Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 21:47

Eu persoalmente non estaría disposto a que no concello no que vivo se depositen residuos nucleares. As razóns son moi sinxelas, xa que ditos residuos mpm só contaminarían o entorno se non que afectaría as propias persoas que vivan preto.
É unha cuestión importante e como mínimo sería unha decisión comarcal. Trátase do medio ambiente da zona. A radiación perxudica de maneira grave todo o que a rodea.
Finalmente, se se dera o caso de que o noso concello acollera esos residuos creando así un cemiterio nuclear, a economía sufriría un cambio notable, de ahí que moitos concellos estén dispostos a acoller os residuos. Agora que se ese concello, vive do turismo, nese terreo habería un descenso considerable.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 21:58

Paréceme incrible que concellos españois COMPITAN por conseguir que o depósito de residuos nucleares se constrúa nos seus terreos. Competir, por definición, significa poñer empeño para conseguir algo ó que aspiras, e aspirar a algo que pode poñer en perigo a saúde dos seres vivos non o considero nin correcto nin cívico.
Semella que estes concellos non se dan conta do que conleva construír dito depósito. A enerxía nuclear, como xa dixeron os meus compañeiros mais eu anteriormente, produce unha serie de desfeitos con alto nivel de radioactividade, cuxa desintgración pode chegar a superar os trinta anos.
Respecto á pregunta de si estaría disposta a que se construíse un destes depósitos no meu concello, respondería absolutamente convencida que non. Ademais, todos os concellos da comarca veríanse afectados, co que tamén eles estarían co tanto dereito coma nós a decidir. Así e todo, moitas veces os concellos parece que só miran pola economía, deixando de lado o realmente importante que é a saúde das persoas e o medioambiente.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 22:17

Polo meu parecer, non estaría de acordo coa construcción dun depósito de este tipo. Entre outras cousas porque a experiencia dinos, que, este tipo de depósitos non son nada favorables para o medio ambiente. Ademáis, as persoas que viven tanto nunha localidade, comarca ou comunidade non estarían moi polo favor de aprobalo, eu polo no menos non o faría.

Sabemos que este tipo de enerxía xera enerxía eléctrica, polo que "reduce"a cantidade de combustibles fósiles, o que implica a diminución de CO2 na atmosfera. Tamén dise que con pouca cantidade de combustible de este tipo de enerxía, obténense grandes cantidades de enerxía. Esto disminuiría un aforro nos transportes, extracción e manipulación de combustibles nucleares. Pero estes beneficios contrarréstanse cando falamos da vida limitada das centrais. A inversión para a construcción dunha planta nuclear é moi elevada e hai que recuperala en moi pouco tempo, de modo que isto fai subir o coste da enerxía eléctrica xenerada. En outras palabras, a enerxía xenerada é barata comparada cos costes de combustible, pero o ter que amortizar a construcción da planta acaba por encarecer.

Por último, un inconvinte importante é, a difícil xestión dos residuos nucleares xerados. Os residuos nucleares tardan motísimos anos en perder a súa radioactividade e peligrosidade. Os reactores nucleares, unha vez construídos, teñen fecha de caducidade. Pasada esta fecha deben desmantelarse, de modo que nos principais países de producción de enerxía nuclear, para manter constante o número de reactores operativos deberían construirse aproximadamente 80 novos reactores nucleares nos próximos diez años, o cal ao meu parecer non é nada rentable.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 22:18

Desde o meu punto de vista, considero que os combustibles fósiles, xa sexa o petróleo, o carbón... son máis contaminantes que a enerxía nuclear. Se comparamos as emisións que produce unha planta nuclear coas que produce unha planta térmica (queima combustibles fósiles), podemos apreciar que unha planta de enerxía nuclear en normal funcionamento, emite vapor de auga, auga de refrixeración con carga térmica e residuos sólidos urbanos xerados polo persoal. Mentres que unha planta térmica emite CO2, CO, NOx, SO3, hollín, vapor de auga e auga de refrixeración con carga térmica e alto contido de sales.
O verdadeiro problema é que a pesar de que tecnicamente a enerxía nuclear é menos contaminante que os combustibles fósiles, é altamente perigosa, e se se producise un accidente nunha central nuclear, daría lugar a unha grande catástrofe que dificultaría a vida en moitos aspectos. Por esta e por moitas outras razóns, creo que a pesar de contaminar "menos" que outras enerxías, a nuclear é unha enerxía que ten uns poucos "pros" pero moitos "contras".

fab-jonath-
ansalgueir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 16:44

Dende o meu punto de vista non permitiría que o depósito se construira nin no meu cocello nin na miña rexión posto que altamente contaminante e sería arriscar a miña xa que a probabilidade de coller enfermidades coma o cancro elévase notablemente, respecto a tomar a decisión creo que tería que ser a votación na cal participaran os cidadáns de toda a comarca porque por moitos beneficios económicos que conleve a construcción do depósito estes non se poden comparar co valor dunha vida.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 16:45

😉
E cantas centrais nucleares hai en España? Quédalles moita vida útil? Cal foi a última que se construíu? Existe a proposta de construir algunha máis?

fab-maribl-
anco
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 17:36

Non estou de acordo con que se constrúan tantos reactores nucleais, xa que podería ocorrer unha catástrofe de moitas dimensións. Parece que se lles olvida o que ocorreu en Xapón. Cando ocorre unha desas catástrofes deixa graves consecuencias a largo prazo e aínda en Xapón hai restos de esa catástrofe nuclear. Eu penso que é máis contaminante a enerxía nuclear xa que desprende radiactividade natural. Aínda que os combustibles fósiles desprenden CO2, aínda que ese CO2 e recollido polas árbores e prantas e logo elas desprenden 02. Pero se desprenden tanto CO2 as árbores non dan collido todo o CO2 e iso provoca que se contamine o medio ambiente, e que se destrúa a atmosfera.

faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 17:51

España conta con oito centrais nucleares en funcionamento. Teñen unha idade media de 29 anos, foron deseñanadas inicialmente para unha vida útil de 25-30 anos. Garoña, con 42 anos, é unha das centrais en operación máis vella de Europa. O seu deseño é idéntico o da central nuclear de Fukushima.
No pasado houbo plans para construír en España ata 39 centrais nucleares pero os factores políticos e económicos frearon esta expansión. A pesar de que en 1984 o Goberno socialista imlantou unha moratoria nuclear, en España chegaron a construírse finalmente 10 reactores.
Deses 10 reactores nucleares actualmente hai oito en funcionamento, ubicados en seis emprazamentos (Ascó e Almaraz son emprazamentos que contan con dos reactivos cada un). A central nuclear de Vandelós I, tras sufrir un grave accidente en 1989, foi cerrada definitivamente en 1990, e a central Zorita foi clausurada en abril de 2006 debido á perigosidade do seu funcionamento.
Podemos prescindir da enerxía nuclear. Actualmente tan só presenta ao redor do 20% da electricidade producida no noso país, mentres que as renovables están aportando o 30-35% da electricidade nos últimos anos. España pode dispoñer dun sistema eléctrico 100%renovable nas próximas décadas, se existe voluntade para elo.
A última central construída en España, foi a central de Trillo en Guadalaxara, que se puxo en funcionamento no ano 1988.
Despois dun período de declive no uso da tecnoloxía nuclear, tras os accidentes de Three Mile Island e Chernóbil, houbo unha década ata o ano 2011 nas cales houbo interés pola enerxía nuclear. Algúns políticos regresaron á opción nuclear debido a que vían, de forma potencial, como unha forma de controlar as reservas de petróleo mundiais e o quentamento global, xa que este emite menos emisións de gases ao efecto invernadoiro ca os combustibles fósiles. Sen embargo a partir do accidente en Fukushima esa tendencia reverteuse.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 18:10

A estrutura nuclear industrial en España comenzou a crearse polos anos 60. Na actualidade, no noso país existen 6 centrais nucleares, das cales dúas delas teñen dúas unidades, polo que contamos con 8 reactores en total. Estas centrais son as encargadas de producir aproximadamente o 20% da enerxía que se consome no noso país, bastante menos do que están producindo as enerxías renovables.
A primeira das centrais construida no nosos páis foi a de Santa María de Garoña, a central máis antiga que produce enerxía eléctrica a partir de auga lixeira en ebullición, pero clausurada definitivamente no 2013, e a central construida máis recentemente é a de Trillo, situada en Guadalajara.
No momento das súas respectivas construcións, contábase que tiveran unha vida útil de entre 25-30 anos, pero teñen unha idade media de 29 anos.
No pasado, en España estívose barrallando a posibilidade de construir ata 39 reactores nucleares, aínda que ao final só se chegaron a construir 10. Actualmente, a pesar de que non hai unha proposta oficial de construir novas centrais nucleares, si que están convencidos de que se isto ocorre traería consigo moitos beneficios, como crear novos postos de traballo, ademais de que a industria afrontaría o 80% dos programas de construción.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 21:55

En España actualmente ten 6 centrais nucleares, pero duas delas teñen 2 reactores, polo que se podria decir que hai 8. En teoría, deberialles quedar pouco tempo, xa que cada vez as enerxías renovables estanlle quitando terreo, xa que actualmente a nuclear aporta o 20% da enerxía que consumimos, polo 35% que aportan as renovables. Esto quere decir que as renovables actualmente son mellores, contaminan menos e aportan mais, polo que se podria decir que lles queda pouco tempo.
A última central nuclear construida en España foi a de Trillo en Guadalaxara,que leva 27 anos en funcionamento.
Actualmente, non hai propostas para construir alguna mais, o certo era que antes do accidente de Fukushima, si a habia, pero tras eso, todo quedou apartado.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.211 segundos.

Os comentarios están pechados.