Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 18, 2015, 22:27

Durante os últimos anos, os traballadores/as dos mellores centros de investigación do Estado, veñen sufrindo agresivas políticas de aforro impostas polo Ministerio de Facenda. O CSIC, a máxima institución científica, a pesar de ser rescatada da quebra técnica con máis de 95 millóns de euros no 2014, segue ferida cos recortes. Desde o 2008, o investimento do Ministerio caeu un 36% e os investigadores contratados reducíronse o 50% e, segundo din, paralizáronse bolsas e axudas á formación pre-doctoral, incrementando as trabas administrativas para contratar a persoal científico.
Os nosos científicos estanse a enfrontar a unha austeridade que sen dúbida está a comprometer a nosa competitividade científica a medio e a longo prazo. As políticas de austeridade extrema son a causa, non so, da fuga dos cerebros máis brillantes senón que tamén fan que as condicións diarias para investigar sexan moi precarias. Así, no Centro Nacional de Biotecnoloxía se xa é difícil investigar na loita contra o cancro, o VIH ou as cepas de bacterias resistentes a antibióticos, cos recortes desconectáronse a metade das luces das sás e corredores, o sistema de climatización córtase despois de comer, non hai gas despois das sete e hai días sen auga quente nos grifos.

Como vedes, o título deste foro fai referencia a que nesta época de crise económica e, polo tanto, nun período no que se reducen as inversións públicas en moitos sectores, tamén no campo da investigación; credes que iso non suporá unha verdadeira traba para poder superar esta crise económica? Pensades que superar a crise depende exclusivamente dos países e economías máis potentes e que nos temos pouco que aportar na solución do problema?

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 13:17

Obviamente, sen investigación, un país quedaríase estancado na súa situación, perxudicando isto a tódolos ámbitos.
A investigación tamén nos pode axudar a superar a propia crise económica. Fai dezaseis anos, un grupo de investigadores postdoutorais expuxo publicamente na revista Nature a perigosa situación á que a ciencia española se enfrontaba durante a crise económica que afectaba ao país na década de 1990. Esa crise foi superada, pero non se aprenderon leccións. Houbo promesas dun maior apoio á ciencia, pero poucas iniciativas se materializaron. A actual crise financeira e os recortes sen precedentes nos programas de Investigación e Desenvolvemento aprobado polo Goberno actual poden dar o último golpe final ao sistema da nunca forte ciencia en España.
O Programa Marco 2014 - 2020 de Investigación e Innovación da Unión Europea, ten como obxectivo reforzar a posición da UE en ciencia e asegurar a competitividade global de Europa. Obviamente, o rendemento científico de calquera Estado Membro inflúe no rendemento total da ciencia europea. España, de 2000-2008, implementou certas medidas e investimentos encamiñados a desenvolver e impulsar a ciencia. Dende entón, a perspectiva non está moi clara, en particular despois das medidas adoptadas polo Goberno español no último ano, que sen dúbida terán efectos desvastadores para a investigación española e poñen en perigo o seu futuro. Como ben é sabido, a ciencia é un proceso no que recortes no financiamento un ano, teñen efectos profundos durante moitos anos.

Pregúntome como os obxectivos que a Comisión Europea se fixou para 2020 se poden lograr, dada a situación actual. Só podemos falar da situación en España, pero somos conscientes de que moitos outros membros da UE se enfrontan tamén a enormes dificultades. En España estamos a sufrir unha redución no número de empregados públicos, diminución no número de postos de doutorado e postos de investigación temporais e permanentes ofertados.
Sabemos hoxe en día que os recursos humanos están a deixar España, incluíndo miles de profesionais con experiencia e coñecementos formados nas universidades e centros de investigación tanto de España coma do estranxeiro. Non hai que esquecer o lugar que a ciencia e a educación teñen para a sociedade, é dicir, non hai crecemento económico e social sen innovación. A investigación e a educación son esenciais para a existencia dunha sociedade sostible, contribuíndo á saúde, a educación, o benestar, o crecemento económico,...

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 15:02

Dende o meu punto de vista paréceme absurdo que intente recompoñer a economía do país, a través dos recortes. É incorrecto axudar de esta forma a familias, que na maioría de elas non teñen os ingresos suficientes para poder levar unha vida digna e adecuada (con saúde e benestar).
Por exemplo, os recortes en educación, son absurdos debido a que afectan a unha actividade decisiva para o futuro do progreso da humanidade. Os grandes beneficiados de esta situación son as familias ricas e acomodadas, que se poden pagar unha educación privada, pero creo que estes estudios na educación privada son regalados ou polo menos con menos dificultades para sacalos adiante.
Vexo que si seguimos recortando en investigacións, sanidade, educación... non chegaremos a ningunha parte, este non é modo de actuar fronte unha situación de este tipo, é egoísta por parte dos gobernos, así non se axuda á xente.

Con respecto a que, nós, os que temos familias ás que se dedican á economía do pequeno comercio. Se nos considere que, non podamos axudar a recompoñer a economía, e que só as grandes e potentes empresas podan, paréceme unha barbaridade. Unha razón é porque o único que se fai é quitar diñeiro ao pequeno comercio ( a maioría da poboación) e darllo ás grandes multinacionais, que son as que se forran.
Polo meu parecer, o goberno debería apoiar á xente que non ten grandes aforros ou grandes comercios, porque esa xente é a que compón un país e a que sen ela, a economía de cada país acabaría caendo, así que creo que nós somos a clave para poder afrontala crise. Somos a maioría da poboación a que está sufrindo por levar o día a día e sobrevivindo para poder chegar a fin de mes, e que fillos, avós e familia no pasen fame. Temos un papel moi importante, por non dicir o máis, así que o goberno debería investir máis nas persoas que non teñen recursos para afrontar a crise, porque, esta xente é a que forma a crise, sen esta xente non habería problemas económicos, non habería crise.

faa-emilio-
lumbres
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 15:04

A crise económica mundial comezou en 2008 e foi orixinada en EE.UU, esta foi sinalada por moitos especialistas internacionais como a "crise dos países desarrollados" xa que as súas consecuencias obsérvanse fundamentalmente nos países máis ricos.
Penso que, sen investigación científica, o país non avanzaría, quedaría estancando con respecto a outros. E que non se avance na investigación cientifíca perxudica tamén a outros ámbitos, como non poder investigar ou saber máis sobre certas enfermidades incurables.
Superar a crise, por unha parte, depende dos países e economías potentes, e por outra parte, nos tamén podemos aportar para a solución da crise. Unha opción é aforrar, eu diría que se pensáramos na crise fai 15 anos, esta podería evitarse. Otra opción sería impulsar o crecemento da economía. No pasado, normalmente había un gran endeudamento despois dunha guerra ou despois dunha catástrofe natural e había que reconstruir a nación, esta reconstrucción xera crecemento e actividade económica e isto aumenta a cantidade de impostos e todo o mundo traballa.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 17:32

Eu penso que a solución ao mellor pode pasar pola ciencia precisamente máis concretamente polo ámbito da tecnoloxía porque de desenvolverse un producto como o foi Intenet ou a televisión no seu día sería un boom no mundo e movería o mercado e produciría de novo as inversións. Tamén hai que pensar que ao deixar marchar científicos a outros países estamos perdendo cartos porque a súa formación valeu cartos e que un individuo altamente cualificado non acabe traballando no país que invertiu nel supón unha pérdida e en cambio para os outros países unha gran ventaxa porque reciben excelentes profesionais sen invertir un duro;o traballo sucio facémolo nós. Eu vería ben que se fixeran recortes sempre e cando se fixeran noutros ámbitos porque creo que nos estamos cebando con recortarrlle a sanidade e a educacióne é verdade que os cartos temos que sacalos dalgun sitio pero de seguir así vamos acabar con hospitales como os de África e con colexios como os de América Latina.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 17:32

Ao meu parecer, as medidas que se están a tomar para superar a crise na que se ve inmerso o noso país non son as axeitadas, pois nunha sociedade de calidade ten que primar o benestar dos cidadáns, cousa que non se consegue recortando presupostos en educación ou sanidade, por exemplo.
Pretenden que nos situemos á cabeza no “Informe Pisa”, cando o único que fan é recortar os presupostos destinados á educación e impoñernos un sistema no que único que nos se ensina é a memorizar, ao que non lle interesa que desenvolvamos as nosas capacidades, senón que simplemente aprendamos procesos mecánicos.
Isto merma a calidade do nosos sistema educativo e incrementa a tasa de abandono escolar. Ademais, a xente que si desexa estudar pero non ten recursos suficientes non conta con becas ou bolsas para facelo e, os poucos que conseguen facelo e formarse, unha vez que rematan os seus estudos atopánse cun país que os rexeita, unha sociedade na que non hai emprego.
Considero que estamos nun país con xente moi capacitada e con ganas de traballar que se está tendo que ir ao estraxeiro para atopar traballo, polo que creo que para reactivar a economía e superar a crise debemos poñerlle fin a esta situación e comezar a crear emprego, xa sexa no campo da investigación ou en calquera outro ámbito.
Dende o meu punto de vista vivimos nun país que podería chegar a ser moi forte se soubera administrar ben os seus recursos e fora quen de subministrarlle á súa poboación os medios, os fondos e as infraestructuras necesarias para ter unha boa calidade de vida, pois os que realmente están a sufrir a crise, son os cidadáns.
Así, penso que España debería estar na loita contra a crise xunto coas grandes potencias.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 18:00

Esta claro que todos poden axudar para que a crise se recupere dunha maneira ou outra,sexan paises desenvolvidos ou non.
Eu creo que que iso non suporá unha traba para superar a crise económica,en absoluto. Esta claro que se notaría bastante que este sector non tivese axudas,pero ao fin e ao cabo, esto non aporta una economía favorable, xa que por moito que queiramos, por exemplo na investigación de mediciñas, España pouco pode facer, en España non hai enfermidades unicas, non hai enfermedades como o ébola, no cal so pasa en moi poucos paises, paises que se contan cos dedos das mans. En caso de que si has hubera,si supondría unha traba, xa que o medicamento que se elaborase nun futuro podría ser util para outro pais no que surxa a enfermidade, xa que ese país mercaríanos a nosa mediciña. Pero esto non pasa, polo menos en España, polo que invertir no ambito da investigación non sería una traba para superar a crise.

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 18:10

Ver nun ámbito dunha gran importancia, como é no ámbito científico, unha situación tan desastrosa é clave para que o dsenvolvemento do país sexa prácticamente nulo.
Todas as semanas faláse nos telexornais e outros medios, da marcha de mentes científicas moi preparados a outros países. En defeinitiva é deixar escapar persoas que poderían levantar nada mais e nada menos que o país. Sen un desenvolvemento científico-tecnolóxico, un país quedaría "desfasado" en calquera momento. Sen lugar a dúbidas isto é unha traba para superar a crise, xa que si un país non se desenvolve, non ten esperanzas de futuro.
A unión europea sofre unha gran crise dende 2008, unha crise que se soluciona mediante a aportación de todos os países membros. As grandes potencias son as que claramente teñen unha maior oportunidade de desenvolvemento, pero non quere dicir que o problema se poida resolver con só as grandes potencias. Para min, todos os países que forman esta Unión Europea, deben aportar sempre o seu gran de area para intentar saír desta situación que afecta mais a uns que a outros.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 18:30

Sen ningunha dúbida, os excesivos recortes que se están a producir no campo da educación e da investigación, ademais da sanidade, supoñen non unha axuda económica , senón todo o contrario, un grave problema a medio e longo plazo no desenvolvemento do país.
Penso que para revertir esta situación, o que se debría de facer e repartir mellor o diñeiro, xa que realizar recortes extremos en ámbitos tan importantes como a educación e a sanidade mentres vemos cada día a máis políticos roubando ou a xente que probablemente nin ten a ESO cobrando moitísimos cartos por saír nun programa de televisión, paréceme moi pouco intelixente.
Ademais, o noso país conta con xente cunhas facultades e capacidades incríbles e con recursos moi bos todavía sen estoupar e é unha verdadeira mágoa que esta xente se vexa obrigada a emigrar para atopar traballo ou mesmo se quede sen oportunidades para estudar.
Lamentablemente, este cambio penso que non está nas nosas mans, senón nas dos gobernos e grandes economías. Ao meu parecer, téñennos tan controlados que por moito que intentemos cambiar isto co voto ou novos gobernos, van seguir sendo os mesmos os que controlen todo na procura do seu propio benficio.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 18:36

Dende o meu punto de vista, non vexo que os recortes sexan a solución para superar a crise. Certo é que en tempos de crise dalgún sector económico habrá que recortar, pero non de todos e cada un dos sectores como se está facendo agora mesmo e da forma en que se está levando a cabo, xa que moitos campos están sufrindo uns fortísimos recortes. Un des sectores que máis esta sufrindo é o da cultura. Exemplos como os recortes en torno ao 30% nunha das institucións emblemáticas da cultura española como é o museo do Prado ou os recortes no campo da investigación como di a pregunta está poñendo en contra ó pobo do partido político que goberna o país, e iso non é bo para superar unha crise.

Superar a crise non depende só dos países e as economías máis potentes, certo é que son as que teñen que levar a voz cantante xa que a súa economía está en mellor estado ca do resto de países, pero non van ser eles quenes nos quiten da crise sen axuda dos demais países. Para poder saír da crise teñen que contribuir todos os países, xa que é algo que nos incumbe a todos por igual, non só a EEUU ou Alemaña.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.098 segundos.

Os comentarios están pechados.