista dos investigadores seria unha boa opcion de saida do noso pais traballar no estranxeiro sendo investigador, xa que ainda que aqui te formes, non cas ter case ningunha oportunidade de traballo asi que estes investigadores vense obrigados a ir cara outros paises onde si os reclaman e necesitan pero tamen move a estes investigadores a irse do noso pais os grandes ime bos lanoratorios que pode haber en paises como Alemaña ou Inglaterra xa que teñen un maior investimento que nos nestes laboratorios onde os investigadore traballan

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 27, 2015, 18:18

Moitos compañeiros dixeron que actualmente formar a un investigador custa aoredor de 60.000 euros.
Eses cartos cada ano estánse perdendo por que cada vez máis científicos españois os que se forman en España e marchan ao extranxeiro por mor dunha crise que levou todo por diante, facendo asi que se perdan moitos cartos. O problema de este asunto é que estamos formando moi bos profesionais e nin sequera lle sacamos beneficio deles e o que estamos facendo é potenciar as investigacións doutros países provocando que España cada vez estea máis atrasada no ámbito científico con respecto ao mundo.
Esta claro que hai que parar ista situación xa que isto non nos leva a ninguhna parte porque se gasta moito diñeiro para que despois se vaian ao extranxeiro e beneficiar as investigacións extranxeiras, e quedando o noso pais como o único perdedor.

faa-glopez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 27, 2015, 20:25

Dende o meu punto de vista, hadta que non se solucionen os problemas da nosa economia va seguir avendo moitos problemas como este, onde se fan moitos recortes e acabamolo sufrindo todos. Claramente, para que a economia volva a establecerse os paises melllor situados son os que poderan facer algo para solucionar este problema, en cambio, o noso pais economicamente esta moi mal e dudo que poda solucionalo a curto prazo, requerira moito tempo para que se solucionen estes problemas e non haia recortes por todas partes e que saiamos perdendo por culpa dos que non saben levar a economia do pais.

faa-uxiaca-
sais
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 28, 2015, 00:17

Formar ou crear a un investigador custa ao redor duns 50.000 ou 60.000 estas cantidades tan elevadas pode levarnos a pensar se realmente vale a pena inverter tanto diñeiro en formar a uns investigadores que nun futuro quizais marchen ao estranxeiro a efectuar as súas investigacións. Na miña opinión deberíanse axudar aos investigadores e investigadoras dándolle máis recursos e facilidades para que fagan as súas investigación no país propio e así axudar directamente a este cos avances que estas investigación supoñen.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 28, 2015, 14:35

A formación dun investigador custa sobre 55.000 e 60.000, este tipo de formación é custosa pero aproveitándoa ben pódese a chegar a grandes avances na investigación. Pero, que pasará se estés investigadores non obteñen os salarios suficientes, e polo tanto, toman a decisión de buscar traballo noutro país?
Este é un dos grandes problemas que se está a producir en España, debido a crise. Esta marcha conleva una gran perdida, tanto científica como económica.
Cando un investigador marcha en busca de traballo fora provoca que todos os ingresos nos seus estudios anteriores, do que xa falei antes, se beneficien os países que acollen ao investigador, dándolle a este un salario superior que ó que obtiña aquí. Polo que España, está perdendo diñero por non saber cuantificar esta situación.
Polo que, na miña opinión, cando formamos a un investigador, aquí, estamos invertindo grandes cantidades de cartos que ao final non servirá de nada xa que este investigador marchará co fin de encontrar un salario digno para a súa profesión, e tamén perdemos formación científica para o avance do país. Na miña opinión esto é un fracaso por parte da gobernización do país.

faa-daniel-
baulo
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 28, 2015, 19:26

A formación de novos investigadores custa entre 50.000 e 60.000 euros. Na actualidade, formanse investigadores pero como en España non hai traballo teñen ir traballar ao estranxeiro. Desta maneira estamos a formar persoas e investindo cartos na súa formación, para que ao final vaian traballar para outros países e sexan eses países os que obteñan os beneficios. O goberno ten que decatarse de que o que precisan é axilizar a concesión de becas, aumentar as posibilidades de facerse investigador ou de comezar unha investigación e ofrecer máis saídas laborais.

fab-luciam-
eis
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 28, 2015, 22:13

Eu penso que os políticos o único que fan é mirar para dar os topes de diñeiro en Bruxelas facendo así recortes excesivos e sen mirar canto perxudica que fagan isto. Moitos centros de saude están cerrados por falta de persoal que non significa que non teñamos persoas cualificadas senon que non temos diñeiro para pagarlles. Moitos dos nosos amigos, veciños,familiares... Tuveron que irse para poder encontrar un traballo xa que aquí grazas os recortes non hai

Páginas: First << 7 8 9 [10]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.125 segundos.

Os comentarios están pechados.