Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
faa-afeijo-
o
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 16:08

Na miña opinión, non estaría de acordo con que se constríse un depósito de residuos nucleais. Esto pode traer moitos veneficios, pero os inconvintes que ten anularían todos estes veneficios económicos. Na nosa zona, moitas das familias sobreviven por traballar na agricultura e máis na pesca, si aceptaramos a opción de constrir un depósito de residuos nucleais, todos estos campo veríanse afectados. Estes ao verense afectados, tamén se verían afectada a economía da xente que vive destes empregos.
Por outra parte, crear un depósito de materiais radiactivos veríase afectada a nosa saúde tamén e as consecuencias que traiga esto perdurarían durante moitos anos nas nosas vidas.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 17:21

En España nestes momentos hai 6 centrais nucleares en funcionamento, todas elas na península, as centrais nucleares de Almaraz (Cáceres) e a de Ascó (Tarragona) dispoñen de 2 reactores cada unha, polo que en total dispoñemos de 8 reactores de auga lixeira.
Se consideramos unha vida útil duns 40 anos, que é a que hai aprobada agora mesmo en España, unha das nosas centrais pasaríase, a central de Sta. María de Garoña (Burgos) leva en funcionamento 44 anos, co cal pode ser un grave erro, por parte do goberno, non pechala por si hai algún risco de fuga, etc. A de Almaraz I (Cáceres) foi a seguinte en poñerse en funcionamento, e leva 34 anos en funcionamento, séguea a central de Ascó I (Tarragona) e Almaraz II (Cáceres) que levan 32 anos en funcionamento. A seguinte foi a de Cofrentes (Valencia) a cal leva 31 anos, un ano máis ca a de Ascó II con 30. Xa rematando en 1897 comezou a funcionar a de Vandellós II (Tarragona), e por última esta a de Trillo (Guadalaxara) e a que máis vida útil lle queda, xa que foi a última en construírse e leva funcionando 27 anos.
Existe a proposta de construír de 7 a 11 reactores novos en 2030. Con esta construción as centrais nucleares pasarían de representar o 20% ao 33% da enerxía eléctrica producida en España.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 18:24

No noso país contabilízanse, neste momento, seis centrais nucleares activas, é decir, en funcionamento; todas situadas na Península. Son as seguintes:
-Almaraz (I, II) (Cáceres)
-Ascó (I, II) (Tarragona)
-Sta. María de Garoña (Burgos)
-Cofrentes (Valencia)
-Vandellós II (Tarragona)
-Trillo (Guadalaxara)
Considérase que a vida útil dunha central nuclear ronda sobre os 40 anos, en España a central de Burgos leva en funcionamento xa 44 anos. Síguelle Almaraz I de Cáceres con 34 anos de funcionamento. Seguena as centrales de Almazar II e Ascó I con 32 anos en activo. A seguinte é a de Valencia, con 31 anos. Ascó II leva un ano menos ca esta, é decir, 30. A esta siguelle a de Tarragona; e por último atopamos a de Guadalaxara, con 27 anos.
Ademais destas nucleares estase cavilando a posibilidade de construír máis para sustituír a aquelas que cerren polo límite de anos en funcionamento, pero polo momento non se comezará ningún tipo de proxecto posto que pode que se amplie o tempo de funcionamento para máis de 40 anos.

fab-rociov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 19:04

Actualmente, España conta con 6 centrais nucleares, das cales dúas delas teñen dous reactores, polo que, en total, podríase decir que hai 8 centrais.
As centrais nucleares teñen unha idade media de 29 anos, aunque inicialmente contábase que tiveran unha vida útil de 25-30 anos.
A primeira central nuclear que empezou a funcionar en España foi a de José Cabrera en Guadalaxara, máis coñecida como Zorita.
No pasado, en España houbo plans de construír ata 39 centrais nucleares, pero debido aos factores políticos e económicos, non se produciu a construcción delas. Actualmente non hai propostas para construír algunha mais.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 21:18

A enerxía nuclear en España foi a segunda fonte de xeración de enerxía eléctrica do país en 2013, cun 21,2% da produción,tralas renovables (42,2%) e por diante do carbón (14%), o que representou o 4,5% da enerxía final consumida ou o 12,2% do total de enerxía primaria.España conta con dez instalacións nucleares no seu territorio peninsular. Entre elas, cinco centrais ?Almaraz I e II, Ascó I e II, Cofrentes, Trillo I e Vandellós II cun total de sete reactores. A central nuclear de Santa María de Garoña atópase cesada da súa actividade de forma definitiva e oficial desde o 6 de xullo de 2012, aínda que se especula coa posibilidade da súa reapertura. Tamén a central José Cabrera-Zorita concluíu a súa actividade o 30 de abril de 2006. Pola súa banda, Vandellós I atópase actualmente en proceso de desmantelamento tras un incendio producido en outubro de 1989. Existe, ademais, unha fábrica de combustible nuclear en Juzbado, Salamanca (Enusa Industrias Avanzadas de Juzbado) e un centro de almacenamiento de residuos radiactivos de baixa e media actividade en Hornachuelos, Córdoba (O Cabril), existindo un proxecto de construción de Almacén Temporal Centralizado (ATC) en Villar de Canas, Cuenca (Empresa Nacional de Residuos Radiactivos de Villar de Canas) para os de maior radioactividad. Ata febreiro de 2011 existiu unha moratoria pola que non se contemplaba a construción de novas centrais,pero nesa data aprobouse no Senado a Lei de Economía Sostenible pola que se permite a ampliación do periodo de vida útil das centrais nucleares máis aló dos 40 anos si autorízao o Consello de Seguridade Nuclear (CSN).

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 25, 2015, 14:04

Na década dos 60, comezaron os plans de creación de centrais nucleares en España.
A central nuclear José Cabrera en Guadalaxara, máis coñecida como Zorita e inaugurada por Franco en 1968, xunto con Santa María de Garoña (Burgos, 1971) e Vandellós I (Tarragona, 1972) foron as primeiras que comezaron a operar.
A estas seguíronlles as dúas centrais nucleares de Almaraz (Cáceres, 1981 e 1983), as dúas de Ascó (Tarragona, 1983 e 1985) e a de Cofrentes (Valencia, 1984). Finalmente, púxose en marcha unha segunda central nuclear en Vandellós (Tarragona, 1987) e a de Trillo (Guadalaxara, 1988).
Destes dez reactores nucleares, actualmente hai sete en funcionamento, ubicados en cinco emprazamentos (Ascó e Almaraz son emplazamentos que albergan dúas centrais nucleares cada un). A central nuclear de Vandellós I foi pechada definitivamente en 1990 tras sufrir un grave accidente en 1989, a central nuclear Zorita foi clausurada en abril de 2006 debido á perigosidade do seu funcionamento e aos seus numerosos problemas técnicos e, por último, a central nuclear de Santa María de Garoña encóntrase cesada da súa actividade de forma definitiva e oficial dende o 6 de xullo de 2012, aínda se especula coa posibilidade da súa reapertura.
En 1984, aprobouse unha moratoria nuclear (suspensión temporal do desenvolvemento de políticas de construción e posta en marcha de centrais nucleares). Así, en 1991, paralízanse, sendo posteriormente suspendidas, as obras de 7 centrais nucleares proxectadas (Lemoniz I e II, Valdecaballeros I e II, Trillo II , Regodola I e Sayago I).
En 2011 a moratoria deixou de estar vixente e aprobouse no Senado a Ley de Economía Sustentanble pola que se permite a ampliación do período de vida útil das centrais nucleares máis aló dos 40 anos se o autoriza o Consello de Seguridade Nuclear (as centrais nucleares construídas foron deseñadas inicialmente para unha vida útil de 25-30 anos).

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 25, 2015, 14:05

Situación Centrais nucleares en España:

-Garoña (Burgos). Construida en 1970. A súa refrixeración é aberta ao río Ebro. Peche programado para xullo de 2013.
-Almaraz I. Situada en Almaraz (Cáceres). Posta en marcha en 1980. Autorización ata 2020.
-Almaraz II. Situada en Almaraz (Cáceres). Posta en marcha en 1983. Autorización ata 2020.
-Ascó I. Situada en Ascó (Tarragona). Posta en marcha en 1982. Autorización ata o 1-10-2011.
-Ascó II. Situada en Ascó (Tarragona). Posta en marcha en 1985. Autorización ata o 1-10-2011.
-Cofrentes. Situada en Cofrentes (Valencia). Posta en marcha en 1984. Autorización ata 20-03-2011 (aínda que ten unha prórroga de 10 anos máis)
-Vandellós II. Situada en Vandellós (Tarragona). Posta en marcha en 1987.Autorización ata 2020.
-Trillo. Situada en Trillo (Guadalaxara). Posta en marcha en 1987. Autorización ata 15-11-2014.

😉
Con esta situación respecto das centrais nucleares españolas, seméllavos que as políticas enerxéticas aplicadas por España plantexen como prioridade o uso da enerxía nuclear?

fab-lauraf-
alcon
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 25, 2015, 14:46

Actualmente en España hai 7 centrais nucleares, dedicadas a produción de enerxía, pero hai unhas 11 instalacións nucleares en toda a Península Ibérica.
O presidente da Empresa Nacional de Residuos Radiactivos (Enresa), Francisco Gil-Ortega, confirmou os plans do Goberno de ampliar o plazo de vida útil das centrales nucleares de 40 anos a "50 ou 60", según declarou nunha reunión no Foro da Nova Enerxía.
Polo momento non se comezará ningún tipo de proxecto posto que pode que se amplie o tempo de funcionamento.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 25, 2015, 17:54

Na miña opinión, España ten un considerable número de centrais nucleares en comparación coa enerxía que utiliza anualmente e se ademais engadimos a isto a idea de aumentar a súa vida útil e algúns plans de futuro para construir máis centrais, entón, penso que sí, que as políticas enerxéticas deste país si que teñen como prioridade o uso da enerxía nuclear, e se non é como prioridade, como unha das enerxía máis utilizadas desde logo.
Para corroborar isto, atopei unha información que me pareceu realmente chamativa cando a vin: "Analizando o parque de potencia disponible e a producción anual da economía española, obtemos unha primeira e clara resposta. As centrais térmicas convencionais e nucleares, co 55% da potencia instalada, abastecen o 85% do consumo." Isto indica o dito antes, que a enerxía nuclear estase a converter nunha verdadeira prioridade.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 25, 2015, 18:13

Actualmente, España abastécese na maior parte de enerxía nuclear, e saca moi pouco partido á enerxía renovable. Tras os resultados que obteño dos datos expostos, observo que o Goberno vai ter que decidir sobre a extensión de vida das centrais en funcionamento, e se se levará a cabo de novo unha inversión cara aos reactores nucleares. No meu parecer, tras o peche das centrais deberíase optar polo uso das enerxías renovables, que como xa se dixo repetidas veces, teñen un menor custo a longo prazo e non danan ao medio ambiente, polo que se lle debería dar enteira prioridade, e incluso chegar a depender totalmente delas.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.097 segundos.

Os comentarios están pechados.