Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro TEMA CERRADO
fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 18:49

Dende o meu putunto de vista a investigación sí que é unha gran axuda para poder superar a crise á que estamos sometidos. É certo que agora mesmo a situación non é moi boa e a maioría dos traballadores están sometidos a unha serie de recortes no seus respectivos empregos, pero sen investigación, sen ciencia, non imos a ningunha parte xa que quedariamos estancados onde estamos e non melloraríamos en absoluto deica o futuro. Porque, que é un país sen avances tecnolóxicos, científicos ou mesmo na educación? Sen dúbida o que faríamos sen estos avances sería retroceder.
Con respecto á segunda pregunta, a crise é un problema de todos os países da Unión Europea. É certo que uns están en mellor situación que outros, pero quenes realmente sofren máis as consecuencias da crise son os cidadáns de cada país. Por esta razón, penso que deberían administrar mellor todos os factores que dan lugar á crise e buscar unha solución que sexa a derradeira para rematar con ela.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 19:03

Fa un tempo lin unha noticia que dicía así: "A Ciencia aínda non cre que España dese xa os primeiros pasos cara á recuperación económica, como asegura o Goberno. Polo menos non ata que se note na asignación presupostaria para I+D+i. O diñeiro dedicado a Investigación, Desenvolvemento e Innovación sufriu unha serie de constantes recortes dende 2009, que non mellorou en absoluto o morno aumento presupostario de 2014."
Dende o meu punto de vista, os recortes no ámbito científico o único que están traendo como consecuencia é que non haxa diñeiro para investigar e que, á súa vez, os mozos científicos se vaian do país para conseguir traballo. Ademais de supoñer un grandísimo retroceso, convertíndonos nun país pouco competitivo no que á ciencia se refire.
Parece ser que non hai diñeiro nin para educación, nin para saúde nin para investigación. Pero entón, para que hai diñeiro? Non hai máis que ver na televisión como o Goberno promete incrementos para o presuposto do I+D+i; pero o único aumento de presupostos que realmente hai é para gastos militares. Falando en cifras, en dous anos os investigadores do Exército van duplicar o seu presuposto, mentres que os que traballan na I+D pública téñeno conxelado.
Finalmente dicir que, en épocas de crise considero lóxico que poidan subir os impostos ou chegar a reducir presupostos nalgúns ámbitos, pero o que non se debería tocar nunca son a educación, a saúde e a investigación, pois estas supoñen a base do noso futuro. Como ben di o título do foro: "Sen ciencia, non hai futuro".

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 19:51

Eu creo que facer recortes no sector da investigación é algo que non se debería facer, xa que nunca se sabe,quizas temos moitos xenios que poden inventar algo que ten moito futuro,tanto en España, como no estranxeiro, sexa un aparello, un medicamento, ou o que sexa,aqui se rentaría a pena invertir na investigación, pero facendo recortes, esto non é posible, polo que eu creo que recortar no sector da investigación e algo que freará a recuperación económica.
E eu creo que España si ten que facer fronte a crise, pero coma todolos paises, xa que todos poden ter algo que aportar para que a crise deixe de existir.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 20:03

Os recortes só traen problemas e máis problemas. Recortar en sanidade, educación ou investigación está traendo e trae cousas malas para as xeracións futuras. España sempre soeu estar máis retrasada co resto dos países de talla máis grande, e agora vese por que. Non é lóxico que un país do primeiro mundo faga este tipo de cousas que ao final só perxudican aos alumnos e profesores (educación), pacientes e médicos (sanidade) e a todo o país (investigación). Digo todo o país porque a investigación é algo moi importante, para modernizarse, para non quedarnos atrás.
Que deste noso país, se vaia xente altamente cualificada, só é culpa do Goberno e das súas "xeniais" ideas.
Despois, somos sumisos ante Alemaña. Actualmente manda máis Merkel que o propio presidente deste país. Isto, na miña opinión, tamén fai que España non poida estoupar todo o que ten. Ten que haber un momento no que lle fagan fronte.
Mentres algúns sigan mirando só o seu embigo, nada se vai poder facer. Moitos dos ministros, etc. deberían baixarse os soldos, e non quitarlle cartos a ámbitos tan importantes e fundamentais nun país. E lamentablemente, penso que o pobo está sendo sumiso ante o Goberno e non pode ser, o Goberno debería temer ao pobo, moito. E mentres isto sexa asi, uns seguirán miles de cartos, e aínda por enriba, levandoos a paraísos fiscais, outros están na rúa, sen fogar e con fillos. Debería darlles vergonza aos grandes xefes deste país, ver como este se está consumindo. Ás veces o capitalismo é unha enfermidade. Penso que si esto continúa asi, nuns anos pode haber unha revolución do pobo.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 21:44

Desde o meu punto de vista, pareceme que pensar que os recortes mellorarán a situación economica de calquera país e algo absurdo.
E certo que nos tempos de crises que estamos a pasar en alguns campos recortouse .Pero esto non quere decir que se teña que recortar en cousas de necesidade suprema(sanide ou ensino).Algo que debemos prohibir que suceda .Xa que o fomento e auxe da nosa cultura se imparta depende dos estudos dos cidadáns .Noutro mesmo lugar a sanidade acapara un grande lugar xa che é imprescindible para os cidadáns.
O sector da tecnoloxía e ciencia deron grandes inventos que ofreceron influencía nos outros países.Temos moi ben cualificada que pola falta de non ser valorados vense obligados a emigrar.Algo que é unha magoa xa que opiondos poderían influirnos na economía.
Mellorar a crise non é cousa so dos países maís poderos ,e cousa de todos por igual.O que si eque os maís influintes deberían aportar para tentar mellorar a crise.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 22:20

O coñecemento é o don máis valioso que unha persoa ten. É inxusto e hipócrita que recorten na educación, limitando así as oportunidades do noso progreso, e xogando co futuro. Pretenden que avancemos sen darnos marxe para facer o que queremos, obrigados a elexir entre unhas certas asignaturas impartidas polo reducido profesorado que incluso abrangue materias sen estar formados nelas. E ademáis, impoñendo unha nova lei basada na memorización, e na teoría dos conceptos, cando a maior forma de aprender, é coa experiencia.
A investigación, por exemplo, é un campo no que se está continuamente avanzando e descubrindo cada día novas metas que nos axudan en todos os ámbitos, e pensados para o tratamento das enfermedades e o benestar do propio cidadán. Recortando neste campo, limítanse os acvances, e desta forma, non haberá maneira de progresar e lograr saír desta situación.
Na miña opinión hai moitas ganas de traballar, pero as numerosas trabas, fan que as persoas capacitadas e preparadas se vaian a outros países para exercer, e se esto continúa así, xamáis sairemos da crise, porque desta maneira non se favorece ao país.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 22:41

Sen ciencia, non hai futuro, e así é. Aínda que nun principio esta frase non nos poida achegar moito, garda un gran significado; España sería un país que quedaría rezagado, quedaría a un nivel no que non podería loitar contra as grandes competencias en ámbitos como a ciencia. É así a ciencia a base do futuro de calquera país e, ao mesmo tempo, de nós, os cidadáns.
É vergonzoso que o goberno bote man dos recortes en campos como a investigación, sanidade, educación…xa que o único que se consegue así é que quedemos atrás e non poidamos avanzar, non poidamos mellorar como se fixo durante tantos anos na medicina e na educación, xa que se non se fixese tal avance, como sería posible que aumentase tan notablemente, por exemplo, a idade media de morte? Pois isto foi gracias aos novos coñecementos adquiridos durante moitos anos grazas á investigación, polo que considero unha verdadeira loucura que pretendan frear a crise e crear postos de traballo cos recortes en estes ámbitos tan necesarios para o desenvolvemento do noso país. Opino que tamén é vergonso por parte do goberno ver como tanta xente capacitada non pode chegar a nada na súa vida porque a súa familia non ten recursos e, sobre todo, ver como os que si lograron algo se teñan que marchar ao estranxeiro porque no seu país natal non encontran o necesario para poder desenvolver a súa vida.
Ademais, penso que se deberían repartir mellor os cartos, xa que non encontro nada de lóxico que postos como os altos cargos políticos sexan tan valorados e postos de toda a vida, como un albanel, teña un soldo tan inferior, podendo vivir así un político sen preocupacións sobre chegar a fin de mes, xa que, referente ao traballo, ambos postos teñen unha gran responsabilidade.
Penso que dende o noso goberno, ata as economías máis potentes tanto a nivel europeo como mundial, deberían pararse a pensar no que están facendo e no que debería facer, xa que cos recortes o único que conseguen é que non avancemos e quedemos nun burato do que despois sexa imposible saír.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 19, 2015, 22:58

Eu creo que a investigación científica é algo que é necesario; a ciencia avanza a pasos axigantados, e se no noso país queremos gañarnos un lugar no campo da investigación a nivel mundial, obviamente necesítase financiación. Este feito non é algo imposible coa crise económica que sofre o noso país, dado que neste país tan "austero" que temos, fináncianse con gusto cousas ás veces innecesarias e mellor non mencionar a corrupción que existe neste país. Con isto o que quero dicir é que tanto a investigación como outros sectores son esenciais, e deixar de apoialos económicamente suporía sufrir graves consecuencias.

Dende o meu punto de vista, os países en crise tamén poden poñer da súa parte para mellorar cambiando o modelo produtivo, indo dun modelo baseado no turismo e a construción, a outro baseado na investigación e na innovación, pero esto non será posible se éstas non son financiadas. Polo tanto, quedaríamonos estancados.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 20, 2015, 00:21

Dende o meu punto de vista os recortes en investigación parécenme excesivos, xa que poderían recortar en outros gastos innecesarios. Oxe en día a ciencia está a avanzar moi rapidamente e se o noso país non contribúe ou non estuda sobre enfermidades, etc...iremos quedando atrás respecto a outros países, o cal correspondese con menos axudas en todos os ámbitos.

Respecto a crise, a miña opinión é que levamos anos con políticos que en vez de axudar ao pobo enteiro só pensaban en si mesmos e en roubar diñeiro para vivir ben, e agora estanse a descubrir tantos fraudes debido a que chegaron ao "fondo do bote" e comezan a notar a falta dos cartos antes roubados.

Superar a crise non depende dos países máis potentes senón que depende de todo o conxunto de países, grandes e pequenos, xa sexan aportando un pouco ou moito, o que si e que os maiores mandarán sobre os máis pequenos e isto vese nas grandes franquicias, que agora mesmo están a prexudicar as pequenas empresas xa que intentan abarcar todo o comercio...
En conclusión creo que non deberían quitar tanto orzamento para a investigación, a educación e tamén para a saúde.

faa-nereae-
iras
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Sen fondos non hai ciencia, non hai futuro
on: February 20, 2015, 17:24

Sen dúbida penso que os excesivos recortes que se están a producir nos campos de investigación , tales como na sanidade e a educación, poden favorecernos a curto prazo para poder afrontar a crise económica. Pero, tamén temos que pensar que con estes recortes, poñemos en risco o desenvolvemento do noso país en investigación. Penso, dende o meu punto de vista, que debemos propoñer recortes en todos os ámbitos por igual, e non aumentar recortes en ámbitos tan importantes como son a educación e a sanidade. Estos recortes excesivos poden ser necesarios, pero non nos axudan como deberían. No noso país contamos con persoas brillantes e con capacidades todavía sen explotar, e é unha magoa que estas persoas teñan que marchar do noso país para poder ter oportunidades para estudar e conseguir traballo.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.098 segundos.

Os comentarios están pechados.